Schaffhausen: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
WiGali (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
WiGali (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 160: Liña 160:
A temperatura media anual <small>(período 1991 - 2020)</small> é de 9,9 °C, cas temperaturas medias mensuais máis frías en xaneiro con 0,7 °C, e cas máis cálidas en xullo con 19,3 °C. De media, pódense agardar uns 78 días de xeadas e neve. O mes máis chuvioso é xullo, durante o cal, Schaffhausen recibe unha media de 95 mm <small>(3.7 in)</small> de choiva. Ó transcurso deste mes, hai precipitacións durante unha media de 11,3 días. O mes máis seco do ano é febreiro, cunha media de 59 mm <small>(2.3 in)</small> de precipitacións durante 8,4 días.<ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20180131201028/http://www.meteoschweiz.admin.ch/product/output/climate-data/climate-diagrams-normal-values-station-processing/SHA/climsheet_SHA_np8110_d.pdf|título="Climate normals Schaffhausen, Reference period 1981−2010"}}</ref>
A temperatura media anual <small>(período 1991 - 2020)</small> é de 9,9 °C, cas temperaturas medias mensuais máis frías en xaneiro con 0,7 °C, e cas máis cálidas en xullo con 19,3 °C. De media, pódense agardar uns 78 días de xeadas e neve. O mes máis chuvioso é xullo, durante o cal, Schaffhausen recibe unha media de 95 mm <small>(3.7 in)</small> de choiva. Ó transcurso deste mes, hai precipitacións durante unha media de 11,3 días. O mes máis seco do ano é febreiro, cunha media de 59 mm <small>(2.3 in)</small> de precipitacións durante 8,4 días.<ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20180131201028/http://www.meteoschweiz.admin.ch/product/output/climate-data/climate-diagrams-normal-values-station-processing/SHA/climsheet_SHA_np8110_d.pdf|título="Climate normals Schaffhausen, Reference period 1981−2010"}}</ref>


{{Weather box|location=Schaffhausen <small>''(1991 - 2020)''<small>|source 1=[[MeteoSchweiz]] (snow 1991–2020)<ref name="MeteoSchweiz"/><ref name=MeteoSwiss>{{cite web
{{Weather box|location=Schaffhausen <small>''(1991 - 2020)''<small>|source 1=MeteoSchweiz (período 1991–2020)<ref name="MeteoSchweiz"/><ref name=MeteoSwiss>{{cite web
| url = https://www.meteoswiss.admin.ch/product/output/climate-data/climate-diagrams-normal-values-station-processing/SHA/climsheet_SHA_np9120_e.pdf
| url = https://www.meteoswiss.admin.ch/product/output/climate-data/climate-diagrams-normal-values-station-processing/SHA/climsheet_SHA_np9120_e.pdf
| title = Climate Normals Schaffhausen (Reference period 1991−2020)
| title = Climate Normals Schaffhausen (Reference period 1991−2020)

Revisión como estaba o 27 de agosto de 2022 ás 19:19

Coordenadas: 47°42′N 8°38′L / 47.700, -8.633

Modelo:Cidade

Schaffhausen (Alemán: Schaffhausen; Alemánico: Schafuuse; Francés: Schaffhouse; Italiano: Sciaffusa; Romanche: Schaffusa) é unha cidade e comuna do norte de Suíza e capital do cantón homónimo. Segundo datos de 2019, posúe unha poboación estimada de 36.500 habitantes. Está localizada ás beiras do Alto Rin e, xunto a Neuhausen am Rheinfall, Neunkirch e Stein am Rhein, é unha das catro cidades suízas situadas ó lado norte do río Rin.

O casco antigo conta con abondosos e fermosos edificios da época renacentista decorados con frescos exteriores e esculturas, así coma na antiga fortaleza do cantón, Munot. Schaffhausen é tamén un nó ferroviario das redes ferroviarias suíza e alemá. Unha das liñas conecta a cidade coas próximas fervenzas do Rin en Nauhausen am Rheinfall, que se clasifican entre as maiores fervenzas de Europa central.

A lingua oficial de Schaffhausen é o alemán, mais a lingua máis popular é a variante local do dialecto alemánico suízo alemán.

Nome

A cidade menciónase por primeira vez como Villa Scafhusun. Existen polo menos dúas teorías sobre a orixe deste nome:

  • Unha delas refírese á mención dun «vado» a través do Rin que aparece por primeira vez en 1050. En realidade, este «vado» pode referirse a unha scapha ou esquife, que se empregaba para desembarcar as mercadorías procedentes de Constanza para trasladalas polas fervenzas do Rin. O nome Scafhusun xurdiría entón da scapha empregada nese punto.[1]
  • Outra teoría é que Scafhusun provén de Schaf (ovella), xa que a cidade tiña como escudo de armas un carneiro, derivado do dos seus fundadores, os condes de Nellenburg.

Brasón

Sobre un fondo amarelo e un campo verde, no brasón do escudo de armas comunal, aparece a torre dun castelo branco cunha entrada pola que sae un carneiro negro.[2] As armas falantes refírense á segunda interpretación do nome, casa de ovellas.

Historia

Schaffhausen foi unha cidade-estado na Idade Media e, documentase, que acuñou as súas propias moedas a partir de 1045.[3] En 1050, os condes de Nellenburg fundaron o mosteiro bieito de Todos os Santos (Kloster Allerheiligen), que se converteu no centro da cidade. Pode que xa en 1190, mais certamente en 1208, era unha cidade libre imperial, mentres que o primeiro selo data do 1253. Os poderes do abade fóronse limitando paulatinamente e en 1277 o emperador Rodolfo I concedeulle á cidade unha carta de liberdades. En 1330, o emperador Luis IV comprometeuna cos Habsburgo. A principios do século XV, o poder dos Habsburgo sobre a cidade diminuíu. En 1411, os gremios gobernaban a cidade. Logo, en 1415, o duque dos Habsburgo Federico IV de Austria situouse ó lado do antipapa Xoán XXIII no concilio de Constanza, e foi expulsado polo emperador Sexismundo. Como consecuencia diso e da necesidade de diñeiro de Federico, Schaffhausen puido comprar a súa independencia dos Habsburgo en 1418. A cidade aliouse con seis dos Confederados Suízos en 1454 e con outros dous (Uri e Unterwalden) en 1479. Schaffhausen converteuse nun membro de pleno dereito da Antiga Confederación Suíza en 1501.

A reforma protestante adoptouse, inicialmente, en 1524 e completamente en 1529. A cidade sufriu graves danos durante a Guerra dos Trinta Anos polo paso das tropas suecas (protestantes) e bávaras (católicas) e a importantísima ponte foi queimada. Non foi ata principios do século XIX cando se retomou o detido crecemento industrial da cidade.[4] En 1857, a primeira ferrovía, o Rheinfallbahn, que partía de Winterthur, chegou a Schaffhausen.[5]

Fotografía aérea tomada por Walter Mittelholzer en 1919.

Schaffhausen atópase nun «dedo» de territorio suízo arrodeado por tres lados por Alemaña. O 1 de abril de 1944, a cidade sufriu un bombardeo aéreo por parte das Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos, que se desviaran do espazo aéreo alemán ata a Suíza neutral debido a erros de navegación. Como as sirenas de alarma xa sonaran en Schaffhausen con anterioridade, sen que houbese un ataque real, moitos residente ignoráronas aquel día. Un total de 40 civís faleceron no ataque. O presidente Franklin Delano Roosevelt enviou unha carta persoal de desculpa ó alcalde de Schaffhausen e Estados Unidos apresurouse a ofrecer catro millóns de dólares en reparacións.[6]

Xeografía

Schaffhausen é a cidade máis setentrional de Suíza e, xunto a Basilea, a pequena vila de Stein am Rhein, Neunkirch e Eglisau (Cantón de Zúric) é unha das poucas cidades suízas situadas ó norte do Alto Rin, río que serve, na súa gran maioría, como fronteira entre Suíza e Alemaña. Schaffhausen atópase ó sueste da cordilleira de Randen, na desembocadura do río Durach, que chega dende o norte.

O casco antigo conta con numerosos edificios renacentistas. Schaffhausen recibiu o apodo de ''Erkerstadt'' (cidade das xanelas saíntes) polas súas trescentas xanelas desta clase. Fóra das murallas orixinais, mais agora no centro da cidade debido á súa expansión, atópase o Munot, unha fortaleza do século XVI. Ó suroeste da cidade, ó saír da zona urbana, encóntrase o maior salto de auga da Europa central, as fervenzas do Rin. Dos 41,78 km2 da superficie comunal, o 19,9% está edificado (edificios, rúas e estradas), mentres que o 29,1% emprégase con fins agrícolas e o 51% son terreos cubertos por montes.[7]

En 1947 fusionouse coa antiga comuna de Buchthalen. A súa área agrandouse de novo en 1964 cando absorbeu Herblingen e por terceira vez en 2009 cando se uniu Hemmental á comuna.[8]

Schaffhausen comparte fronteira internacional coa localidade alemá de Büsingen am Hochrhein, un exclave totalmente arrodeado por Suíza.

Localidades veciñas

Dende a incorporación de Hemmental en 2009, a cidade limita con dez comunas do Cantón de Schaffhausen, con dúas do Cantón de Zúric e con Alemaña.

Barrios

A cidade de Schaffhausen consta dos seguintes barrios:

  • Altstadt/Rheinhalde
  • Steig
  • Urwerf/Mühlenen
  • Breite/Hohlenbaum
  • Sommerhalde/-wies
  • Hochstrasse/Geissberg
  • Mühlental/Birch
  • Schweizersbild/Mutzentäli
  • Emmersberg/Gruben
  • Buchthalen/Im Freien
  • Niklausen/Ebnat
  • Herblingen/Gennersbrunn
  • Hemmental

Distritos segundo a Oficina Federal de Estadística Suíza:

Distrito N.º Código BFS Habitantes a finais de 2015 Comentos
Distritos de Schaffhausen.
Rhein 1 2939001 3.866
Breite 2 2939002 7.859
Hochstrasse 3 2939003 7.859
Herblingen 4 2939004 5.145 Uniuse á comuna de Schaffhausen en 1964
Gruben 5 2939005 5.791
Buchthalen 6 2939006 4.682 Uniuse á comuna de Schaffhausen en 1947
Hemmental 7 2939007 599 Uniuse á comuna de Schaffhausen en 2009

Códigos postais

No sistema de códigos postais suízos, a Schaffhausen, outorgóuselle o número oito.

Código postal Distrito
8200 Schaffhausen
8201 Schaffhausen 1 Fächer
8202 Schaffhausen 2 Unterstadt
8203 Schaffhausen 3 Buchthalen
8204 Schaffhausen 4 Breite Fächer
8205 Schaffhausen 5 Hochstrasse
8206 Schaffhausen 6
8207 Schaffhausen 7 Herblingen
8208 Schaffhausen 8
8210 Schaffhausen 10 Pickpost
8231 Schaffhausen Hemmental

Clima

Schaffhausen situase ó bordo da meseta suíza, nunha zona de clima temperado. A cidade atópase á sombra da Selva Negra, Randen e Reiat. A Selva Negra, en particular, mantén afastados os ventos chuviosos do oeste.

A temperatura media anual (período 1991 - 2020) é de 9,9 °C, cas temperaturas medias mensuais máis frías en xaneiro con 0,7 °C, e cas máis cálidas en xullo con 19,3 °C. De media, pódense agardar uns 78 días de xeadas e neve. O mes máis chuvioso é xullo, durante o cal, Schaffhausen recibe unha media de 95 mm (3.7 in) de choiva. Ó transcurso deste mes, hai precipitacións durante unha media de 11,3 días. O mes máis seco do ano é febreiro, cunha media de 59 mm (2.3 in) de precipitacións durante 8,4 días.[9]

Datos climáticos para Schaffhausen (1991 - 2020)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 3,3 5,4 10,7 15,4 19,5 23,1 25,1 24,6 19,7 14,0 7,5 3,8 14,34
Media diaria en °C 0,7 1,7 5,8 9,9 14,0 17,6 19,3 18,8 14,5 9,8 4,7 1,5 9,86
Media mínima en °C −1,7 −1,6 1,5 4,7 8,9 12,4 14,1 13,9 10,2 6,4 2,1 −0,9 5,83
Precipitación media mm 72 60 64 68 100 95 103 95 72 77 73 86 965
Nevada media cm 17,6 17,1 5,6 0,8 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 5,1 11,0 57,2
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 10,2 8,7 10,0 9,4 11,3 10,9 11,4 10,8 8,9 10,5 9,9 11,1 123,1
Media de días con neve (≥ 1.0 cm) 5,1 5,3 2,2 3,6 0,6 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 1,7 4,2 22,7
Humidade relativa media (%) 84 79 72 66 69 69 69 72 78 84 86 86 76,2
Media de horas de sol mensuais 42 76 130 165 182 204 221 205 151 88 43 33 1 540
Porcentaxe de sol 19 31 42 46 46 50 54 55 47 31 18 16 37,9
Fonte: MeteoSchweiz (período 1991–2020)[10][11]

Cultura

Anverso dunha moeda conmemorativa do festival de tiro celebrado en Schaffhausen en 1865

A cidade vella presenta interesantes edificios renacentistas, decorados con frescos e esculturas exteriores, conservándose tamén a vella fortaleza medieval, o Munot, un torreón circular de magníficas proporcións. O mosteiro de Todos os Santos foi restaurado e acolle un museo dedicado á historia da vila e da contorna. Entre as súas construcións relixiosas cómpre salientar a igrexa de San Xoán, de estilo gótico.

Notas

  1. "Encyclopædia Britannica" (en inglés). 
  2. "Bandeiras do Mundo". Consultado o 22 de decembro do 2009. 
  3. "Encyclopædia Britannica.". 
  4. ""Schaffhausen (town)"". 
  5. "Canton Schaffhausen website-Numbers and facts". 
  6. "70th anniversary of mistaken US attack". 
  7. "Sandra Egger". 
  8. "Schaffhausen in German, French and Italian in the online Historical Dictionary of Switzerland.". 
  9. ""Climate normals Schaffhausen, Reference period 1981−2010"" (PDF). 
  10. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome MeteoSchweiz
  11. "Climate Normals Schaffhausen (Reference period 1991−2020)" (PDF). Swiss Federal Office of Meteorology and Climatology, MeteoSwiss. Consultado o 20 January 2022. 

Véxase tamén

Ligazóns externas