Campolongo, Negreira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
Interwiki: +pms
Liña 12: Liña 12:
{{Negreira}}
{{Negreira}}
[[Categoría:Negreira]]
[[Categoría:Negreira]]


[[pms:Campolongo, Negreira]]

Revisión como estaba o 9 de xaneiro de 2008 ás 14:00

Santa Cruz de Campolongo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Negreira. Limita co concello de Outes e co de Mazaricos.

Campolongo está formado polas seguintes aldeas: Campolongo(5 casas), Vilar de Arriba (14 casas), Vilar de Abaixo (6 casas) , Plantío( 2 casas), Cotón (2 casas), Lugariño (2 casas), Agrís (7 casas e Igrexa), O Peto (2 casas), Couso de Arriba (10 casas), Couso de Abaixo (5 casas) e Castelán(7 casas).

Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 246 habitantes (127 mulleres e 119 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 279 habitantes.

Como ben indica o seu nome a súa patrona é Sta Cruz, que se honra o día 14 de setembro. Tamén se celebra o Carme o primeiro domingo de setembro; e outra festa moi importante é Sta. Irene que se honra o día 20 de outubro. Ainda que tamén conta cunha celebración moi antiga que é a do Corazón de Xesús que se honra o 03 de maio (nome que adoptou a propia Asociación de Veciños da parroquia "3 de Maio").

Campolongo está rodeado de natureza virxe, muíños, fontes de augas cristalinas e sabedoras, camiños ancestrais nos que se respira aire limpo e libre de contaminación, e que invitan a un agradable paseo baixo distintos tipos de árbores que gardan e calan a historia do lugar, e tamén pola beira do río ó son do murmuio do mesmo amenizando a camiñata. E unha verdadeira cura antiestrés. A xente de Sta. Cruz de Campolongo é aberta, agradable e acolledora. Tradicionalmente os habitantes de Campolongo adícanse á agricultura, queren e respectan ó noso animal totémico por excelencia, a vaca. E sempre hai tempo para as relacións humanas cos veciños, e cos visitantes. Algúns dos foráneos que visitaron Campolongo alcumárono "o ceo". Por algo será.-

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Negreira

Alvite (San Tomé) | Aro (San Vicenzo) | Arzón (San Cristovo) | Broño (San Martiño) | Bugallido (San Pedro) | Campelo (San Fins) | Campolongo (Santa Cruz) | Covas (Santa María) | Gonte (San Pedro) | Landeira (Santo Estevo) | Liñaio (San Martiño) | Logrosa (Santa Baia) | Lueiro (Santa Baia) | Negreira (San Xián) | A Pena (San Mamede) | Portor (Santa María) | Xallas (San Pedro) | Zas (San Mamede)