Wikipedia:Toponimia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m Inclúo ligazón que utilizamos no debate e esquecera reseñar aquí.
Prevert (conversa | contribucións)
m {{PolíticasGalipedia}}
Liña 1: Liña 1:
{{PolíticasGalipedia}}


Nesta páxina están as normas acordadas o 12 de novembro de 2004 sobre Toponimia. Para ver o conxunto de normas e recomendacións ir a [[Wikipedia:Política e normas]].
Nesta páxina están as normas acordadas o 12 de novembro de 2004 sobre Toponimia. Para ver o conxunto de normas e recomendacións ir a [[Wikipedia:Política e normas]].


Liña 40: Liña 43:
*[[Wikipedia:Wikiproxecto Toponimia]].
*[[Wikipedia:Wikiproxecto Toponimia]].
*[[Wikipedia:Homónimos]].
*[[Wikipedia:Homónimos]].


[[Category:Wikipedia:Políticas e normas]]

Revisión como estaba o 20 de agosto de 2005 ás 15:24


Nesta páxina están as normas acordadas o 12 de novembro de 2004 sobre Toponimia. Para ver o conxunto de normas e recomendacións ir a Wikipedia:Política e normas.


  • Toponimia de Galicia
Séguese a toponimia oficial segundo a documentación que existe na páxina da Xunta de Galicia: Nomenclátor de Galicia - Toponimia oficial.
  • Galicia - Galiza
1. Nos títulos das páxinas utilízase Galicia, exemplos: Concellos de Galicia, Ríos de Galicia,...
2. No caso das páxinas Galicia e Galiza mantemos as dúas páxinas cun contido igual -sen redireccións- (tendo coidado de sustituir nunha páxina e outra Galicia por Galiza e o revés. Procurando que os cambios nunha páxina tamén se reflictan na outra).
3. No contido das páxinas pódese usar indistintamente Galicia ou Galiza. Procurarase ser coherentes no uso dos termos.
4. Nunha mesma páxina poden convivir ambos termos Galicia e Galiza, intentando na medida do posible non cambiar o uso que usuarios anteriores fixeran dos termos.
  • Toponimia de España
Nos títulos das páxinas úsase o nome galego xunto co nome oficial segundo a lexislación oficial. Pode consultarse no Ministerio de Administracións Públicas:
MAP - Municipios, MAP - Provincias, MAP - Illas. E toponimia oficial española e a lexislación estatal e autonómica. Fonte: Parlamento Europeo
  • Cidades con nomes cooficias:
Alicante - Alacant , Castellón - Castelló, Valencia - València escríbese o título da páxina incluíndo os dous nomes separados por un guión e deixando un espacio antes e despois do guión, e precedidos do nome galego, exemplo: Alacante - Alicante - Alacant
No contido da páxina e en primer lugar escríbese en negrita o nome do cidade ou lugar en galego, exemplo: Para a páxina Alacante - Alicante - Alacant escríbese En galego: Alacante.
Cando existe un caso como o anterior créase previamente unha páxina co título galego que logo se redirixe á páxina co nome oficial, exemplo: Alacante redirixida a Alacante - Alicante - Alacant e no comezo da páxina pon: En galego: Alacante.
Cos nomes das Comunidades pasa algo parecido: Illes Balears (nome oficial), créase unha páxina chamada Illas Baleares e redirixese a Illas Baleares - Illes Balears na parte superior da páxina escríbese En galego: Illas Baleares. O mesmo con La Rioja.
No contido das páxinas escríbese o nome en galego.
  • Toponimia de Outros Países do Mundo
Tanto en nome de cidades como de países (en caso de existir) utilízase o mesmo criterio que nas ciudades con nomes cooficiais. Exemplos: Portugal o título da páxina inclúe un so termo porque Portugal sería o nome do país en Portugal e en Galicia, en cambio Suecia - Sverige, Suecia inclúe os nomes en galego e en sueco. Créase unha páxina chamada Suecia que se redirixe a Suecia - Sverige. Na parte superior da páxina indícase o nome do país en alomenos catro idiomas que son: galego, idioma orixinal, e calquera outros dous (escollendo mellor os nomes do país máis coñecidos). Exemplo: En galego: Suecia, En sueco: Sverige, En portugués: Suécia, En inglés: Sweden.
Tómase como fonte do nome da cidade ou país a Wikipedia que corresponda ao país. Exemplo: Suecia Wikipedia de Suecia.
  • Lugares co mesmo nome
Cando coincide o mesmo nome para diversos lugares ou accidentes xeográficos, no caso dos lugares úsase o nome do lugar separado por unha coma de outro dato de localización, exemplo: Miño, entre outros pode ser un pobo da Provincia da Coruña ou o Río Miño. Para o pobo escríbese Miño, A Coruña (nome do pobo separado por unha coma, despois da coma un espacio e logo o nome da provincia) e para o río Río Miño. Como é maís probable que os usuarios busquen o Río Miño créase unha páxina que se chame Miño e nela escríbense as ligazóns as distintas opcións de Miño.
Outro exemplo: París créase a páxina correspondente a París e faise que sexa a páxina que faga referencia á capital de Francia, na parte de arriba da páxina inclúese unha ligazón á páxina París (homónimos) onde se introducen as ligazóns a todos os lugares que se chamen París.

Véxase tamén

Para máis información véxase: