Schaffhausen: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engádese ficheiro de imaxe.
WiGali (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 22: Liña 22:
|sitio web = [http://www.stadt-schaffhausen.ch www.stadt-schaffhausen.ch]
|sitio web = [http://www.stadt-schaffhausen.ch www.stadt-schaffhausen.ch]
}}
}}
'''Schaffhausen''' ([[Lingua alemá|<small>Alemán</small>]]: ''Schaffhausen''; <small>[[Alemánico]]</small>: ''Schafuuse''; <small>[[Lingua francesa|Francés]]</small>: ''Schaffhouse''; <small>[[Lingua italiana|Italiano]]</small>: ''Sciaffusa''; <small>[[Lingua romanche|Romanche]]</small>: ''Schaffusa'') é unha cidade e comuna do norte de [[Suíza]] e capital do [[Cantón de Schaffhausen|cantón homónimo]]. Segundo datos de 2016, posúe unha poboación estimada de 36.100 habitantes. Está localizada ás beiras do Alto [[Río Rin|Rin]] e, xunto con Neuhausen am Rheinfall, Neunkirch e Stein am Rhein, é unha das catro cidades suízas situadas ó lado norte do río Rin.
'''Schaffhausen''' é unha cidade [[suíza]] situada no [[cantón de Schaffhausen|cantón do mesmo nome]], preto da fronteira con [[Alemaña]]. A súa poboación, segundo datos de 2016, é de 36.148 habitantes.


== Xeografía==
== Xeografía==

Revisión como estaba o 21 de agosto de 2022 ás 12:36

Coordenadas: 47°42′N 8°38′L / 47.700, -8.633

Modelo:Cidade de Suíza Schaffhausen (Alemán: Schaffhausen; Alemánico: Schafuuse; Francés: Schaffhouse; Italiano: Sciaffusa; Romanche: Schaffusa) é unha cidade e comuna do norte de Suíza e capital do cantón homónimo. Segundo datos de 2016, posúe unha poboación estimada de 36.100 habitantes. Está localizada ás beiras do Alto Rin e, xunto con Neuhausen am Rheinfall, Neunkirch e Stein am Rhein, é unha das catro cidades suízas situadas ó lado norte do río Rin.

Xeografía

A xeografía da cidade de Schaffhausen está marcada pola proximidade do río Rhin e a de Alemaña. Moi preto dela están as fervenzas do Rhin, en Neuhausen am Rheinfall, que cos seus 150 m de ancho e 23 de alto son das máis grandes de Europa e constitúen un dos principais atractivos turísticos de toda Suíza.

Historia

Fervenzas do Rin.

Foi cidade-estado na Idade Media, estando documentada a existencia de moedas propias cara ao ano 1045. Cinco anos máis tarde foi fundado o mosteiro bieito de Todos os Santos, que chegou a ser o centro da vila. Posteriormente conseguiu o status de cidade imperial libre do Sacro Imperio Romano Xermánico, para logo ser sometida polos Habsburgo, mercando a súa liberdade ao Imperio Austríaco en 1418.

En 1501 ingresou na Antiga Confederación Suíza. A Reforma protestante callou na poboación en 1529. Foi destruída durante a Guerra dos Trinta Anos, ao ser escenario das hostilidades entre o exército do Imperio Sueco (católico) e as tropas bávaras (protestantes), interesadas na posición estratéxica da cidade, durante as cales foi incendiada unha ponte moi importante para a mesma.

A industrialización non chegou ata o século XIX co desenvolvemento de industrias de procesado do algodón. Malia a neutralidade suíza durante a segunda guerra mundial, Schaffhausen foi bombardeada pola aviación estadounidense o 1 de abril de 1944, falecendo un cento de civís. Os norteamericanos alegaron un erro no sistema de navegación dos aparellos.

O 1 de xaneiro de 2009 absorbeu o veciño concello de Hemmental.

Cultura

Anverso dunha moeda conmemorativa do festival de tiro celebrado en Schaffhausen en 1865

A cidade vella presenta interesantes edificios renacentistas, decorados con frescos e esculturas exteriores, conservándose tamén a vella fortaleza medieval, o Munot, un torreón circular de magníficas proporcións. O mosteiro de Todos os Santos foi restaurado e acolle un museo adicado á historia da vila e da contorna. Entre as súas construcións relixiosas cómpre salientar a igrexa de San Xoán, de estilo gótico.

Véxase tamén

Ligazóns externas