Schaffhausen: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
mSen resumo de edición |
||
Liña 33: | Liña 33: | ||
== Xeografía e clima == |
== Xeografía e clima == |
||
Schaffhausen é a cidade máis setentrional de [[Suíza]] e, xunto a [[Basilea]], a pequena vila de Stein am Rhein, Neunkirch e Eglisau <small>([[Cantón de Zürich|Cantón de Zúric]])</small> é unha das poucas cidades suízas situadas ó norte do Alto [[Río Rin|Rin]], río que serve, na súa gran maioría, como fronteira entre Suíza e [[Alemaña]]. Schaffhausen atópase ó sueste da cordilleira de Randen, na desembocadura do río Durach, que chega dende o norte. |
|||
O casco antigo conta con numerosos edificios [[Renacemento|renacentistas]]. Schaffhausen recibiu o apodo de ''<nowiki>''Erkerstadt''</nowiki>'' <small>(cidade das xanelas saíntes)</small> polas súas trescentas xanelas desta clase. Fóra das murallas orixinais, mais agora no centro da cidade debido á expansión, atópase o ''Munot'', unha fortaleza do [[século XVI]]. Ó suroeste da cidade, ó saír da zona urbana, encóntrase o maior salto de auga de [[Europa central]], as fervenzas do Rin. Dos 41,78 km<sup>2</sup> da superficie comunal, o 19,9% está edificado, mentres que o 29,1% emprégase con fins agrícolas e o 51% son terreos cubertos por montes.<ref>{{Cita web|url=https://sh.ch/CMS/Webseite/Kanton-Schaffhausen/Beh-rde/Verwaltung/Volkswirtschaftsdepartement/Wirtschaft--Statistik-und-Tourismus-3874-DE.html|título=Sandra Egger}}</ref> |
|||
=== Topografía === |
=== Topografía === |
Revisión como estaba o 24 de agosto de 2022 ás 17:18
Coordenadas: 47°42′N 8°38′L / 47.700, -8.633
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Schaffhausen (Alemán: Schaffhausen; Alemánico: Schafuuse; Francés: Schaffhouse; Italiano: Sciaffusa; Romanche: Schaffusa) é unha cidade e comuna do norte de Suíza e capital do cantón homónimo. Segundo datos de 2019, posúe unha poboación estimada de 36.500 habitantes. Está localizada ás beiras do Alto Rin e, xunto a Neuhausen am Rheinfall, Neunkirch e Stein am Rhein, é unha das catro cidades suízas situadas ó lado norte do río Rin.
O casco antigo conta con abondosos e fermosos edificios da época renacentista decorados con frescos exteriores e esculturas, así coma na antiga fortaleza do cantón, Munot. Schaffhausen é tamén un nó ferroviario das redes ferroviarias suíza e alemá. Unha das liñas conecta a cidade coas próximas fervenzas do Rin en Nauhausen am Rheinfall, que se clasifican entre as maiores fervenzas de Europa central.
A lingua oficial de Schaffhausen é o alemán, mais a lingua máis popular é a variante local do dialecto alemánico suízo alemán.
Nome
A cidade menciónase por primeira vez como Villa Scafhusun. Existen polo menos dúas teorías sobre a orixe deste nome:
- Unha delas refírese á mención dun «vado» a través do Rin que aparece por primeira vez en 1050. En realidade, este «vado» pode referirse a unha scapha ou esquife, que se empregaba para desembarcar as mercadorías procedentes de Constanza para trasladalas polas fervenzas do Rin. O nome Scafhusun xurdiría entón da scapha empregada nese punto.[1]
- Outra teoría é que Scafhusun provén de Schaf (ovella), xa que a cidade tiña como escudo de armas un carneiro, derivado do dos seus fundadores, os condes de Nellenburg.
Brasón
Sobre un fondo amarelo e un campo verde, no brasón do escudo de armas comunal, aparece a torre dun castelo branco cunha entrada pola que sae un carneiro negro.[2] As armas falantes refírense á segunda interpretación do nome, casa de ovellas.
Historia
Schaffhausen foi unha cidade-estado na Idade Media e, documentase, que acuñou as súas propias moedas a partir de 1045.[3] En 1050, os condes de Nellenburg fundaron o mosteiro bieito de Todos os Santos (Kloster Allerheiligen), que se converteu no centro da cidade. Pode que xa en 1190, mais certamente en 1208, era unha cidade libre imperial, mentres que o primeiro selo data do 1253. Os poderes do abade fóronse limitando paulatinamente e en 1277 o emperador Rodolfo I concedeulle á cidade unha carta de liberdades. En 1330, o emperador Luis IV comprometeuna cos Habsburgo. A principios do século XV, o poder dos Habsburgo sobre a cidade diminuíu. En 1411, os gremios gobernaban a cidade. Logo, en 1415, o duque dos Habsburgo Federico IV de Austria situouse ó lado do antipapa Xoán XXIII no concilio de Constanza, e foi expulsado polo emperador Sexismundo. Como consecuencia diso e da necesidade de diñeiro de Federico, Schaffhausen puido comprar a súa independencia dos Habsburgo en 1418. A cidade aliouse con seis dos Confederados Suízos en 1454 e con outros dous (Uri e Unterwalden) en 1479. Schaffhausen converteuse nun membro de pleno dereito da Antiga Confederación Suíza en 1501.
A reforma protestante adoptouse, inicialmente, en 1524 e completamente en 1529. A cidade sufriu graves danos durante a Guerra dos Trinta Anos polo paso das tropas suecas (protestantes) e bávaras (católicas) e a importantísima ponte foi queimada. Non foi ata principios do século XIX cando se retomou o detido crecemento industrial da cidade.[4] En 1857, a primeira ferrovía, o Rheinfallbahn, que partía de Winterthur, chegou a Schaffhausen.[5]
Schaffhausen atópase nun «dedo» de territorio suízo arrodeado por tres lados por Alemaña. O 1 de abril de 1944, a cidade sufriu un bombardeo aéreo por parte das Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos, que se desviaran do espazo aéreo alemán ata a Suíza neutral debido a erros de navegación. Como as sirenas de alarma xa sonaran en Schaffhausen con anterioridade, sen que houbese un ataque real, moitos residente ignoráronas aquel día. Un total de 40 civís faleceron no ataque. O presidente Franklin Delano Roosevelt enviou unha carta persoal de desculpa ó alcalde de Schaffhausen e Estados Unidos apresurouse a ofrecer catro millóns de dólares en reparacións.[6]
Xeografía e clima
Schaffhausen é a cidade máis setentrional de Suíza e, xunto a Basilea, a pequena vila de Stein am Rhein, Neunkirch e Eglisau (Cantón de Zúric) é unha das poucas cidades suízas situadas ó norte do Alto Rin, río que serve, na súa gran maioría, como fronteira entre Suíza e Alemaña. Schaffhausen atópase ó sueste da cordilleira de Randen, na desembocadura do río Durach, que chega dende o norte.
O casco antigo conta con numerosos edificios renacentistas. Schaffhausen recibiu o apodo de ''Erkerstadt'' (cidade das xanelas saíntes) polas súas trescentas xanelas desta clase. Fóra das murallas orixinais, mais agora no centro da cidade debido á expansión, atópase o Munot, unha fortaleza do século XVI. Ó suroeste da cidade, ó saír da zona urbana, encóntrase o maior salto de auga de Europa central, as fervenzas do Rin. Dos 41,78 km2 da superficie comunal, o 19,9% está edificado, mentres que o 29,1% emprégase con fins agrícolas e o 51% son terreos cubertos por montes.[7]
Topografía
A cidade de Schaffhausen atópase ás beiras do Rin, ó lado dereito do río. Ten unha superficie de 41,78 km2 (16.16 sq mi)[8]. Desta superficie, aproximadamente o 20% emprégase con fins agrícolas, mentres que o 53,4% está cuberto por montes. Canto ó resto dos terreos, un 24,8% está edificado (edificios, rúas e estradas) e o 1,6% son terras improdutivas. Nas dúas últimas décadas (1979/85 - 2004/09), a cantidade de terreo edificado aumentou en 95 hectáreas e os terreos agrícolas diminuíron en 117 hectáreas.[9]
En 1947 fusionouse coa antiga comuna de Buchthalen. A súa área agrandouse de novo en 1964 cando absorbeu Herblingen e por terceira vez en 2009 cando se uniu Hemmental á comuna.[10]
Schaffhausen comparte fronteira internacional coa localidade alemá de Büsingen am Hochrhein, un exclave alemán totalmente arrodeado por Suíza.
Clima
Schaffhausen ten unha media de 122,5 días de choiva ou neve anuais e recibe unha media de 907 mm (35.7 in) de precipitacións. O mes máis chuvioso é xullo, durante o cal, Schaffhausen recibe unha media de 95 mm (3.7 in) de choiva. Ó transcurso deste mes, hai precipitacións durante unha media de 11,3 días. O mes máis seco do ano é febreiro, cunha media de 59 mm (2.3 in) de precipitacións durante 8,4 días.[11]
Datos climáticos para Schaffhausen (1991 - 2010) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Media máxima en °C | 3,3 | 5,4 | 10,7 | 15,4 | 19,5 | 23,1 | 25,1 | 24,6 | 19,7 | 14,0 | 7,5 | 3,8 | 14,34 |
Media diaria en °C | 0,7 | 1,7 | 5,8 | 9,9 | 14,0 | 17,6 | 19,3 | 18,8 | 14,5 | 9,8 | 4,7 | 1,5 | 9,86 |
Media mínima en °C | −1,7 | −1,6 | 1,5 | 4,7 | 8,9 | 12,4 | 14,1 | 13,9 | 10,2 | 6,4 | 2,1 | −0,9 | 5,83 |
Precipitación media mm | 72 | 60 | 64 | 68 | 100 | 95 | 103 | 95 | 72 | 77 | 73 | 86 | 965 |
Nevada media cm | 17,6 | 17,1 | 5,6 | 0,8 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 5,1 | 11,0 | 57,2 |
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) | 10,2 | 8,7 | 10,0 | 9,4 | 11,3 | 10,9 | 11,4 | 10,8 | 8,9 | 10,5 | 9,9 | 11,1 | 123,1 |
Media de días con neve (≥ 1.0 cm) | 5,1 | 5,3 | 2,2 | 3,6 | 0,6 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 1,7 | 4,2 | 22,7 |
Humidade relativa media (%) | 84 | 79 | 72 | 66 | 69 | 69 | 69 | 72 | 78 | 84 | 86 | 86 | 76,2 |
Media de horas de sol mensuais | 42 | 76 | 130 | 165 | 182 | 204 | 221 | 205 | 151 | 88 | 43 | 33 | 1 540 |
Porcentaxe de sol | 19 | 31 | 42 | 46 | 46 | 50 | 54 | 55 | 47 | 31 | 18 | 16 | 37,9 |
Fonte: MeteoSchweiz (snow 1981–2010)[12][13] |
Cultura
A cidade vella presenta interesantes edificios renacentistas, decorados con frescos e esculturas exteriores, conservándose tamén a vella fortaleza medieval, o Munot, un torreón circular de magníficas proporcións. O mosteiro de Todos os Santos foi restaurado e acolle un museo dedicado á historia da vila e da contorna. Entre as súas construcións relixiosas cómpre salientar a igrexa de San Xoán, de estilo gótico.
Notas
- ↑ "Encyclopædia Britannica" (en inglés).
- ↑ "Bandeiras do Mundo". Consultado o 22 de decembro do 2009.
- ↑ "Encyclopædia Britannica.".
- ↑ ""Schaffhausen (town)"".
- ↑ "Canton Schaffhausen website-Numbers and facts".
- ↑ "70th anniversary of mistaken US attack".
- ↑ "Sandra Egger".
- ↑ "Arealstatistik Standard - Gemeindedaten nach 4 Hauptbereichen".
- ↑ "Swiss Federal Statistical Office - Regional portraits". Falta a
|url=
(Axuda) - ↑ "Schaffhausen in German, French and Italian in the online Historical Dictionary of Switzerland.".
- ↑ ""Climate normals Schaffhausen, Reference period 1981−2010"" (PDF).
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomeMeteoSchweiz
- ↑ "Climate Normals Schaffhausen (Reference period 1991−2020)" (PDF). Swiss Federal Office of Meteorology and Climatology, MeteoSwiss. Consultado o 20 January 2022.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Schaffhausen |