Wikipedia:Wikiproxecto Música: Diferenzas entre revisións
Liña 90: | Liña 90: | ||
*[[:Categoría:Caixas de navegación de música|Caixas de navegación]] |
*[[:Categoría:Caixas de navegación de música|Caixas de navegación]] |
||
*[[Modelo:Usuario Wikiproxecto Música|Caixa de usuario do wikiproxecto]] |
*[[Modelo:Usuario Wikiproxecto Música|Caixa de usuario do wikiproxecto]] |
||
===Artigos para revisar ou crear=== |
|||
''Engade os artigos relativos á música que consideresdeben ser creados ou mellorados, na categoría correspondente:'' |
|||
==Úneste?== |
==Úneste?== |
Revisión como estaba o 20 de decembro de 2007 ás 17:45
Wikiproxecto Música | |
---|---|
Inicio: 19 de decembro de 2007 | |
Obxectivos: Entre outros, crear, mellorar, e actualizar todos os artigos relativos á música, e crear e manter o portal musical. | |
Participantes: | |
Wikiproxecto Música é un wikiproxecto sobre todo aquilo que teña que ver coa música.
- Tes que ver coa música? Pois estás dentro!
Obxectivos
Este wikiproxecto conta con moitos obxectivos, que probablemente requerirán moito tempo libre. Aí vai a lista:
Artigos
A fin principal deste wikiproxecto é, por se había dúbida algunha, crear, mellorar e actualizar os artigos relativos á música, en todos os seus ámbitos, momentos históricos, etc.
Tamén é importante a estandarización dos artigos referentes a un mesmo apartado musical, é dicir, que os artigos de grupos musicais sigan un esquema similar, igual que os da historia da música, ou os de albums e obras.
Categorías
Un dos obxectivos do proxecto é o de categorizar os artigos da categoría Música correctamente, creando as subcategorías precisas, e ideando novos sistemas de categorias que faciliten a busca por parte do lector.
Modelos
O wikiproxecto centrarase tamén na inserción dos modelos precisos nas páxinas relativas á música, como poden ser as dos grupos musicais, e na creación de novos modelos cando sexan precisos.
Portal
Un dos principais obxectivos deste proxecto, e tamén dos máis ambiciosos, é o de crear un portal que recolla os contidos musicais da Galipedia, co seu artigo destacado, o seu grupo da semana, etc.
O portal tamén tería ligazóns a outros portais relativos á música, como son os de Música galega e Rock and roll.
Ámbito
Todos aqueles artigos relacionados coa música que non estén xa cubertos por un subproxecto musical.
Tarefas do proxecto
Actividades constantes
- Actualización do portal musical.
Primeiro acto: Entradas para o concerto
- Establecer un modelo de categorización dos artigos relativos á música estable. (en proceso de aprobación)
- Unha vez establecido o sistema de categorías, categorizar correctamente os artigos existentes. (depende do punto anterior)
Crear un modelo que poidan usar os usuarios participantes no proxecto nas súas páxinas persoais.(19 de decembro de 2007)- Revisar e completar o máximo posíbel o artigo Música, e os artigos desde el ligados, para evitar así que haxa ligazóns vermellas. (en progreso)
- Crear ou mellorar os artigos que den nome ás subcategorías da categoría Música.
Segundo acto: Teloneiros
- Preparación do portal musical. Ter en conta o portal francés.
- Creación dunha imaxe como cabeceira que teña o verde como cor base.
- Preparación do modelo de "Grupo do mes".
- Preparación do modelo "Sabías que...".
- Preparación do modelo "Artigo destacado".
- Preparación do apartado de exploración, cunha árbore das categorías musicais, ou unha presentación delas ao estilo da portada.
- Preparación dun apartado con ligazón a subportais musicais.
- Preparación dun apartado con ligazóns á música noutros proxectos (Galilibros, Galifontes, etc.)
- Preparación do modelo "Axenda" con listado das citas musicais.
Recursos
Categorías musicais
Modelos
Artigos para revisar ou crear
Engade os artigos relativos á música que consideresdeben ser creados ou mellorados, na categoría correspondente:
Úneste?
Para unirte ao proxecto simplemente introduce o teu nome no modelo que atoparás na parte superior dereita deste artigo.