A Sariña, Chantada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Iniciais dos modelos en maíusculas
Liña 1: Liña 1:
{{atención}}{{links internos}}
{{Atención}}{{Links internos}}


A Sariña é unha pequena aldea situada preto da ribeira do miño, a 2km da ponte de portotide, e a 6km da vila de Chantada, corazón de Galicia.
A Sariña é unha pequena aldea situada preto da ribeira do miño, a 2km da ponte de portotide, e a 6km da vila de Chantada, corazón de Galicia.

Revisión como estaba o 13 de decembro de 2007 ás 22:00

Modelo:Links internos

A Sariña é unha pequena aldea situada preto da ribeira do miño, a 2km da ponte de portotide, e a 6km da vila de Chantada, corazón de Galicia. As principais actividades deste pobo baséanse na explotación dos recursos naturais propios desta terra; así os seus habitantes dedicáronse dende sempre á venda de produtos naturais como os tomates, patacas, froita de temporada, etc, nas feiras e mercados máis cercanos e coñecidos como son os de Chantada e Escairón, aínda que tamén existe actividade gandeira e sobretodo vitivinícola, debido en gran parte á cultura do viño promovida pola cercanía do pobo á coñecida ribeira sacra lucense. Pódese apreciar certa actividade artesá, pois era a xente do pobo quen facía coas súas propias mans as cestas para a recollida das uvas na vendima ou as olas de vimbio.

A pesar de se tratar dunha pequena aldea, destaca a súa fermosa igrexa, coñecida como "Igrexa de Santa María da Sariña". Construida na primeira metade do século XVIII, presenta planta e ábside rectangulares. Os muros son de cantería de granito e a cuberta a dúas augas. A fachada, que se remata cunha espadaña de dous vanos, responde a características barrocas, cun frontón partido pola espadaña e un gran óculo central. No lado norte atopamos un altar exterior adosado ó muro, cunha imaxe da Virxe sobre un podium, todo isto en pedra. Dentro impresiona o maxestuoso altar que a domina. Esta igrexa surxiu en principio como unha ermita de peregrinación. Era coñecida ata hai ven pouco a romaría do día nove de setembro, que actualmente vai a menos a pesar dos esforzos dos escasos párrocos para atender as numerosas parroquias da zona.