A Mesa pola Normalización Lingüística: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Etiquetas: Reversión manual Edición visual
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.2
Liña 22: Liña 22:
En xaneiro de 2013 Carlos Callón foio absolto da falta por inxurias<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/01/09/carlos-callon-aplaude-sentencia-favor-pide-exjuez-decano-coruna-cumpra-lei/0003_20130120130109132002158.htm Carlos Callón aplaude la sentencia a su favor y pide al exjuez decano de A Coruña que «cumpra a lei» La Voz de Galicia]</ref>. O 10 de maio de 2013 repetiuse o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña<ref>{{Cita web |url=http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/487 |título=A Mesa convoca unha concentración diante da Audiencia Provincial da Coruña en apoio a Carlos Callón |data-acceso=10 de maio de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130607034834/http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/487 |dataarquivo=07 de xuño de 2013 |urlmorta=yes }}</ref>.
En xaneiro de 2013 Carlos Callón foio absolto da falta por inxurias<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/01/09/carlos-callon-aplaude-sentencia-favor-pide-exjuez-decano-coruna-cumpra-lei/0003_20130120130109132002158.htm Carlos Callón aplaude la sentencia a su favor y pide al exjuez decano de A Coruña que «cumpra a lei» La Voz de Galicia]</ref>. O 10 de maio de 2013 repetiuse o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña<ref>{{Cita web |url=http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/487 |título=A Mesa convoca unha concentración diante da Audiencia Provincial da Coruña en apoio a Carlos Callón |data-acceso=10 de maio de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130607034834/http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/487 |dataarquivo=07 de xuño de 2013 |urlmorta=yes }}</ref>.


No 2017 A Mesa realizou unha campaña chamada "Sentido Común" para presentar unha [[Iniciativa popular|Iniciativa Lexislativa Popular]] (ILP) para reclamar que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego no ámbito socioeconómico.<ref>http://sentidocomun.amesa.gal/</ref>
No 2017 A Mesa realizou unha campaña chamada "Sentido Común" para presentar unha [[Iniciativa popular|Iniciativa Lexislativa Popular]] (ILP) para reclamar que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego no ámbito socioeconómico.<ref>{{Cita web |url=http://sentidocomun.amesa.gal/ |título=Copia arquivada |data-acceso=11 de maio de 2017 |data-arquivo=17 de maio de 2017 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20170517134132/http://sentidocomun.amesa.gal/ |url-morta=yes }}</ref>


== Presidencia ==
== Presidencia ==

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2022 ás 08:10

Modelo:Asociación Cultural

A Mesa pola Normalización Lingüística, MNL, é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.

Traxectoria

Creouse tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística celebrado en 1986 e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Federación de Asociacións Culturais Galegas e a Associaçom Galega da Língua[1]. O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Sarille.

A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é o historiador e xestor cultural Marcos Maceira, que sucedeu a Carlos Callón o 26 de abril de 2014.[2] Segundo datos da propia organización contaba en 2008 con 3300 socios [3].

En agosto de 2012 falecía o seu presidente de honra Avelino Pousa Antelo[4].

Actividade

A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.

A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en Barcelona onde se solicitaba o troco do nome por Arousa A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.

Cartel da mesa pola normalización lingüística do xuízo a Carlos Callón na Audiencia Provincial da Coruña.

Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o Concello da Coruña polo nome da cidade. O entón alcalde Paco Vázquez levou a os tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio Carlos Callón lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. O caso ten pechada a fronte xudicial.

Carlos Callón foi denunciado por Antonio Fraga Mandián, ex xuíz decano da Coruña, por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar La Coruña. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego.

En xaneiro de 2013 Carlos Callón foio absolto da falta por inxurias[5]. O 10 de maio de 2013 repetiuse o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña[6].

No 2017 A Mesa realizou unha campaña chamada "Sentido Común" para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para reclamar que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego no ámbito socioeconómico.[7]

Presidencia

Recoñecementos

Notas

  1. Carta fundacional (recuperada de Internet Archive, captura do 13 de febreiro do 2006).
  2. Información na páxina de Praza Pública
  3. Longalingua 16 (maio de 2008), páx. 5
  4. "A Mesa chora o falecemento do seu presidente de Honra, Avelino Pousa Antelo. A Mesa pola Normalización Lingüística". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2012. Consultado o 20 de agosto de 2012. 
  5. Carlos Callón aplaude la sentencia a su favor y pide al exjuez decano de A Coruña que «cumpra a lei» La Voz de Galicia
  6. "A Mesa convoca unha concentración diante da Audiencia Provincial da Coruña en apoio a Carlos Callón". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2013. Consultado o 10 de maio de 2013. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2017. Consultado o 11 de maio de 2017. 

Véxase tamén

Ligazóns externas