Pupila: Diferenzas entre revisións
traducido da wiki castelá |
m robot Añadido: es:Pupila |
||
Liña 14: | Liña 14: | ||
[[el:Κόρη (ανατομία)]] |
[[el:Κόρη (ανατομία)]] |
||
[[en:Pupil]] |
[[en:Pupil]] |
||
[[es:Pupila]] |
|||
[[eu:Begi-nini]] |
[[eu:Begi-nini]] |
||
[[fi:Pupilli]] |
[[fi:Pupilli]] |
Revisión como estaba o 4 de xaneiro de 2008 ás 13:32
A pupila é un orificio na parte central do iris para o paso da luz. Trátase dunha abertura dilatable e contráctil de cor negro coa función de regular a iluminación que lle chega á retina, na parte posterior do ollo. Tamén é chamada "a nena do ollo". O tamaño da pupila está controlado por dous músculos: o esfínter da pupila péchaa e o dilatador da pupila ábrea. O reflexo fotomotor da pupila examínase cunha lanterna durante a exploración neurológica. Este reflexo, onde participan os nervios craniais II e III, consiste na constricción da pupila como resposta á iluminación. Cando penetra a luz nun ollo, as dúas pupilas se constriñen (reflexo consensual) por que cada retina envía fibras ás cintillas ópticas de ambos os lados. O músculo esfínter da pupila está inervado por fibras parasimpáticas; por iso, a interrupción destas fibras determina unha dilatación da pupila polo efecto desinhibido do músculo dilatador. O primeiro signo de compresión do nervio oculomotor é un reflexo fotomotor lento ipsolateral.