Nicolao Aleksandrovich de Rusia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «fiando»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «gran igrexa»
Liña 34: Liña 34:
Nicolao cría ter unha constitución forte ata que foi evidente que non era así. Crese que contraeu [[bronquite]] e foi enviado ao sur de Francia, onde chega en 1863, nun estado esquelético e sen apenas poder moverse. A emperatriz María Aleksandrovna instálase tamén en [[Niza]], en vila Bermond, onde segue con angustia os progresos da enfermidade do seu fillo. Na noite do 23 ao [[24 de abril]] de [[1865]], Nicolao sucumbe ante unha meninxite fulminante cerebral-espinal. De Niza, o seu corpo é levado a Villefranche (hoxe [[Villefranche-sur-Mer]]) e embarcado a bordo da fragata ''Alexandre Nevski'' para ser inhumado na [[Fortaleza de San Pedro e San Paulo|catedral de San Pedro e San Paulo]] de [[San Petersburgo]]<ref name="Zeepvat, 180"/>
Nicolao cría ter unha constitución forte ata que foi evidente que non era así. Crese que contraeu [[bronquite]] e foi enviado ao sur de Francia, onde chega en 1863, nun estado esquelético e sen apenas poder moverse. A emperatriz María Aleksandrovna instálase tamén en [[Niza]], en vila Bermond, onde segue con angustia os progresos da enfermidade do seu fillo. Na noite do 23 ao [[24 de abril]] de [[1865]], Nicolao sucumbe ante unha meninxite fulminante cerebral-espinal. De Niza, o seu corpo é levado a Villefranche (hoxe [[Villefranche-sur-Mer]]) e embarcado a bordo da fragata ''Alexandre Nevski'' para ser inhumado na [[Fortaleza de San Pedro e San Paulo|catedral de San Pedro e San Paulo]] de [[San Petersburgo]]<ref name="Zeepvat, 180"/>


A familia imperial rusa fixo construír un oratorio no lugar onde o Gran duque morreu, construíndose despois unha gran igrexa ortodoxa entre 1903 e [[1903|1913]], nas proximidades do oratorio, e que é cualificada a miúdo como a [[catedral ortodoxa rusa de Niza.]]
A familia imperial rusa fixo construír un oratorio no lugar onde o Gran duque morreu, construíndose despois unha grande igrexa ortodoxa entre 1903 e [[1903|1913]], nas proximidades do oratorio, e que é cualificada a miúdo como a [[catedral ortodoxa rusa de Niza.]]


En [[Niza]] existe un bulevar chamado ''Tsarévich'', próximo á catedral rusa, que perpetúa o recordo do gran duque Nicolao.
En [[Niza]] existe un bulevar chamado ''Tsarévich'', próximo á catedral rusa, que perpetúa o recordo do gran duque Nicolao.

Revisión como estaba o 13 de novembro de 2022 ás 11:04

Nicolao Aleksandrovich
Tsarévich de Rusia

Nacemento20 de setembro de 1843
Palacio de Alexandre, Tsarskoe Selo, Imperio Ruso
Falecemento24 de abril de 1865
Niza, Francia
PredecesorAlexandre Nikolaevich
SucesorAlexandre Aleksandrovich
ProxenitoresAlexandre II de Rusia
María Aleksandrovna

Na rede
WikiTree: Romanov-19 Find a Grave: 52709067 Editar o valor em Wikidata

Nicolao Aleksandrovich de Rusia (en ruso: Николай Александрович Романов) nado en Tsarskoe Selo o 20 de setembro de 1843 e finado en Niza o 24 de abril de 1865, foi tsarévich do Imperio ruso desde o 2 de marzo de 1855 até a súa morte. Era chamado polo hipocorístico Nixa.

Traxectoria

Era o fillo maior do tsarévich Alexandre Nikolaevich e de María Aleksandrovna (María de Hesse-Darmstadt), quen ascenderon ao trono en 1855, trala morte do anterior tsar, Nicolao I.

Educación

Nicolao Alexandrovich en 1881.

Lembraba pola nobreza do seu trato e a modestia de carácter á súa nai. Os profesores encargados de preparalo para acceder ao trono ruso ven nel a alguén excepcional, cuxa intelixencia e humanidade elevarían a Rusia.

Para familiarizalo co pobo ruso, Alexandre II, faino percorrer Rusia desde que cumpriu os dezaoito anos. Estas viaxes continuas acaban por cansar ao tsarévich.

As causas da súa enfermidade producen varías hipótese no diagnóstico dos médicos: segundo uns, deberíase a un arrefriado da columna vertebral tras caerse dun cabalo, segundo outros, sofre de reumatismo. Recoméndaselle un tratamento de baños de mar en Scheveningue, preto da Haia.

Compromiso matrimonial

Esperanzados nunha rápida recuperación, os seus pais deciden comprometelo no verán de 1864, coa princesa María Sofía Federica Dagmar de Dinamarca, segunda filla do rei Cristián IX de Dinamarca e de Luísa de Hesse-Kassel, e cuñada de Alberto Eduardo, Príncipe de Gales, herdeiro ao trono británico.[1] Pero a pesar dos medicamentos, os baños e as masaxes, as dores do tsarévich agrávanse día tras día, e Nicolao andaba encurvado como un ancián.

Crese que cando estaba no seu leito de morte, Nicolao expresou o seu desexo de que a súa noiva casase co seu irmán menor e sucesor como tsarévich, Alexandre.

Morte

Nicolao cría ter unha constitución forte ata que foi evidente que non era así. Crese que contraeu bronquite e foi enviado ao sur de Francia, onde chega en 1863, nun estado esquelético e sen apenas poder moverse. A emperatriz María Aleksandrovna instálase tamén en Niza, en vila Bermond, onde segue con angustia os progresos da enfermidade do seu fillo. Na noite do 23 ao 24 de abril de 1865, Nicolao sucumbe ante unha meninxite fulminante cerebral-espinal. De Niza, o seu corpo é levado a Villefranche (hoxe Villefranche-sur-Mer) e embarcado a bordo da fragata Alexandre Nevski para ser inhumado na catedral de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo[1]

A familia imperial rusa fixo construír un oratorio no lugar onde o Gran duque morreu, construíndose despois unha grande igrexa ortodoxa entre 1903 e 1913, nas proximidades do oratorio, e que é cualificada a miúdo como a catedral ortodoxa rusa de Niza.

En Niza existe un bulevar chamado Tsarévich, próximo á catedral rusa, que perpetúa o recordo do gran duque Nicolao.

Devanceiros