Monte Triglav: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 32: Liña 32:
== Hidrografía ==
== Hidrografía ==
Aos seus pés nacen dúas importantes correntes fluviais: o [[río Sava]], que é un afluente do [[Río Danubio|Danubio]]; e o [[Río Soča|Soča]] (italiano [[Isonzo]]), que, por contra, flúe cara o [[Mar Adriático]].
Aos seus pés nacen dúas importantes correntes fluviais: o [[río Sava]], que é un afluente do [[Río Danubio|Danubio]]; e o [[Río Soča|Soča]] (italiano [[Isonzo]]), que, por contra, flúe cara o [[Mar Adriático]].

== Curiosidades ==
Na cima áchase unha chamativa construción a "torre de Aljaž", un refuxio cilíndrico con estructura metálica, que constitúe outro símbolo esloveno, e que sirve aos alpinistas de refuxio extremo durante as tempestades. Foi edificado o [[7 de agosto]] de [[1895]] por [[Jakob Aljaž]], un sacerdote de [[Dovje]]. Foi restaurado en 1922.








Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2008 ás 23:58

Monte Triglav
Monte Triglav

Elevación: 2.864 metros
Latitude: 46° 22′ N
Lonxitude: 13° 49′ W
Localización: Eslovenia
Cordilleira: Alpes Xulianos
Primeira acensión: 25.08.1778:Lovrenc Willomitzer, Luka Korošec, Stefan Rožič und Matija Kos
Rota máis fácil:
Localización do Triglav no NW de Eslovenia

O monte Triglav ou Terglou (en alemán Dreikopf, en italiano Monte Tricorno) é con 2.864 m.s.n.m. o cume máis alto dos Alpes Xulianos e de Eslovenia. Sitúase no medio do denominado Parque Nacional do Triglav, o único parque nacional esloveno. Con o seu típico perfil é inconfundíbel desde unha distancia duns 100 km. A súa parede norte sobre o val de Vratatal é impoñente pola súa anchura de 3 km e a altura de 1.500 m., o que a converten nunha das paredes máis elevadas dos Alpes orientais, xunto con as do Watzmann (cara leste) e do Hochstade (cara norte). O Triglav é un dos símbolos nacionais de Eslovenia, formando parte dos motivos centrais do escudo do país, e que se reproduce na bandeira. Segundo un antigo costume, cada esloveno debe subir polo menos unha vez na súa vida ao Triglav.

Orixe do nome

O nome significa "tres cabezas" ou "tricéfalo". Triglav era tamén o nome dunha antiga divindade eslava, precisamente tricéfala, e así se representaba.

Hidrografía

Aos seus pés nacen dúas importantes correntes fluviais: o río Sava, que é un afluente do Danubio; e o Soča (italiano Isonzo), que, por contra, flúe cara o Mar Adriático.

Curiosidades

Na cima áchase unha chamativa construción a "torre de Aljaž", un refuxio cilíndrico con estructura metálica, que constitúe outro símbolo esloveno, e que sirve aos alpinistas de refuxio extremo durante as tempestades. Foi edificado o 7 de agosto de 1895 por Jakob Aljaž, un sacerdote de Dovje. Foi restaurado en 1922.