Freguesía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Estandarizando interwiki
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Formateando 'Imaxe'
Liña 1: Liña 1:
'''Freguesía''' é a menor división administrativa do territorio en [[Portugal]] e no antigo [[Imperio Portugués]], que comprende tanto ao poder político como ao relixioso.
'''Freguesía''' é a menor división administrativa do territorio en [[Portugal]] e no antigo [[Imperio Portugués]], que comprende tanto ao poder político como ao relixioso.
[[Image:Bragança70.jpg|thumb|350px|<center>Antigo edifício da junta de freguesia da [[Sé (Bragança)|Sé de Bragança]]</center>]]
[[Imaxe:Bragança70.jpg|thumb|350px|<center>Antigo edifício da junta de freguesia da [[Sé (Bragança)|Sé de Bragança]]</center>]]


==En Portugal e no antigo Imperio Portugués==
==En Portugal e no antigo Imperio Portugués==

Revisión como estaba o 15 de decembro de 2007 ás 02:08

Freguesía é a menor división administrativa do territorio en Portugal e no antigo Imperio Portugués, que comprende tanto ao poder político como ao relixioso.

Antigo edifício da junta de freguesia da Sé de Bragança

En Portugal e no antigo Imperio Portugués

En Portugal unha freguesía é unha división administrativa obrigatoria para todos os concellos, isto quere dicir que todos deben ter polo menos unha, agás o de Vila do Corvo, onde esta división territorial non existe. As freguesías son gobernadas por unha 'xunta de freguesía', un órgano executivo que é elixido polos cidadáns censados no respectivo territorio. En Portugal existen 4257 freguesías, con extensións que van dos 100 km² a apenas algunhas hectáreas, e poboacións de decenas a decenas de millares de habitantes. Os municipios son os encargados de propor e crear novas freguesías no seu territorio, que deben obedecer a un conxunto de criterios fixados por lei. En Portugal hai 5 concellos que constan dunha soa freguesía, todo o contrario que o concello de Barcelos que ten 89. As autoridades portuguesas estabelecen tres tipos diferentes de freguesías, para efectos de ordenamento do territorio:

  • freguesias urbanas - freguesias que posúen unha densidade de poboación superior aos 500 h/km² ou que integren un lugar con poboación residente superior ou igual aos 5 000 habitantes.
  • freguesias semi-urbanas - freguesias non urbanas que posúen unha densidade de poboación superior aos 100 h/km² e inferior ou igual aos 500 h/km², ou que integren un lugar com poboación residente superior ou igual a 2 000 habitantes e inferior a 5 000 habitantes.
  • freguesias rurais - as restantes.

As freguesias están representadas nos órganos municipais polo presidente da Xunta, que ten lugar, por inerencia de cargo, na Asamblea Municipal.

As freguesias portuguesas son a representación civil das antigas parroquias católicas; moitas delas surxiron idénticas ás antigas unidades eclesiásticas medievais. De aí que, em tempos mais recentes, o termo «fregués» servise para designar tamén aos parroquianos, os cales eran «fregueses», por dicilo así, do párroco.

Derivadamente, o termo freguesia, tanto en Portugal como no Brasil, retén ainda o significado de clientes dun estabelecemento comercial; cada cliente individualmente é chamado fregués.