Aeroporto de Sá Carneiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Iniciais dos modelos en maíusculas
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Desfacendo ligazon ao propio artigo
Liña 27: Liña 27:
*[[Ryanair]] ([[París]]-Beauvais, [[Dublín]], [[Xirona]], [[Frankfurt]]-Hahn, [[Liverpool]], [[Londres]]-Stansted, [[Madrid]], [[Marsella]], [[Milán]]-Bergamo, [[Bristol]], [[Estocolmo]]-Skavsta, [[Pisa]]-[[Florenza]], [[Valencia]])
*[[Ryanair]] ([[París]]-Beauvais, [[Dublín]], [[Xirona]], [[Frankfurt]]-Hahn, [[Liverpool]], [[Londres]]-Stansted, [[Madrid]], [[Marsella]], [[Milán]]-Bergamo, [[Bristol]], [[Estocolmo]]-Skavsta, [[Pisa]]-[[Florenza]], [[Valencia]])
*[[SATA International]] ([[Ponta Delgada]], [[Toronto]]-Pearson - ''sazonal'')
*[[SATA International]] ([[Ponta Delgada]], [[Toronto]]-Pearson - ''sazonal'')
*[[TAP Portugal]] ([[Amsterdam]], [[Caracas]], [[Xenebra]], [[Lisboa]], [[Londres]]-Gatwick, [[Londres]]-Heathrow, [[Luxemburgo]], [[Aeroporto de Sá Carneiro|Madeira]], [[Milán]]-Malpensa, [[Newark]], [[París]]-Orly, [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]]-Galeão, [[Roma]]-Fiumicino, [[Salvador, Brasil|Salvador]], [[San Paulo - São Paulo (cidade)|San Paulo]]-Guarulhos)
*[[TAP Portugal]] ([[Amsterdam]], [[Caracas]], [[Xenebra]], [[Lisboa]], [[Londres]]-Gatwick, [[Londres]]-Heathrow, [[Luxemburgo]], Madeira, [[Milán]]-Malpensa, [[Newark]], [[París]]-Orly, [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]]-Galeão, [[Roma]]-Fiumicino, [[Salvador, Brasil|Salvador]], [[San Paulo - São Paulo (cidade)|San Paulo]]-Guarulhos)
**Operado por [[Portugalia]] ([[Amsterdam]], [[Barcelona]], [[Boloña]], [[Clermont-Ferrand]], [[Lisboa]], [[Lyon]], [[Madrid]], [[Marsella]], [[Milán]]-Malpensa, [[Niza]], [[París]]-Charles de Gaulle, [[Zurich]])
**Operado por [[Portugalia]] ([[Amsterdam]], [[Barcelona]], [[Boloña]], [[Clermont-Ferrand]], [[Lisboa]], [[Lyon]], [[Madrid]], [[Marsella]], [[Milán]]-Malpensa, [[Niza]], [[París]]-Charles de Gaulle, [[Zurich]])
*[[TACV]] ([[Illa do Sal|Sal]] - ''sazonal'')
*[[TACV]] ([[Illa do Sal|Sal]] - ''sazonal'')

Revisión como estaba o 19 de decembro de 2007 ás 22:53

Balcóns de aceitación no Aeroporto do Porto

O Aeroporto Francisco Sá Carneiro ou Aeroporto Internacional do Porto (código IATA: OPO; código ICAO: LPPR) localízase no Grande Porto, na zona de confluencia entre os concellos da Maia, Matosinhos e Vila do Conde, en Portugal.

O aeroporto foi inaugurado en 1945 e substancialmente mellorado en 2003. Actualmente é administrado pola empresa "ANA - Aeroportos de Portugal, SA" e ten unha capacidade para 6 millóns de pasaxeiros/ano. En 2006 recibiu 3.402.893 pasaxeiros, 2.600 toneladas de carga e 4.120 voos.

É, en termos de movimentos e pasaxeiros, o terceiro aeroporto portugués despois do Aeroporto de Lisboa e do Aeroporto de Faro. Mesmo así, ten testemuñado un incremento progresivo das súas ligazóns, froito do aumento das operacións das compañías low cost, nomeadamente da Ryanair.

O aeroporto está constituído por unha pista 17/35 con 3.480 m de comprimento e 45 m de largura.

Futuramente o Aeroporto do Porto será alargado para sur, con unha nova aerogare que diminuirá a confusión que se irá formar cando o número de pasaxeiros ultrapasar os 5 millóns. Tamén está previsto, para mediados de 2009, o inicio da construción dunha nova pista, ficando a actual como camiño de circulación, e tamén a construción de novos lugares e talleres para mellor e máis rápido desempeño na aerogare e na pista.


Destinos e compañías aéreas

O Aeroporto Francisco Sá Carneiro é servido polas seguintes compañías aéreas:


Charter


Accesos

O aeroporto, outrora precario e con malas comunicacións, é hoxe considerado un dos mellores aeroportos europeos, acedido con novas autoestradas e con interface, dentro do aeroporto, do Metro do Porto ligandoo directamente co centro da cidade do Porto, cos trens de velocidade elevada (Campanhã) e co estadio de fútbol do Dragão e, facendo transbordo, con outros centros urbanos do Grande Porto: Póvoa de Varzim e Vila do Conde (Liña B, estación Verdes); Maia (Liña C, estación Fonte do Cuco); Matosinhos (Liña A, estación Senhora da Hora); e Vila Nova de Gaia (Liña D, estación Trindade). Taxis e os autocares dos STCP complementan a conexión do aeroporto con a cidade do Porto.

Desde Galiza hai ligazóns regulares ao Aeroporto do Porto en autocares de Vigo (ida e volta) duas veces ao día, nos días úteis, e unha vez ao día, nos fins de semana.


Premios

O Aeroporto do Porto ten sido recoñecido internacionalmente pola calidade das súas instalacións e do seu servizo:

  • En 2006 a "European Convention for Constructional Steelwork" (ECCS) distinguiu o terminal de pasaxeiros do Aeroporto Sá Carneiro na categoría de mellor obra en aceiro, unha vez que o edificio vence 80 metros de vao a través do emprego de estructuras trianguladas [1].
  • En 2007 foi considerado o terceiro mellor aeroporto de Europa (en termos absolutos) e o mesmo lugar a nivel mundial na categoría de menos de 5 millóns de pasaxeiros. O ranking é da asociación internacional de aeroportos (ACI - Airports Council International) que mede a calidade dos servizos prestados en 90 aeroportos de todo o mundo, con base en inquéritos á satisfación dos pasaxeiros[2].

Galería de fotos


Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas