Romanización de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Desambiguación de Lusitania
Liña 6: Liña 6:
O comezo de romanización de [[Galiza]] adóitase datar na expedición de [[Décimo]], o Gallaico, e o seu fito de atravesar o [[río Lethes]] ou do olvido (o [[río Limia|Limia]]). Porén, o noroeste [[Península Ibérica|peninsular]] non ficou integrado inmediatamente no mundo romano. Ao longo do [[século I]] foise estabelecendo un comercio, principalmente nas costas, ao que acompañaron varias expedicións militares ([[Craso]], [[Perpenna]], [[Xulio César]]), de maneira que cando [[Octavio Augusto|Augusto]] emprendeu as [[Guerras Cántabras]], o noroeste era xa unha simple base de operacións. O noroeste peninsular foi organizado sobre a base do sistema pre-existente en ''[[populum|populi]]'' e ''[[castellum|castella]]'', representado nas inscricións por un '''C''' invertido. No ano [[74]] dC, concedeuse o ''[[ius latii]]'' para toda a península.

O territorio pertenceu primeiro á provincia de [[Lusitania]], logo á [[Tarraconensis]] e finalmente constituiuse a [[Gallaecia]], xa no [[século III]]. Esta dividiuse en tres [[conventus iuridicus|conventos]] (demarcacións) xurídicos: [[convento bracarense|bracarense]], [[convento lucense|lucense]] e [[convento asturicense|asturicense]]. O latín foi substituindo as linguas anteriores nun proceso que remataría probabelmente no [[século III]] d.C.
O territorio pertenceu primeiro á provincia de [[Lusitania (provincia)|Lusitania]], logo á [[Tarraconensis]] e finalmente constituiuse a [[Gallaecia]], xa no [[século III]]. Esta dividiuse en tres [[conventus iuridicus|conventos]] (demarcacións) xurídicos: [[convento bracarense|bracarense]], [[convento lucense|lucense]] e [[convento asturicense|asturicense]]. O latín foi substituindo as linguas anteriores nun proceso que remataría probabelmente no [[século III]] d.C.

Os medios de subsistencia continuaron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da ''[[villa]]'' romana, residencia rural de luxo e explotación agrícola a un tempo, que se expandería a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaería no [[século II]]. Nas minas empregábanse escravos, mais as ''villae'' foron atendidas por [[colono]]s. A estrutura social [[Cultura Castrexa|castrexa]] perviviría longo tempo en forma de aristocracia indíxena romanizada e de poboación rural.

Revisión como estaba o 19 de decembro de 2007 ás 12:00

Para o sistema de transliteración, ver romanización (lingüística)

Historia de Galicia

Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia
Cronoloxía de Galicia

Coñécese como romanización o proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.

O comezo de romanización de Galiza adóitase datar na expedición de Décimo, o Gallaico, e o seu fito de atravesar o río Lethes ou do olvido (o Limia). Porén, o noroeste peninsular non ficou integrado inmediatamente no mundo romano. Ao longo do século I foise estabelecendo un comercio, principalmente nas costas, ao que acompañaron varias expedicións militares (Craso, Perpenna, Xulio César), de maneira que cando Augusto emprendeu as Guerras Cántabras, o noroeste era xa unha simple base de operacións. O noroeste peninsular foi organizado sobre a base do sistema pre-existente en populi e castella, representado nas inscricións por un C invertido. No ano 74 dC, concedeuse o ius latii para toda a península.

O territorio pertenceu primeiro á provincia de Lusitania, logo á Tarraconensis e finalmente constituiuse a Gallaecia, xa no século III. Esta dividiuse en tres conventos (demarcacións) xurídicos: bracarense, lucense e asturicense. O latín foi substituindo as linguas anteriores nun proceso que remataría probabelmente no século III d.C.

Os medios de subsistencia continuaron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da villa romana, residencia rural de luxo e explotación agrícola a un tempo, que se expandería a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaería no século II. Nas minas empregábanse escravos, mais as villae foron atendidas por colonos. A estrutura social castrexa perviviría longo tempo en forma de aristocracia indíxena romanizada e de poboación rural.

Na Gallaecia o cristianismo foi introducido serodiamente, a mediados do século III, por soldados da Legio VII Gemina. Un episodio notorio foi a difusión do priscilianismo a fins do século IV.

As referencias documentais para o estudio da romanización en Galicia atópanse na obra de diversos escritores gregos e latinos. Un listado dos principais sería o que segue: Apiano, Tito Livio, Floro, Orosio, Estrabón, Pomponio Mela, Plinio, Ptolomeo, Rufo Festo Avieno, Hidacio e San Martiño de Dume, e no Itinerario de Antonino.

Trátanse de breves descricións de Galicia que como a feita por Mela na súa obra Coreografía aportan poucos datos, e que neste caso fala do territorio dos Celtici.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Arias Vilas, Felipe. A Romanización de Galicia. Historia de Galicia 4. Ed. A Nosa Terra. (1992).
  • Tranoy, Alain. La Galice Romaine. Pub. du Centre Pierre Paris, 7. (1981)

Ligazóns externas