Bulimia nerviosa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Iniciais dos modelos en maiúsculas
Liña 1: Liña 1:
{{avisomedico}}
{{Avisomedico}}
A '''bulimia''' é un [[transtorno alimentario]] consistente nun [[apetito]] esaxerado, cunha ansia compulsiva de comer grandes cantidades de comida, unida a unha sensación de que este tipo de alimentación é anormal. Aparece sensación de culpa e medo a non poder deter esas ansias imparábeis de comer xunto con temor á [[obesidade]]; estes episodios danse moitas veces en quen está a sufrir [[anorexia]] nerviosa, que alternan períodos de privación de alimentos con períodos de bulimia.
A '''bulimia''' é un [[transtorno alimentario]] consistente nun [[apetito]] esaxerado, cunha ansia compulsiva de comer grandes cantidades de comida, unida a unha sensación de que este tipo de alimentación é anormal. Aparece sensación de culpa e medo a non poder deter esas ansias imparábeis de comer xunto con temor á [[obesidade]]; estes episodios danse moitas veces en quen está a sufrir [[anorexia]] nerviosa, que alternan períodos de privación de alimentos con períodos de bulimia.



Revisión como estaba o 9 de decembro de 2007 ás 19:02

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A bulimia é un transtorno alimentario consistente nun apetito esaxerado, cunha ansia compulsiva de comer grandes cantidades de comida, unida a unha sensación de que este tipo de alimentación é anormal. Aparece sensación de culpa e medo a non poder deter esas ansias imparábeis de comer xunto con temor á obesidade; estes episodios danse moitas veces en quen está a sufrir anorexia nerviosa, que alternan períodos de privación de alimentos con períodos de bulimia.

Os enfermos de bulimia poden chegar a comer até 3 ou 4 quilos nunha soa comida, sen masticalos apenas. Moitas veces, o acto compulsivo de comer vai seguido da indución do vómito. O ataque de fame dura unha hora e pódense inxerir 3.500 calorías durante unha comida. O tipo de comida preferida nestes casos son os hidratos de carbono, como os xeados, as conservas, as pastas e as bebidas edulcoradas.

Quen padece bulimia mais non anorexia nerviosa presenta un peso normal ou un sobrepeso lixeiro. É máis propenso a sufrila quen foi obeso na adolescencia. É característica a flutuación de peso con gañancias e perdas cíclicas. Nun terzo das mulleres pérdese a menstruación (amenorrea).

Os vómitos ocasionan alteracións no sangue: perda de potasio e alcalose metabólica debida ao uso de laxantes, que é habitual que se usen para contribuír a evitar o aumento de peso. Tamén se deteriora o esmalte dos dentes. Poden provocar neumonias por aspiración do vómito ou alteracións gástricas, con dilatacións e mesmo rotura do esófago, así como alteracións no páncreas (pancreatite).

Aparece unha tendencia ao suicidio que duplica á dos que padecen anorexia nerviosa.

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.