Wikipedia:Wikiproxecto Música: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Creo novo wikiproxecto
 
Gallaecio (conversa | contribucións)
→‎Primeiro acto: Entradas para o concerto: Proposta de categorías para Música
Liña 59: Liña 59:
===Primeiro acto: Entradas para o concerto===
===Primeiro acto: Entradas para o concerto===


#Establecer un modelo de categorización dos artigos relativos á música estable.
#Establecer un modelo de categorización dos artigos relativos á música estable. ''(en [[Wikipedia:A Taberna (propostas)#Categorías da música|proceso de aprobación]])''
#Unha vez establecido o sistema de categorías, categorizar correctamente os artigos existentes.
#Unha vez establecido o sistema de categorías, categorizar correctamente os artigos existentes.
#Crear un modelo para sinalar os artigos pertencentes ao wikiproxecto.
#Crear un modelo para sinalar os artigos pertencentes ao wikiproxecto.

Revisión como estaba o 19 de decembro de 2007 ás 21:54

Wikiproxecto Música
Inicio: 19 de decembro de 2007
Obxectivos: Entre outros, crear, mellorar, e actualizar todos os artigos relativos á música, e crear e manter o portal musical.
Participantes:
Wikiproxecto Música


Wikiproxecto Música é un wikiproxecto sobre todo aquilo que teña que ver coa música.

Tes que ver coa música? Pois estás dentro!

Obxectivos

Este wikiproxecto conta con moitos obxectivos, que probablemente requerirán moito tempo libre. Aí vai a lista:

Artigos

A fin principal deste wikiproxecto é, por se había dúbida algunha, crear, mellorar e actualizar os artigos relativos á música, en todos os seus ámbitos, momentos históricos, etc.

Tamén é importante a estandarización dos artigos referentes a un mesmo apartado musical, é dicir, que os artigos de grupos musicais sigan un esquema similar, igual que os da historia da música, ou os de albums e obras.

Categorías

Un dos obxectivos do proxecto é o de categorizar os artigos da categoría Música correctamente, creando as subcategorías precisas, e ideando novos sistemas de categorias que faciliten a busca por parte do lector.

Modelos

O wikiproxecto centrarase tamén na inserción dos modelos precisos nas páxinas relativas á música, como poden ser as dos grupos musicais, e na creación de novos modelos cando sexan precisos.

Portal

Un dos principais obxectivos deste proxecto, e tamén dos máis ambiciosos, é o de crear un portal que recolla os contidos musicais da Galipedia, co seu artigo destacado, o seu grupo da semana, etc.

O portal tamén tería ligazóns a outros portais relativos á música, como son os de Música galega e Rock and roll.

Ámbito

Todos aqueles artigos relacionados coa música que non estén xa cubertos por un subproxecto musical.

Tarefas do proxecto

Actividades constantes

  1. Actualización do portal musical.

Primeiro acto: Entradas para o concerto

  1. Establecer un modelo de categorización dos artigos relativos á música estable. (en proceso de aprobación)
  2. Unha vez establecido o sistema de categorías, categorizar correctamente os artigos existentes.
  3. Crear un modelo para sinalar os artigos pertencentes ao wikiproxecto.
  4. Crear un modelo que poidan usar os usuarios participantes no proxecto nas súas páxinas persoais.
  5. Revisar e completar o máximo posíbel o artigo Música.
  6. Crear ou mellorar os artigos que den nome ás subcategorías da categoría Música.

Segundo acto: Teloneiros

  1. Preparación do portal musical. Ter en conta o portal francés.
    1. Creación dunha imaxe como cabeceira que teña o verde como cor base.
    2. Preparación do modelo de "Grupo do mes".
    3. Preparación do modelo "Sabías que...".
    4. Preparación do modelo "Artigo destacado".
    5. Preparación do apartado de exploración, cunha árbore das categorías musicais, ou unha presentación delas ao estilo da portada.
    6. Preparación dun apartado con ligazón a subportais musicais.
    7. Preparación dun apartado con ligazóns á música noutros proxectos (Galilibros, Galifontes, etc.)
    8. Preparación do modelo "Axenda" con listado das citas musicais.

Recursos

Categorías musicais

Modelos

Úneste?

Para unirte ao proxecto simplemente introduce o teu nome no modelo que atoparás na parte superior dereita deste artigo.