Canto gregoriano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Escarbot (conversa | contribucións)
Liña 8: Liña 8:
[[Categoría:Catolicismo]]
[[Categoría:Catolicismo]]


[[bg:Грегорианско песнопение]]
[[ca:Cant gregorià]]
[[ca:Cant gregorià]]
[[cs:Gregoriánský chorál]]
[[cs:Gregoriánský chorál]]

Revisión como estaba o 9 de decembro de 2007 ás 05:53

Gregorio I: Antifonario de Sanct Gallen

O canto gregoriano é un tipo de música vocal monódica sen instrumentos para ser cantada durante a celebración da liturxia na Igrexa Católica. Formouse a partir de estilos moi heteroxéneos, de procedencia principalmente oriental, sobre todo de Bizancio e Siria durante a época que seguiu á caída do Imperio Romano, a primeira compilación procede do papa Gregorio I, do cal lle vén o nome, aínda que a historiografía moderna puxo en dúbida esta orixe retrasando a orixe ata a época carolinxia, considerándoo unha síntese entre o canto romano e o canto gálico.

A intención do canto gregoriano non era artística, senón tan só relixiosa, ennobrecer a palabra de Deus, polo que se prescindía de instrumentos musicais, a música sacra tiña que ser simple para que puidese ser cantada por todos, fluída para non estorbar o texto, e sobria para non desmerecer a súa función.

Unha gran parte da liturxia podía ser cantada e iso imposibilitaba que puidese ser memorizada, polo que a Igrexa procurou rexistrar o repertorio de cantos por escrito para o que houbo de perfeccionar os sistemas de notación musical coñecidos ata o de entón, ata o século XI non se regularizou a notación sobre unha pauta de varias liñas e o uso da clave.