Penarrubia, Baralla: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:

Áchase na actualidade nun estado lamentábel de conservación. Consta do corpo da igrexa e torre. O seu conxunto externo está presidido polo equilibrio arquitectónico, que se consegue coa sucesión de volumes a varias alturas e coa disposición harmónica dos vans. No exterior, as paredes encaladas ocultaron desde hai moitos anos a cantería e a cachotaría. Actualmente, con motivo das obras de restauración do tellado, descubríronse algúns dos seus muros da capela maior e da torre.

Torre
'''Torre'''
Organízase en tres corpos: o inferior, cúbico e robusto, presenta tres accesos a ras de chan nas súas caras norte, sur e oeste, que serven de acceso a un reducido e funcional pórtico resgardado da intemperie desde o que se accede á nave central da igrexa a través dunha porta alintelda.

O corpo medio, de vans alintelados nas caras norte e sur e fiestras xemelgas con arcos de medio punto nas caras oeste e leste, alberga a maquinaria dun reloxo de pesas. Até hai poucos anos este corpo remataba nunha balaustrada, que non se reconstruíu cando, por iniciativa dos propios veciños, se realizaron as obras necesarias por mor do seu estado ruinoso.

O terceiro corpo, recentemente reconstruído, remata nun chapitel de liñas arquitectonicas foráneas, coas paredes de tixolo sen recebar. Os vans leste e oeste, ambos en arco de medio punto, soportan cadansúa campá: a occidental, de maior tamaño, é a que se emprega habitualmente para convocar ao culto; a oriental, toca as horas que marca o reloxo. Na cara leste do chapitel loce a esfera horaria.

Interior
'''Interior'''
O interior ofrece planta de tres naves: a central, case de duplo tamaño que as laterais, está recuberta de bóveda de canón, mentres que as laterais son de aresta. Lonxitudinalmente, o lado norte consta de catro tramos separados por piares sobre os que descansan pilastras que soportan os arcos faixóns e os formeiros, rompéndose a simetría no lado sur, que consta de tres tramos. O presbiterio, elevado, solemne e cuberto no exterior a catro augas, no seu interior prolonga a bóveda de canón da nave central e o seu perímetro está unido por unha imposta corrida.

O retablo da capela maior é neoclásico. Nos primeiros anos da década dos sesenta foi repintado por mans totalmente inexpertas con xaspeados de mal gusto. No seu ático ofrece unha pintura dun crucificado ao óleo sobre madeira tamén lamentabelmente estragada polo mesmo pintor que coloreou o retablo. A única talla que merece algún interese é unha santa Lucía, situada sobre unha peaña enriba da porta sur que dá acceso á sancristía.

Revisión como estaba o 4 de setembro de 2005 ás 21:30

Igrexa de Penarrubia. (Baralla)

Áchase na actualidade nun estado lamentábel de conservación. Consta do corpo da igrexa e torre. O seu conxunto externo está presidido polo equilibrio arquitectónico, que se consegue coa sucesión de volumes a varias alturas e coa disposición harmónica dos vans. No exterior, as paredes encaladas ocultaron desde hai moitos anos a cantería e a cachotaría. Actualmente, con motivo das obras de restauración do tellado, descubríronse algúns dos seus muros da capela maior e da torre. Torre Organízase en tres corpos: o inferior, cúbico e robusto, presenta tres accesos a ras de chan nas súas caras norte, sur e oeste, que serven de acceso a un reducido e funcional pórtico resgardado da intemperie desde o que se accede á nave central da igrexa a través dunha porta alintelda. O corpo medio, de vans alintelados nas caras norte e sur e fiestras xemelgas con arcos de medio punto nas caras oeste e leste, alberga a maquinaria dun reloxo de pesas. Até hai poucos anos este corpo remataba nunha balaustrada, que non se reconstruíu cando, por iniciativa dos propios veciños, se realizaron as obras necesarias por mor do seu estado ruinoso. O terceiro corpo, recentemente reconstruído, remata nun chapitel de liñas arquitectonicas foráneas, coas paredes de tixolo sen recebar. Os vans leste e oeste, ambos en arco de medio punto, soportan cadansúa campá: a occidental, de maior tamaño, é a que se emprega habitualmente para convocar ao culto; a oriental, toca as horas que marca o reloxo. Na cara leste do chapitel loce a esfera horaria. Interior O interior ofrece planta de tres naves: a central, case de duplo tamaño que as laterais, está recuberta de bóveda de canón, mentres que as laterais son de aresta. Lonxitudinalmente, o lado norte consta de catro tramos separados por piares sobre os que descansan pilastras que soportan os arcos faixóns e os formeiros, rompéndose a simetría no lado sur, que consta de tres tramos. O presbiterio, elevado, solemne e cuberto no exterior a catro augas, no seu interior prolonga a bóveda de canón da nave central e o seu perímetro está unido por unha imposta corrida. O retablo da capela maior é neoclásico. Nos primeiros anos da década dos sesenta foi repintado por mans totalmente inexpertas con xaspeados de mal gusto. No seu ático ofrece unha pintura dun crucificado ao óleo sobre madeira tamén lamentabelmente estragada polo mesmo pintor que coloreou o retablo. A única talla que merece algún interese é unha santa Lucía, situada sobre unha peaña enriba da porta sur que dá acceso á sancristía. O retablo da nave sur é unha boa manifestación barroca. Foi pintado no ano 1767. Está dourado e consérvase en bo estado malia o deterioro prolongado da teitume que veu filtrando augas e humidades desde hai moitos anos. Presenta estípites como elementos substentantes e consta dun corpo de tres fornelas e un ático. As tallas que o compoñen son de boa calidade: unha Virxe do Carme, que preside, un san Alberte Magno, que, polo deterioro presenta o toco da súa man esquerda, e un san Franco de Siena, cabaleiro disoluto que é castigado coa cegueira polos seus pecados e que, unha vez conseguido o perdón, peregrina a Compostela e ingresa na orde carmelita. No sagrario hai dous gravados que representan as ánimas do purgatorio. O retablo da nave norte, máis sobrio, tamén con estrutura de tres fornelas e un ático, presenta elementos barrocos mesturados con algúns indicios xa neoclásicos. Está presidido pola talla de san Antonio. As outras imaxes son as de san Ramón e san Roque, todas elas de menor interese artístico. Lamentabelmente, á talla de San Roque fáltalle desde hai pouco tempo o cadelo que lle lambía a chaga da perna. Na parte superior estaban as imaxes dos santos Pedro e Paulo, tamén desaparecidas. Tamén se recorda entre os veciños a existencia da talla de San Blas, actualmente en paradoiro descoñecido. Nos pés da igrexa, adosada ao primeiro piar, na última arcada que separa a nave central da norte, localízase unha fermosa a pía bautismal decorada con figuras xeométricas na cunca e con figuras antropomórficas no pequeno fuste que a sostén. Até principios dos anos sesenta do século pasado tamén existía un púlpito de pedra, situado no lado do evanxeo do presbiterio, que foi desmontado. Algunha das súas pezas aínda se poden localizar no adro.