Euskaltzaindia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Iniciais dos modelos en maíusculas
PixelBot (conversa | contribucións)
Liña 39: Liña 39:
[[br:Euskaltzaindia]]
[[br:Euskaltzaindia]]
[[ca:Euskaltzaindia]]
[[ca:Euskaltzaindia]]
[[de:Königliche Akademie der Baskischen Sprache]]
[[en:Euskaltzaindia]]
[[en:Euskaltzaindia]]
[[es:Real Academia de la Lengua Vasca]]
[[es:Real Academia de la Lengua Vasca]]

Revisión como estaba o 15 de decembro de 2007 ás 17:35

A Real Academia da Lingua Vasca, tamén coñecida polo seu nome en eúscaro: Euskaltzaindia, é unha institución cultural fundada no ano 1919 por Afonso XIIIhttp://noticias.juridicas.com/basee_datos/Admin/d573-1976.html Decreto 573/1976, de 26 de febreiro, polo que se recoñece á Academia de Lingua Vasca baixo a denominación de Real Academia de Lingua Vasca e impulsada, do mesmo xeito que a Sociedade de Estudos Vascos (Eusko Ikaskuntza), polas catro deputacións vasco-navarras, para coidar e normalizar o uso do idioma vasco, así como o estudo filológico e etimológico do mesmo.

Sede central en Bilbao.

O seu emblema é un carballo, acompañado da lenda Ekin eta jarrai ("Empezar e seguir").

O número de académicos é 23, dos cales 20 teñen o eúscaro como lingua materna (en decembro de 2005).

Dispón de varias comisións de traballo que realizan diferentes tarefas na tarefa do estudo do idioma vasco, estas comisións son as seguintes:

  • Comisión de lexicografía, actualmente traballa nun Dicionario Xeral Vasco de carácter xeral e descritivo que integra contido histórico e de dialectos. E nun Dicionario Léxico Unificado que é normativo e só contempla o eúscaro batua ou eúscaro unificado.
  • Comisión de gramática, desde 1980 trata de redactar as bases da gramática do idioma vasco.
  • Comisión Atlas lingüístico, o seu traballo é realizar un mapa dialectológico para coñecer os dialectos que se falan nos diferentes puntos da xeografía vasca.
  • Comisión onomástica, estuda aspectos máis teóricos e históricos deste idioma.
  • Comisión de literatura, analiza a literatura popular así como a literatura máis intelectual do eúscaro.
  • Comisión de lingua falada, encárgase de realizar un estudo sobre o uso da lingua vasca cando é falada e realizar unha normativa en consecuencia, xa que existen moi diferentes acentos segundo a localización do vascoparlante.

Oficialmente esta institución conseguiu o recoñecemento oficial en España, con carácter de Real Academia, en 1976, un ano despois do final da ditadura de Francisco Franco. E en Francia é aceptada como unha entidade desde o ano 1995.

Esta Academia ten a súa sede en Bilbao pero con delegacións en Bayona, San Sebastián e Vitoria.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Referencias

non:Euskaltzaindia