Descrición: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de setembro de 2005 ás 18:25

A descrición é a representación por medio da palabra, da pintura ou doutra arte, de calquera aspecto da realidade, desde os que poidan ser máis concretos ata aqueles máis abstractos.

Un procedemento didáctico para definir e caracterizar a modalidade descritiva é a comparación con aqueles textos pertencentes a outras modalidades, en concreto: a narración e o diálogo:

  • O texto narrativo é aquel que mostra ou relata sucesos, accións (verídicas ou falsas), procesos que avanzan a través do tempo e que se producen nun lugar determinado.
  • O diálogo é a presentación directa de palabras ditas por persoas, persoeiros ou personaxes.
  • A descrición pode caracterizarse como representación de persoas, espazos, sentimentos, situacións, entes, experiencias, etc.
O que describe, pretende provocar no receptor unha imaxe semellante á impresión real que el recibiu no seu momento. O texto descritivo é un tipo de escrito que ten o propósito básico de informar acerca de cómo é ou foi algo.



Véxase tamén