Río Sardiñeira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jchapela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Iniciais dos modelos en maiusculas
Liña 1: Liña 1:
{{rio |
{{Rio |
altitude da fonte = |
altitude da fonte = |
imaxe = |
imaxe = |

Revisión como estaba o 14 de decembro de 2007 ás 21:57

Modelo:Rio O Sardiñeira é un río galego da provincia de Lugo, afluente pola marxe esquerda do río Miño, que desauga nel á altura do encoro de Belesar, dentro do concello do Saviñao, (Lugo).

Percorrido

A Sardiñeira, como é coñecido na zona, nace na Serra das Penas, no concello de Paradela, para desembocar en el río Miño, na parte alta do encoro de Belesar, logo de descer por suaves pendentes, e xa no concello do Saviñao.

Afluentes

A maior parte son regos e regatos, dos que compre destacar o río do Portiño, que se lle une en Igrexafeita, no municipio do Saviñao.

Réxime hídrico

É un río de réxime pluvial, do tipo oceánico, consonte unha media de precipitacións na súa conca de 1.122 mm anuais.

Fauna e vexetación

A Sardiñeira caracterízase pola alta calidade das súas augas, o que fai abundante a vexetación e fauna que vive nas súas beiras.

En canto á flora asociada ao río, predominan os carballos, castiñeiros, salgueiros e amieiros; un tanto alonxados, nas partes altas das ladeiras, áchanse tamén piñeiros. Perto da ribeira encóntranse tamén, en parte debido ao abandono das terras, e en grande cantidade, arbustos tales como o toxo o a uz.

A fauna está representada principalmente pola troita común («Salmo trutta») e a boga de río («Chondrostoma polylepis»). Ligada tamén ao medio acuático, e de salientar a presenza de lontras («Lutra lutra»). Respeito ás aves pódense observar azoresAccipiter gentilis»), aguionchosCircus cyaneus») e aguionchos cincentosCircus pygargus»).