Monte Triglav: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O monte '''Triglav''' ou ''Terglou'' (en alemán ''Dreikopf'', en italiano ''Monte Tricorno'') é con 2.864 m.s.n.m. o cume máis alto dos Alpes Xulianos e de Eslovenia. Sitúase ...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2008 ás 18:23

O monte Triglav ou Terglou (en alemán Dreikopf, en italiano Monte Tricorno) é con 2.864 m.s.n.m. o cume máis alto dos Alpes Xulianos e de Eslovenia. Sitúase no medio do denominado Parque Nacional do Triglav, o único parque nacional esloveno. Con o seu típico perfil é inconfundíbel desde unha distancia duns 100 km. A súa parede norte sobre o val de Vratatal é impoñente pola súa anchura de 3 km e a altura de 1.500 m., o que a converten nunha das paredes máis elevadas dos Alpes orientais, xunto con as do Watzmann (cara leste) e do Hochstade (cara norte). O Triglav é un dos símbolos nacionais de Eslovenia, formando parte dos motivos centrais do escudo do país, e que se reproduce na bandeira. Segundo un antigo costume, cada esloveno debe subir polo menos unha vez na súa vida ao Triglav.