O legendarium de Tolkien: Diferenzas entre revisións
Liña 21: | Liña 21: | ||
==References== |
==References== |
||
< |
<referencias/> |
||
==Works cited== |
==Works cited== |
Revisión como estaba o 27 de xaneiro de 2008 ás 17:00
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Manudosde (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 16 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
Legendarium é un termo empregado nos estudos literarios sobre a obra de J. R. R. Tolkien para facer referencia tanto aos seus escritos acerca do mundo da Terra Media como á historia e as lendas contidas nesa obra de ficción.
Orixe do termo
Un legendarium é unha compilación de lendas. En principio, este escuro substantivo latino adoitaba utilizarse para describir os textos que detallaban lendas das vidas de santos. Un exemplo que chegou ata os nosos días é o Legendarium de Anjou, que data do século XIV.[1]
Uso do termo por parte de Tolkien
Tolkien usou o termo legendarium para se referir á súa obra en varias das súas cartas:
- Sobre O Silmarillion: "Este legendarium remata cunha visión da fin do mundo, a súa destrución e recomposición, e a restauración dos Silmarilli e a 'luz antes do sol' ...." (Carta a Milton Waldman, describindo O Silmarillion e O Señor dos Aneis, escrita ao redor de 1951)[2]
- "... o meu legendarium, en especial a 'Caída de Númenor', que antecede inmediatamente a O Señor dos Aneis, está baseado no meu punto de vista: que os Homes son en esencia mortais e non deben tentar acadar a 'inmortalidade' carnal." (Carta escrita en 1954)[3]
- "En realidade, no imaxinario desta historia, agora vivimos nunha Terra fisicamente redonda. Mais, no seu conxunto, o 'legendarium' contén unha transición desde un mundo plano... a un globo ...." (Carta escrita en 1954)[4]
- "Mais o comezo do legendarium, do que a Triloxía constitúe unha parte (a conclusión), era unha tentativa de reorganizar un fragmento do Kalevala ...." (Carta escrita en 1955)[5]
Uso posterior do termo
O uso do termo nos estudos académicos sobre Tolkien vai desde o título dun libro acerca da materia (Tolkien's Legendarium), á introdución de Christopher Tolkien para a serie The History of Middle-earth, na que fala sobre o "'legendarium' principal", e á seguinte descrición contida na J. R. R. Tolkien Encyclopedia: "The History of Middle-earth é un estudo lonxitudinal do desenvolvemento e elaboración do legendarium de Tolkien a través dos seus manuscritos transcritos, con comentarios do texto da man do editor, Christopher Tolkien."[6]
Véxase tamén
References
<referencias/>
Works cited
- Carpenter, Humphrey, ed. (1981). The Letters of J. R. R. Tolkien. Boston: Houghton Mifflin. ISBN 978-0-395-31555-2.
- Peter Gilliver, Jeremy Marshall and Edmund Weiner (2006). The Ring of Words. Oxford & New York: Oxford University Press. ISBN 0-19-861069-6.
- Flieger, Verlyn and Hostetter, Carl F. (eds.) (2000). Tolkien's Legendarium: Essays on The History of Middle-earth. Greenwood Press. ISBN 0-313-30530-7.
- Drout, Michael D. C. (ed.) (2006). J. R. R. Tolkien Encyclopedia: Scholarship and Critical Assessment. Routledge. ISBN 0-415-96942-5.
- ↑ Anjou Legendarium
- ↑ Cartas, #131
- ↑ Cartas, #153
- ↑ Cartas, #154
- ↑ Cartas, #163
- ↑ J. R. R. Tolkien Encyclopedia, entrada "The History of Middle-earth".