Xosé Manuel García: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
'''Xosé Manuel García Martínez''' é medico e foi alcalde de [[Carnota]].
'''Xosé Manuel García Martínez''' é medico e foi alcalde de [[Carnota]].

Naceu en [[Lira, Carnota|Lira]] no ano [[1954]]. Doutor de profesión, tras varios anos exercendo como médico de cabeceira en diversos lugares de [[Galiza]], actualmente é o médico titular da [[Casa do Mar]] de [[Muros]], atopándose nestes momentos en excedencia.
Naceu en [[Lira, Carnota|Lira]] no ano [[1954]]. Doutor de profesión, tras varios anos exercendo como médico de cabeceira en diversos lugares de [[Galiza]], actualmente é o médico titular da [[Casa do Mar]] de [[Muros]].

Manolo García comezou a interesarse pola política desde a súa época universitaria, militando daquela na formación estudantil nacionalista [[ERGA]]. Cando se desprazou a traballar a [[Muros]], comezou a súa participación na vida política de [[Carnota]] desde a Asemblea Local do [[BNG]], que o levou a encabezar a candidatura local no ano [[1995]], pasando a ser lider da oposición nesas mesmas eleccións, destacando xunto cos seus compañeiros pola intensa labor de control do daquela goberno do [[PP]], e a maduración das vías do [[nacionalismo]] para acadar a alcaldía.

Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2008 ás 15:16

Ficheiro:ManoloGarcia 01.jpg
Manolo García, alcalde de Carnota entre os anos 1999 e 2007

Xosé Manuel García Martínez é medico e foi alcalde de Carnota.

Naceu en Lira no ano 1954. Doutor de profesión, tras varios anos exercendo como médico de cabeceira en diversos lugares de Galiza, actualmente é o médico titular da Casa do Mar de Muros.

Manolo García comezou a interesarse pola política desde a súa época universitaria, militando daquela na formación estudantil nacionalista ERGA. Cando se desprazou a traballar a Muros, comezou a súa participación na vida política de Carnota desde a Asemblea Local do BNG, que o levou a encabezar a candidatura local no ano 1995, pasando a ser lider da oposición nesas mesmas eleccións, destacando xunto cos seus compañeiros pola intensa labor de control do daquela goberno do PP, e a maduración das vías do nacionalismo para acadar a alcaldía.

Foi elixido de novo como candidato do BNG de Carnota para as Eleccións Municipais de 1999, ano no que o BNG alcanzou a cifra de 5 concelleiros de 13 posíbeis, chegando así á alcaldía que revalidaría no ano 2003.

No 2007 rexeita volver a presentarse a candidato do BNG de Carnota a revalidala alcaldía por problemas de saúde, co que pecha así un intenso ciclo dedicado á política activa e en especial ao concello que gobernou durante oito anos.