Schaffhausen: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
WiGali (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
WiGali (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 35: Liña 35:


=== Brasón ===
=== Brasón ===
Sobre un fondo amarelo e un campo verde, no brasón do escudo de armas comunal, aparece unha torre dun castelo branco cunha entrada pola que sae un carneiro negro.<ref>{{Cita web|url=https://www.fotw.us/flags/ch-sh023.html|título=Bandeiras do Mundo|data-acceso=22 de decembro do 2009}}</ref> As [[armas falantes]] refírense á segunda interpretación do nome, casa de ovellas.
Sobre un fondo amarelo e un campo verde, no brasón do escudo de armas comunal, aparece a torre dun castelo branco cunha entrada pola que sae un carneiro negro.<ref>{{Cita web|url=https://www.fotw.us/flags/ch-sh023.html|título=Bandeiras do Mundo|data-acceso=22 de decembro do 2009}}</ref> As [[armas falantes]] refírense á segunda interpretación do nome, casa de ovellas.


== Xeografía==
== Xeografía==

Revisión como estaba o 21 de agosto de 2022 ás 13:53

Coordenadas: 47°42′N 8°38′L / 47.700, -8.633

Modelo:Cidade de Suíza Schaffhausen (Alemán: Schaffhausen; Alemánico: Schafuuse; Francés: Schaffhouse; Italiano: Sciaffusa; Romanche: Schaffusa) é unha cidade e comuna do norte de Suíza e capital do cantón homónimo. Segundo datos de 2016, posúe unha poboación estimada de 36.100 habitantes. Está localizada ás beiras do Alto Rin e, xunto a Neuhausen am Rheinfall, Neunkirch e Stein am Rhein, é unha das catro cidades suízas situadas ó lado norte do río Rin.

O casco antigo conta con abondosos e fermosos edificios da época renacentista decorados con frescos exteriores e esculturas, así coma na antiga fortaleza do cantón, Munot. Schaffhausen é tamén un nó ferroviario das redes ferroviarias suíza e alemá. Unha das líneas conecta a cidade coas próximas fervenzas do Rin en Nauhausen am Rheinfall, que se clasifican entre as maiores fervenzas de Europa central.

A lingua oficial de Schaffhausen é o alemán, mais a lingua máis popular é a variante local do dialecto alemánico suízo alemán.

Nome

A cidade menciónase por primeira vez como Villa Scafhusun. Existen polo menos dúas teorías sobre a orixe deste nome:

  • Unha delas refírese á mención dun «vado» a través do Rin que aparece por primeira vez en 1050. En realidade, este «vado» pode referirse a unha scapha ou esquife, que se empregaba para desembarcar as mercancías procedentes de Constanza para trasladalas polas fervenzas do Rin. O nome Scafhusun xurdiría entón da scapha empregada nese punto.[1]
  • Outra teoría é que Scafhusun provén de Schaf (ovella), xa que a cidade tiña como escudo de armas un carneiro, derivado do dos seus fundadores, os condes de Nellenburg.

Brasón

Sobre un fondo amarelo e un campo verde, no brasón do escudo de armas comunal, aparece a torre dun castelo branco cunha entrada pola que sae un carneiro negro.[2] As armas falantes refírense á segunda interpretación do nome, casa de ovellas.

Xeografía

A xeografía da cidade de Schaffhausen está marcada pola proximidade do río Rhin e a de Alemaña. Moi preto dela están as fervenzas do Rhin, en Neuhausen am Rheinfall, que cos seus 150 m de ancho e 23 de alto son das máis grandes de Europa e constitúen un dos principais atractivos turísticos de toda Suíza.

Historia

Fervenzas do Rin.

Foi cidade-estado na Idade Media, estando documentada a existencia de moedas propias cara ao ano 1045. Cinco anos máis tarde foi fundado o mosteiro bieito de Todos os Santos, que chegou a ser o centro da vila. Posteriormente conseguiu o status de cidade imperial libre do Sacro Imperio Romano Xermánico, para logo ser sometida polos Habsburgo, mercando a súa liberdade ao Imperio Austríaco en 1418.

En 1501 ingresou na Antiga Confederación Suíza. A Reforma protestante callou na poboación en 1529. Foi destruída durante a Guerra dos Trinta Anos, ao ser escenario das hostilidades entre o exército do Imperio Sueco (católico) e as tropas bávaras (protestantes), interesadas na posición estratéxica da cidade, durante as cales foi incendiada unha ponte moi importante para a mesma.

A industrialización non chegou ata o século XIX co desenvolvemento de industrias de procesado do algodón. Malia a neutralidade suíza durante a segunda guerra mundial, Schaffhausen foi bombardeada pola aviación estadounidense o 1 de abril de 1944, falecendo un cento de civís. Os norteamericanos alegaron un erro no sistema de navegación dos aparellos.

O 1 de xaneiro de 2009 absorbeu o veciño concello de Hemmental.

Cultura

Anverso dunha moeda conmemorativa do festival de tiro celebrado en Schaffhausen en 1865

A cidade vella presenta interesantes edificios renacentistas, decorados con frescos e esculturas exteriores, conservándose tamén a vella fortaleza medieval, o Munot, un torreón circular de magníficas proporcións. O mosteiro de Todos os Santos foi restaurado e acolle un museo adicado á historia da vila e da contorna. Entre as súas construcións relixiosas cómpre salientar a igrexa de San Xoán, de estilo gótico.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  1. "Encyclopædia Britannica" (en inglés). 
  2. "Bandeiras do Mundo". Consultado o 22 de decembro do 2009.