Urbanismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 1: Liña 1:
[[Image:Conxo 060325 10.jpg|thumb|right|200px|[[Feísmo]] urbanístico en [[Conxo, Santiago de Compostela]] (marzo de [[2006]])]]
[[Imaxe:Conxo 060325 10.jpg|thumb|right|200px|[[Feísmo]] urbanístico en [[Conxo, Santiago de Compostela]] (marzo de [[2006]])]]
O termo '''urbanismo''' procede da palabra [[latín|latina]] ''urbis'' ([[cidade]]), que na antigüidade se refería á capital do mundo romano, [[Roma]].
O termo '''urbanismo''' procede da palabra [[latín|latina]] ''urbis'' ([[cidade]]), que na antigüidade se refería á capital do mundo romano, [[Roma]].
O urbanismo é un fenómeno multidisciplinar relativamente novo, que contén unha ampla cantidade de conceptos e unha área de práctica e estudo moi complexa. É, polo tanto, unha ciencia que ten a misión de fornecer as bases fundamentais para solventar os problemas do territorio, tanto na súa configuración física, como na súa dinámica das actividades económicas e sociais.

Revisión como estaba o 24 de novembro de 2007 ás 19:36

Feísmo urbanístico en Conxo, Santiago de Compostela (marzo de 2006)

O termo urbanismo procede da palabra latina urbis (cidade), que na antigüidade se refería á capital do mundo romano, Roma. O urbanismo é un fenómeno multidisciplinar relativamente novo, que contén unha ampla cantidade de conceptos e unha área de práctica e estudo moi complexa. É, polo tanto, unha ciencia que ten a misión de fornecer as bases fundamentais para solventar os problemas do territorio, tanto na súa configuración física, como na súa dinámica das actividades económicas e sociais.

O Urbanismo naceu na era industrial grazas á transformación e construción da cidade naquel tempo, mais a súa madureza teórica acadouna no século XX. O urbanismo desenvolveuse na práctica, como na teoría, despois da Segunda Guerra Mundial, na cal se produciu un cambio político, económico e social en todos os países do mundo. Creáronse novas cidades e comezáronse a modificar as cidades que xa existían.

Posteriormente pasouse dunha concepción do urbanismo como ordenación da cidade á unha concepción global, como ordenación do territorio, para recoller as innegábeis interrelacións sociais, económicas e de infraestruturas entre a cidade e o territorio non urbano.

O urbanismo estúdase basicamente en catro disciplinas: