Lingua finesa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Maañón (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Maañón (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30: Liña 30:
| mapa =
| mapa =
}}
}}
O '''finés''' é, xunto co [[Lingua estonia|estonio]] e o [[Lingua húngara|húngaro]], unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama [[indoeuropeo]] do [[Europa|vello continente]]. Emparentada fortemente co [[estoniano]] e distribuída fundamentalmente en [[Finlandia]], a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas [[meridional|meridionais]], pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, [[Turku]]. Con fortes contactos e influencias do [[sueco]], o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do [[Kalevala]].
O '''finés''' é, xunto co [[Lingua estoniana|estoniano]] e o [[Lingua húngara|húngaro]], unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama [[indoeuropeo]] do [[Europa|vello continente]]. Emparentada fortemente co [[estoniano]] e distribuída fundamentalmente en [[Finlandia]], a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas [[meridional|meridionais]], pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, [[Turku]]. Con fortes contactos e influencias do [[sueco]], o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do [[Kalevala]].


== [[Ortografía]] e [[fonoloxía]]: [[harmonización]] ==
== [[Ortografía]] e [[fonoloxía]]: [[harmonización]] ==

Revisión como estaba o 7 de decembro de 2007 ás 16:54

Finés
suomi
Falado en: Finlandia, Suecia, Noruega, Rusia, Estonia
Rexións: Finlandia
Total de falantes: 4.700.000
Posición: Non está entre os 100 primeiros [1]
Familia: Linguas Urálicas
Linguas Ugrofinesas
Finés
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Finlandia
Regulado por: Instituto de estudios de linguas de Finlandia
Códigos de lingua
ISO 639-1: fi
ISO 639-2: fin
SIL: fin[2]
Mapa
Status

O finés é, xunto co estoniano e o húngaro, unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama indoeuropeo do vello continente. Emparentada fortemente co estoniano e distribuída fundamentalmente en Finlandia, a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas meridionais, pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, Turku. Con fortes contactos e influencias do sueco, o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do Kalevala.

Ortografía e fonoloxía: harmonización

Debido á súa retrasada normativización e á súa falla de continuidade con tradicións escritas previas, a ortografía do finés estandarizouse moi recentemente e non ten tendencias etimolóxicas, senón que tende claramente a representar fonoloxicamente a fala. A lingua ten oito vogais e trece consoantes, o que a coloca entre as linguas europeas con menos fonemas. As vogais palatais son i, e, a, ä da zona central e o, ö, u, y pola rama velar. Tódalas vogais centrais e velares pódense clasificar en parellas cun elemento non labializado (COMPROBAR) (a, o, y) fronte a outro elemento redondeado (ä, ö, y). Isto adoita influír no tipo de sufixos que se lle aplican a cadansúa raíz, pois habitualmente os sufixos teñen dous alófonos segundo as vogais que aparezan na raíz. Cando a raíz está composta só por vogais do grupo a, o, u, o sufixo aparece coma un alófono, mentres que se aparece tamén calquera outra vogal, aplícase o outro alófono: a esta característica chámaselle harmonización. Por exemplo, o sufixo -lainen / -läinen aplícase para crear xentilicios, profesións e substantivos para persoas referidas ó concepto da base, e polo tanto:

  • cando se aplica á palabra Suomi, 'Finlandia', resulta suomalainen, 'finlandés';
  • cando se aplica á palabra meri, mar, dá meriläinen, 'mariñeiro';

Canto ás consoantes, o máis singular é a ausencia dalgunhas (dalgúns fonemas consonánticos) moi habituais nas linguas románicas ou da nosa contorna máis xeral: o finés por exemplo carece de b (só v) ou de f (agás empréstitos).