Marco Claudio Tácito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: sw:Kaisari Tacitus
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 1: Liña 1:
[[Image:Antoninianus Tacitus-s3315.jpg|275px|thumb|right|Moeda con representación do emperador]]
[[Imaxe:Antoninianus Tacitus-s3315.jpg|275px|thumb|right|Moeda con representación do emperador]]
'''Marcus Claudius Tacitus''' nace probablemente en [[Amitermo]] ([[Italia]]), no ano [[200]]. Era o decano do Senado, cando morre asasinado [[Aureliano]].
'''Marcus Claudius Tacitus''' nace probablemente en [[Amitermo]] ([[Italia]]), no ano [[200]]. Era o decano do Senado, cando morre asasinado [[Aureliano]].



Revisión como estaba o 24 de novembro de 2007 ás 19:25

Ficheiro:Antoninianus Tacitus-s3315.jpg
Moeda con representación do emperador

Marcus Claudius Tacitus nace probablemente en Amitermo (Italia), no ano 200. Era o decano do Senado, cando morre asasinado Aureliano.

Ó morrer este, ábrese un período duns seis meses de intreregno, no que non hai emperador. O Senado atopa en Tácito o candidato, xa que era ben aceptado polo pobo romano e polo exército. Nun primeiro intre rexeita a púrpura imperial, aducindo a súa avanzada idade. Pero as presións do Senado fano aceptar a finais do 275.

Home afable, íntegro e amante da literatura, unha das súas primeiras decisións, despois da deificacion de Aureliano, foi perseguir os seus asasinos e condenalos a morte. Nomea a M. Annio Floriano, seu irmán, Prefecto da Garda Pretoriana.

Moi pronto os godos e mais os escitas invadiron o Ponto, Capadocia e Cilicia, poñéndose Tácito á fronte do seu exército da Tracia, xunto co seu irmán, rexeitando os invasores e obrigándoos a voltar de novo as súas terras. Recibe por iso o título de Gothicus Maximus. Pero el xa non torna de novo a Roma, xa que morre en xuño do 276 debido a unhas febres, segundo algúns, ou a unha conxura dos xefes militares, segundo outros. Só estivera sete meses como emperador romano. Sucédeo o seu irmán Floriano, que foi aceptado polo Senado, pero non así polas lexións de Oriente, que nomean a Probo como novo emperador, quen, vencendo a Floriano, queda como sucesor de Tácito.

Imperio Romano

Segue a:
Aureliano
Marco Claudio Tácito
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Emperadores Ilirios