Jaime Pita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Sen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:
Na actualidade conserva o seu escano de diputado no Hórreo, onde exerce coma vicepresidente segundo da [[Parlamento de Galicia|Cámara]].
Na actualidade conserva o seu escano de diputado no Hórreo, onde exerce coma vicepresidente segundo da [[Parlamento de Galicia|Cámara]].


[[Categoría:Personalidades da política]]
[[Categoría:Parlamentarios do Parlamento de Galicia|Pita Varela, Jaime]]

Revisión como estaba o 26 de decembro de 2007 ás 00:17

Jaime Alberto Pita Varela é un político galego (Betanzos, 1944 - ), membro do Partido Popular, e vicepresidente segundo do Parlamento de Galicia.

Biografía

Jaime Pita naceu en Betanzos o 13 de xuño de 1944. Neto do construtor orixinal do famoso "Globo de Betanzos", Claudino Pita Pandelo, estudiou Técnicas Directivas nas universidades de Santiago de Compostela e de Navarra, accedendo por oposición á praza de profesor de bacharelato.

En 1983 presentouse coma candidato á alcaldía de Betanzos, por Alianza Popular. A pesares de perde-las eleccións, obtén o cargo de concelleiro, que revalidaría nos anos 1987, 1991 e 1995 (nas dúas últimas ocasións xa baixo as siglas do Partido Popular). Igualmente, e dende 1989, Pita compaxinaría esta labor coa de deputado no Parlamento de Galicia, do que forma parte ininterrompidamente dende a III lexislatura, e no que foi voceiro do Partido Popular nas lexislaturas V e VI. Contundente, incisivo, e fortemente conservador, deste período destacan os seus enfrentamentos verbais coa oposición, especialmente con Xosé Manuel Beiras, voceiro do Bloque Nacionalista Galego.

En 1998 é nomeado Conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas, no terceiro goberno de Manuel Fraga, razón pola que dimite coma concelleiro na súa cidade natal. Mantén o cargo no seguinte goberno da Xunta, e ata a derrota do PP nas eleccións autonómicas de 2005.

Na actualidade conserva o seu escano de diputado no Hórreo, onde exerce coma vicepresidente segundo da Cámara.