Schaffhausen: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
WiGali (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
WiGali (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:
|caption=
|caption=
|width=300
|width=300
}}|bandeirapaís=|país=[[Suíza]]|división 1=[[Cantóns de Suíza|Cantón]]|nome división 1=[[Cantón de Schaffhausen|Schaffhausen]]|imaxe=Fronwagplatz Schaffhausen. Img 1.jpg|pé=A praza Fronwag, no centro da cidade.|nome_local2=Schafuuse - Schaffhouse|nome_local3=Sciaffusa - Schaffusa|superficie=41,78|densidade=865 hab./km²|altitude=403|poboación=36.587 hab. ''(2019)''|cor_fondo=#000000|código postal=8200, 8203, 8207, 8208, 8231 Hemmental|xentilicio=escafusano, escafusana|escudo=Wappen_Schaffhausen.png|división 2=Distrito|nome división 2=''(Ningún no cantón de Schaffhausen)''|sitio web=www.stadt-schaffhausen.ch}}
}}|bandeirapaís=|país=[[Suíza]]|división 1=[[Cantóns de Suíza|Cantón]]|nome división 1=[[Cantón de Schaffhausen|Schaffhausen]]|imaxe=Fronwagplatz Schaffhausen. Img 1.jpg|pé=A praza Fronwag, no centro da cidade.|nome_local2=Schafuuse - Schaffhouse|nome_local3=Sciaffusa - Schaffusa|superficie=41,78|densidade=865 hab./km²|altitude=403|poboación=36.587 hab. ''(2019)''|cor_fondo=#2B2C2D|código postal=8200, 8203, 8207, 8208, 8231 Hemmental|xentilicio=escafusano, escafusana|escudo=Wappen_Schaffhausen.png|división 2=Distrito|nome división 2=''(Ningún no cantón de Schaffhausen)''|sitio web=www.stadt-schaffhausen.ch}}


'''Schaffhausen''' ([[Lingua alemá|<small>Alemán</small>]]: ''Schaffhausen''; <small>[[Alemánico]]</small>: ''Schafuuse''; <small>[[Lingua francesa|Francés]]</small>: ''Schaffhouse''; <small>[[Lingua italiana|Italiano]]</small>: ''Sciaffusa''; <small>[[Lingua romanche|Romanche]]</small>: ''Schaffusa'') é unha cidade e comuna do norte de [[Suíza]] e capital do [[Cantón de Schaffhausen|cantón homónimo]]. Segundo datos de 2019, posúe unha poboación estimada de 36.500 habitantes. Está localizada ás beiras do Alto [[Río Rin|Rin]] e, xunto a Neuhausen am Rheinfall, Neunkirch e Stein am Rhein, é unha das catro cidades suízas situadas ó lado norte do río Rin.
'''Schaffhausen''' ([[Lingua alemá|<small>Alemán</small>]]: ''Schaffhausen''; <small>[[Alemánico]]</small>: ''Schafuuse''; <small>[[Lingua francesa|Francés]]</small>: ''Schaffhouse''; <small>[[Lingua italiana|Italiano]]</small>: ''Sciaffusa''; <small>[[Lingua romanche|Romanche]]</small>: ''Schaffusa'') é unha cidade e comuna do norte de [[Suíza]] e capital do [[Cantón de Schaffhausen|cantón homónimo]]. Segundo datos de 2019, posúe unha poboación estimada de 36.500 habitantes. Está localizada ás beiras do Alto [[Río Rin|Rin]] e, xunto a Neuhausen am Rheinfall, Neunkirch e Stein am Rhein, é unha das catro cidades suízas situadas ó lado norte do río Rin.

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2022 ás 16:15

Coordenadas: 47°42′N 8°38′L / 47.700, -8.633

Modelo:Cidade

Schaffhausen (Alemán: Schaffhausen; Alemánico: Schafuuse; Francés: Schaffhouse; Italiano: Sciaffusa; Romanche: Schaffusa) é unha cidade e comuna do norte de Suíza e capital do cantón homónimo. Segundo datos de 2019, posúe unha poboación estimada de 36.500 habitantes. Está localizada ás beiras do Alto Rin e, xunto a Neuhausen am Rheinfall, Neunkirch e Stein am Rhein, é unha das catro cidades suízas situadas ó lado norte do río Rin.

O casco antigo conta con abondosos e fermosos edificios da época renacentista decorados con frescos exteriores e esculturas, así coma na antiga fortaleza do cantón, Munot. Schaffhausen é tamén un nó ferroviario das redes ferroviarias suíza e alemá. Unha das liñas conecta a cidade coas próximas fervenzas do Rin en Nauhausen am Rheinfall, que se clasifican entre as maiores fervenzas de Europa central.

A lingua oficial de Schaffhausen é o alemán, mais a lingua máis popular é a variante local do dialecto alemánico suízo alemán.

Nome

A cidade menciónase por primeira vez como Villa Scafhusun. Existen polo menos dúas teorías sobre a orixe deste nome:

  • Unha delas refírese á mención dun «vado» a través do Rin que aparece por primeira vez en 1050. En realidade, este «vado» pode referirse a unha scapha ou esquife, que se empregaba para desembarcar as mercancías procedentes de Constanza para trasladalas polas fervenzas do Rin. O nome Scafhusun xurdiría entón da scapha empregada nese punto.[1]
  • Outra teoría é que Scafhusun provén de Schaf (ovella), xa que a cidade tiña como escudo de armas un carneiro, derivado do dos seus fundadores, os condes de Nellenburg.

Brasón

Sobre un fondo amarelo e un campo verde, no brasón do escudo de armas comunal, aparece a torre dun castelo branco cunha entrada pola que sae un carneiro negro.[2] As armas falantes refírense á segunda interpretación do nome, casa de ovellas.

Historia

Schaffhausen foi unha cidade-estado na Idade Media e, documentase, que acuñou as súas propias moedas a partir de 1045.[3] En 1050, os condes de Nellenburg fundaron o mosteiro bieito de Todos os Santos (Kloster Allerheiligen), que se converteu no centro da cidade. Pode que xa en 1190, mais certamente en 1208, era unha cidade libre imperial, mentres que o primeiro selo data do 1253. Os poderes do abade fóronse limitando paulatinamente e en 1277 o emperador Rodolfo I concedeulle á cidade unha carta de liberdades. En 1330, o emperador Luis IV comprometeuna cos Habsburgo. A principios do século XV, o poder dos Habsburgo sobre a cidade diminuíu.

Xeografía e clima

Topografía

A cidade de Schaffhausen atópase ás beiras do Rin, ó lado dereito do río. Ten unha superficie de 41,78 km2 (16.16 sq mi)[4]. Desta superficie, aproximadamente o 20% emprégase con fins agrícolas, mentres que o 53,4% está cuberto por montes. Canto ó resto dos terreos, un 24,8% está edificado (edificios, rúas e estradas) e o 1,6% son terras improdutivas. Nas dúas últimas décadas (1979/85 - 2004/09), a cantidade de terreo edificado aumentou en 95 hectáreas e os terreos agrícolas diminuíron en 117 hectáreas.[5]

En 1947 fusionouse coa antiga comuna de Buchthalen. A súa área agrandouse de novo en 1964 cando absorbeu Herblingen e por terceira vez en 2009 cando se uniu Hemmental á comuna.[6]

Schaffhausen comparte fronteira internacional coa localidade alemá de Büsingen am Hochrhein, un exclave alemán totalmente arrodeado por Suíza.

Clima

Schaffhausen ten unha media de 122,5 días de choiva ou neve anuais e recibe unha media de 907 mm (35.7 in) de precipitacións. O mes máis chuvioso é xullo, durante o cal, Schaffhausen recibe unha media de 95 mm (3.7 in) de choiva. Ó transcurso deste mes, hai precipitacións durante unha media de 11,3 días. O mes máis seco do ano é febreiro, cunha media de 59 mm (2.3 in) de precipitacións durante 8,4 días.[7]

Datos climáticos para Schaffhausen (1991 - 2010)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 3,3 5,4 10,7 15,4 19,5 23,1 25,1 24,6 19,7 14,0 7,5 3,8 14,34
Media diaria en °C 0,7 1,7 5,8 9,9 14,0 17,6 19,3 18,8 14,5 9,8 4,7 1,5 9,86
Media mínima en °C −1,7 −1,6 1,5 4,7 8,9 12,4 14,1 13,9 10,2 6,4 2,1 −0,9 5,83
Precipitación media mm 72 60 64 68 100 95 103 95 72 77 73 86 965
Nevada media cm 17,6 17,1 5,6 0,8 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 5,1 11,0 57,2
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 10,2 8,7 10,0 9,4 11,3 10,9 11,4 10,8 8,9 10,5 9,9 11,1 123,1
Media de días con neve (≥ 1.0 cm) 5,1 5,3 2,2 3,6 0,6 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 1,7 4,2 22,7
Humidade relativa media (%) 84 79 72 66 69 69 69 72 78 84 86 86 76,2
Media de horas de sol mensuais 42 76 130 165 182 204 221 205 151 88 43 33 1 540
Porcentaxe de sol 19 31 42 46 46 50 54 55 47 31 18 16 37,9
Fonte: MeteoSchweiz (snow 1981–2010)[8][9]

Cultura

Anverso dunha moeda conmemorativa do festival de tiro celebrado en Schaffhausen en 1865

A cidade vella presenta interesantes edificios renacentistas, decorados con frescos e esculturas exteriores, conservándose tamén a vella fortaleza medieval, o Munot, un torreón circular de magníficas proporcións. O mosteiro de Todos os Santos foi restaurado e acolle un museo dedicado á historia da vila e da contorna. Entre as súas construcións relixiosas cómpre salientar a igrexa de San Xoán, de estilo gótico.

Notas

  1. "Encyclopædia Britannica" (en inglés). 
  2. "Bandeiras do Mundo". Consultado o 22 de decembro do 2009. 
  3. "Encyclopædia Britannica.". 
  4. "Arealstatistik Standard - Gemeindedaten nach 4 Hauptbereichen". 
  5. "Swiss Federal Statistical Office - Regional portraits".  Falta a |url= (Axuda)
  6. "Schaffhausen in German, French and Italian in the online Historical Dictionary of Switzerland.". 
  7. ""Climate normals Schaffhausen, Reference period 1981−2010"" (PDF). 
  8. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome MeteoSchweiz
  9. "Climate Normals Schaffhausen (Reference period 1991−2020)" (PDF). Swiss Federal Office of Meteorology and Climatology, MeteoSwiss. Consultado o 20 January 2022. 

Véxase tamén

Ligazóns externas