Edicto do Bierzo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Iniciais dos modelos en maíusculas
m Edito do Bierzo movida a Edicto do Bierzo: Mantense o grupo culto -ct- como en veredicto.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 25 de xaneiro de 2008 ás 15:07

O denominado Edito do Bierzo é unha placa de bronce de forma rectangular cun anel na parte superior, gravada con varios círculos concéntricos, encontrada en 1998 nun castro próximo á localidade berciana de Bembibre, por J. A. Balboa, que asimesmo dou a luz a edición príncipe. O documento é denominado tamén Téssera de Bembibre e Edito de Augusto.

Medidas: 24,4 x 15,3 x 0,2. Letras: 0, 65.

A placa datada no ano 15 a.C., é o documento escrito máis antigo que se coñece sobre os astures. Neste documento está implícita unha descrición da organización social e política de certos populi astures e galaicos.

Na actualidade consérvase no museo de León.

Texto da placa

A leitura do texto establecida por Géza Alföldy e aceitada pola maioría dos investigadores é a seguinte:

Imp(erator) · Caesar · Divi · fil(ius) · Aug(ustus) · trib(unicia) · pot(estate) ·
VIIII · et · pro·co(n)s(ule) · dicit · Castellanos · Paemeiobrigenses · ex ·
gente · Susarrorum· desciscentibus ·
ceteris · permansisse · in officio · cog
novi · ex omnibus · legatis · meis · qui ·
Transdurianae · provinciae · prae/fuerunt · itaque · eos · universos · im
munitate · perpetua · dono · quosq(ue)
agros · et quibus · finibus · possede
runt · Lucio · Sestio · Quirinale leg(ato) ·
meo · eam · provinciam · optinente{m} ·
eos · agros · sine · controversia · possi
dere · iubeo
Castellanis · Paemeiobrigensibus · ex
gente · Susarrorum · quibus · ante · ea ·
immunitatem · omnium · rerum · dede
ram · eorum · loco · restituo castellanos
Aiiobrigiaecinos · ex gente · Gigurro
rum · volente · ipsa · civitate · eosque
castellanos · Aiiobrigiaecinos · om
ni · munere · fungi · iubeo · cum ·
Susarris ·
Actum · Narbone · Martio ·
XVI · et · XV · k(alendas) · Martias · M(arco) · Druso · Li
bone · Lucio · Calpurnio · Pisone
co(n)s(ulibus)»

Tradución do texto

O mesmo Alföldy facilitou unha tradución en alemán e castelán da que arranxamos a galega:

O emperador César Augusto, fillo do divino, na súa oitava potestate tribunicia e procónsul, di: Souben por todos os meus legados que estiveron a cargo da provincia Transduriana, que os "castellani" Paemeiobrigenses, da gens dos Susarros, se mantiveron obedientes, mentres que os demáis facían defección. Polo tanto, recompénsoos a todos eles con inmunidade perpetua; e ordeno, que posúan, sen controversia, aqueles campos e con aqueles límites que posuían cando o meu legado Lucio Sestio Quirinal gobernou esta provincia.

Aos "castellani" Paemeiobrigenses, da gens dos Susarros, aos que antes concedín a inmunidade total, asocioos de novo cos "castellani" Aiiobrigiaecini, da gens dos Gigurri, co consentimento da propia comunidade; e ordeno que os "castellani" Aiiobrigiaecini cumpran todos os deberes xunto cos Susarros.

Decidido en Narbona Martio os días 16 e 15 antes de kalendas de marzo (esta data corresponde aos días 14 e 15 de febreiro), sendo cónsules Marco Druso Libón e Lucio Calpurnio Pisón (este consulado corresponde a 15 a.C.)

Comentario

Aparte de diversas controversias (algunhas sobre a súa autenticidade, rexeitadas pola autoridade de Géza Alföldy), plantexa certas cuestións:

  • A existencia dunha provincia hispana ata agora descoñecida: a Transduriana, e de límites imprecisos, aínda que o río Douro, antigo Durius, parece marcalo polo Sur.
  • Fálase dunha defeción, unha probábel rebelión, entre os astures, que debe aludir a movementos últimos contra a imposición da autoridade romana, nos anos inmediatos ás Guerras contra cántabros e astures, librada con presenza persoal do mesmo Augusto.
  • Colíxese que son castigados os gigurri, un pobo prerromano, cuxo territorio corresponde á actual comarca do Valdeorras, na zona oriental da provincia de Ourense, de xeito que unha das súas divisións menores os castellani (habitantes dun castelo ou castro) Aiiobrigaecinos (o xentilicio deses castrexos) pasen a axudar no pago dos impostos aos "castellani" Pameiobrigenses (é dicer do castro de Pameiobriga, que se identifica polos expertos co nome de Bembibre), do pobo dos Susarros, evidentemente localizado no Bierzo.

Como os Aiiobrigaecinos son identificados como citados tamén na Téssera do Caurel, o Edito do Bierzo, abre o problema de cal era a verdadeira extensión do territorio dos gigurri, talvez maior cara o Norte do que é o actual Valdeorras.

Véxase tamén

Bibliografía

  • F.-Javier Sánchez-Palencia, Julio Mangas (coords.), El Edicto del Bierzo. Augusto y el Noroeste de Hispania (2000). Ponferrada - ISBN 84 607 1964 2

Outros artigos