Schaffhausen: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
WiGali (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
WiGali (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:
|caption=
|caption=
|width=300
|width=300
}}|bandeirapaís=|país=[[Suíza]]|división 1=[[Cantóns de Suíza|Cantón]]|nome división 1=[[Cantón de Schaffhausen|Schaffhausen]]|imaxe=Fronwagplatz Schaffhausen. Img 2.jpg|pé=Praza de Fronwag no centro da cidade.|nome_local2=Schafuuse - Schaffhouse|nome_local3=Sciaffusa - Schaffusa|superficie=41,78|densidade=865/km²|altitude=403|poboación=36.587 hab. ''(2019)''|cor_fondo=#CAC7C7|código postal=8200, 8203, 8207, 8208, 8231 Hemmental|xentilicio=escafusano, escafusana|escudo=Wappen_Schaffhausen.png|división 2=Distrito|nome división 2=''(Ningún no cantón de Schaffhausen)''|sitio web=www.stadt-schaffhausen.ch}}
}}|bandeirapaís=|país=[[Suíza]]|división 1=[[Cantóns de Suíza|Cantón]]|nome división 1=[[Cantón de Schaffhausen|Schaffhausen]]|imaxe=Fronwagplatz Schaffhausen. Img 2.jpg|pé=Praza de Fronwag no centro da cidade.|nome_local2=Schafuuse - Schaffhouse|nome_local3=Sciaffusa - Schaffusa|superficie=41,78|densidade=865 hab./km²|altitude=403|poboación=36.587 hab. ''(2019)''|cor_fondo=#CAC7C7|código postal=8200, 8203, 8207, 8208, 8231 Hemmental|xentilicio=escafusano, escafusana|escudo=Wappen_Schaffhausen.png|división 2=Distrito|nome división 2=''(Ningún no cantón de Schaffhausen)''|sitio web=www.stadt-schaffhausen.ch}}


'''Schaffhausen''' ([[Lingua alemá|<small>Alemán</small>]]: ''Schaffhausen''; <small>[[Alemánico]]</small>: ''Schafuuse''; <small>[[Lingua francesa|Francés]]</small>: ''Schaffhouse''; <small>[[Lingua italiana|Italiano]]</small>: ''Sciaffusa''; <small>[[Lingua romanche|Romanche]]</small>: ''Schaffusa'') é unha cidade e comuna do norte de [[Suíza]] e capital do [[Cantón de Schaffhausen|cantón homónimo]]. Segundo datos de 2016, posúe unha poboación estimada de 36.100 habitantes. Está localizada ás beiras do Alto [[Río Rin|Rin]] e, xunto a Neuhausen am Rheinfall, Neunkirch e Stein am Rhein, é unha das catro cidades suízas situadas ó lado norte do río Rin.
'''Schaffhausen''' ([[Lingua alemá|<small>Alemán</small>]]: ''Schaffhausen''; <small>[[Alemánico]]</small>: ''Schafuuse''; <small>[[Lingua francesa|Francés]]</small>: ''Schaffhouse''; <small>[[Lingua italiana|Italiano]]</small>: ''Sciaffusa''; <small>[[Lingua romanche|Romanche]]</small>: ''Schaffusa'') é unha cidade e comuna do norte de [[Suíza]] e capital do [[Cantón de Schaffhausen|cantón homónimo]]. Segundo datos de 2016, posúe unha poboación estimada de 36.100 habitantes. Está localizada ás beiras do Alto [[Río Rin|Rin]] e, xunto a Neuhausen am Rheinfall, Neunkirch e Stein am Rhein, é unha das catro cidades suízas situadas ó lado norte do río Rin.
Liña 24: Liña 24:
=== Brasón ===
=== Brasón ===
Sobre un fondo amarelo e un campo verde, no brasón do escudo de armas comunal, aparece a torre dun castelo branco cunha entrada pola que sae un carneiro negro.<ref>{{Cita web|url=https://www.fotw.us/flags/ch-sh023.html|título=Bandeiras do Mundo|data-acceso=22 de decembro do 2009}}</ref> As [[armas falantes]] refírense á segunda interpretación do nome, casa de ovellas.
Sobre un fondo amarelo e un campo verde, no brasón do escudo de armas comunal, aparece a torre dun castelo branco cunha entrada pola que sae un carneiro negro.<ref>{{Cita web|url=https://www.fotw.us/flags/ch-sh023.html|título=Bandeiras do Mundo|data-acceso=22 de decembro do 2009}}</ref> As [[armas falantes]] refírense á segunda interpretación do nome, casa de ovellas.

== Xeografía==
A xeografía da cidade de Schaffhausen está marcada pola proximidade do [[río Rhin]] e a de Alemaña. Moi preto dela están as [[fervenzas do Rhin]], en [[Neuhausen am Rheinfall]], que cos seus 150 m de ancho e 23 de alto son das máis grandes de [[Europa]] e constitúen un dos principais atractivos turísticos de toda Suíza.


== Historia==
== Historia==
Liña 37: Liña 34:


O 1 de xaneiro de 2009 absorbeu o veciño concello de Hemmental.
O 1 de xaneiro de 2009 absorbeu o veciño concello de Hemmental.

== Xeografía e clima ==

=== Topografía ===
A cidade de Schaffhausen atópase ás beiras do [[Río Rin|Rin]], ó lado dereito do río. Ten unha superficie de 41,78 km<sup>2</sup> (<small>16.16 sq mi</small>)<ref>{{Cita web|url=https://www.bfs.admin.ch/bfs/de/home/statistiken/raum-umwelt/bodennutzung-bedeckung/gesamtspektrum-regionalen-stufen/gemeinden.html|título=Arealstatistik Standard - Gemeindedaten nach 4 Hauptbereichen}}</ref>. Desta superficie, aproximadamente o 20% emprégase con fins agrícolas, mentres que o 53,4% está cuberto por montes. Canto ó resto dos terreos, un 24,8% está edificado (<small>edificios, rúas e estradas</small>) e o 1,6% son terras improdutivas. Nas dúas últimas décadas (<small>1979/85 - 2004/09</small>), a cantidade de terreo edificado aumentou en 95 hectáreas e os terreos agrícolas diminuíron en 117 hectáreas.<ref>{{Cita web|url=Swiss Federal Statistical Office - Regional portraits|título=Swiss Federal Statistical Office - Regional portraits}}</ref>

En 1947 fusionouse coa antiga comuna de Buchthalen. A súa área agrandouse de novo en 1964 cando absorbeu Herblingen e por terceira vez en 2009 cando se uniu Hemmental á comuna.<ref>{{Cita web|url=https://hls-dhs-dss.ch/de/articles/001281/2015-07-31/|título=Schaffhausen in German, French and Italian in the online Historical Dictionary of Switzerland.}}</ref>

Schaffhausen comparte fronteira internacional coa localidade alemá de Büsingen am Hochrhein, un exclave totalmente arrodeado por Suíza.


== Cultura==
== Cultura==

Revisión como estaba o 21 de agosto de 2022 ás 17:26

Coordenadas: 47°42′N 8°38′L / 47.700, -8.633

Modelo:Cidade

Schaffhausen (Alemán: Schaffhausen; Alemánico: Schafuuse; Francés: Schaffhouse; Italiano: Sciaffusa; Romanche: Schaffusa) é unha cidade e comuna do norte de Suíza e capital do cantón homónimo. Segundo datos de 2016, posúe unha poboación estimada de 36.100 habitantes. Está localizada ás beiras do Alto Rin e, xunto a Neuhausen am Rheinfall, Neunkirch e Stein am Rhein, é unha das catro cidades suízas situadas ó lado norte do río Rin.

O casco antigo conta con abondosos e fermosos edificios da época renacentista decorados con frescos exteriores e esculturas, así coma na antiga fortaleza do cantón, Munot. Schaffhausen é tamén un nó ferroviario das redes ferroviarias suíza e alemá. Unha das líneas conecta a cidade coas próximas fervenzas do Rin en Nauhausen am Rheinfall, que se clasifican entre as maiores fervenzas de Europa central.

A lingua oficial de Schaffhausen é o alemán, mais a lingua máis popular é a variante local do dialecto alemánico suízo alemán.

Nome

A cidade menciónase por primeira vez como Villa Scafhusun. Existen polo menos dúas teorías sobre a orixe deste nome:

  • Unha delas refírese á mención dun «vado» a través do Rin que aparece por primeira vez en 1050. En realidade, este «vado» pode referirse a unha scapha ou esquife, que se empregaba para desembarcar as mercancías procedentes de Constanza para trasladalas polas fervenzas do Rin. O nome Scafhusun xurdiría entón da scapha empregada nese punto.[1]
  • Outra teoría é que Scafhusun provén de Schaf (ovella), xa que a cidade tiña como escudo de armas un carneiro, derivado do dos seus fundadores, os condes de Nellenburg.

Brasón

Sobre un fondo amarelo e un campo verde, no brasón do escudo de armas comunal, aparece a torre dun castelo branco cunha entrada pola que sae un carneiro negro.[2] As armas falantes refírense á segunda interpretación do nome, casa de ovellas.

Historia

Fervenzas do Rin.

Foi cidade-estado na Idade Media, estando documentada a existencia de moedas propias cara ao ano 1045. Cinco anos máis tarde foi fundado o mosteiro bieito de Todos os Santos, que chegou a ser o centro da vila. Posteriormente conseguiu o status de cidade imperial libre do Sacro Imperio Romano Xermánico, para logo ser sometida polos Habsburgo, mercando a súa liberdade ao Imperio Austríaco en 1418.

En 1501 ingresou na Antiga Confederación Suíza. A Reforma protestante callou na poboación en 1529. Foi destruída durante a Guerra dos Trinta Anos, ao ser escenario das hostilidades entre o exército do Imperio Sueco (católico) e as tropas bávaras (protestantes), interesadas na posición estratéxica da cidade, durante as cales foi incendiada unha ponte moi importante para a mesma.

A industrialización non chegou ata o século XIX co desenvolvemento de industrias de procesado do algodón. Malia a neutralidade suíza durante a segunda guerra mundial, Schaffhausen foi bombardeada pola aviación estadounidense o 1 de abril de 1944, falecendo un cento de civís. Os norteamericanos alegaron un erro no sistema de navegación dos aparellos.

O 1 de xaneiro de 2009 absorbeu o veciño concello de Hemmental.

Xeografía e clima

Topografía

A cidade de Schaffhausen atópase ás beiras do Rin, ó lado dereito do río. Ten unha superficie de 41,78 km2 (16.16 sq mi)[3]. Desta superficie, aproximadamente o 20% emprégase con fins agrícolas, mentres que o 53,4% está cuberto por montes. Canto ó resto dos terreos, un 24,8% está edificado (edificios, rúas e estradas) e o 1,6% son terras improdutivas. Nas dúas últimas décadas (1979/85 - 2004/09), a cantidade de terreo edificado aumentou en 95 hectáreas e os terreos agrícolas diminuíron en 117 hectáreas.[4]

En 1947 fusionouse coa antiga comuna de Buchthalen. A súa área agrandouse de novo en 1964 cando absorbeu Herblingen e por terceira vez en 2009 cando se uniu Hemmental á comuna.[5]

Schaffhausen comparte fronteira internacional coa localidade alemá de Büsingen am Hochrhein, un exclave totalmente arrodeado por Suíza.

Cultura

Anverso dunha moeda conmemorativa do festival de tiro celebrado en Schaffhausen en 1865

A cidade vella presenta interesantes edificios renacentistas, decorados con frescos e esculturas exteriores, conservándose tamén a vella fortaleza medieval, o Munot, un torreón circular de magníficas proporcións. O mosteiro de Todos os Santos foi restaurado e acolle un museo adicado á historia da vila e da contorna. Entre as súas construcións relixiosas cómpre salientar a igrexa de San Xoán, de estilo gótico.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  1. "Encyclopædia Britannica" (en inglés). 
  2. "Bandeiras do Mundo". Consultado o 22 de decembro do 2009. 
  3. "Arealstatistik Standard - Gemeindedaten nach 4 Hauptbereichen". 
  4. [Swiss Federal Statistical Office - Regional portraits "Swiss Federal Statistical Office - Regional portraits"] |url= incorrecto (Axuda). 
  5. "Schaffhausen in German, French and Italian in the online Historical Dictionary of Switzerland.".