Sorbitol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 1: Liña 1:
[[Image:Formula sorbitol.PNG|right|Sorbitol]]
[[Imaxe:Formula sorbitol.PNG|right|Sorbitol]]


O '''sorbitol''' é un azucre de tipo [[poliol]] que o organismo [[metabolismo|metaboliza]] lentamente. Emprégase como [[edulcorante]] nos [[alimento]]s dietéticos. Cualificase como edulcorante nutritivo porque cada gramo proporciona catro [[caloría|calorías]], ó mesmo que o [[azucre|azucre de mesa]] e o [[amidón]].
O '''sorbitol''' é un azucre de tipo [[poliol]] que o organismo [[metabolismo|metaboliza]] lentamente. Emprégase como [[edulcorante]] nos [[alimento]]s dietéticos. Cualificase como edulcorante nutritivo porque cada gramo proporciona catro [[caloría|calorías]], ó mesmo que o [[azucre|azucre de mesa]] e o [[amidón]].

Revisión como estaba o 24 de novembro de 2007 ás 17:52

Sorbitol
Sorbitol

O sorbitol é un azucre de tipo poliol que o organismo metaboliza lentamente. Emprégase como edulcorante nos alimentos dietéticos. Cualificase como edulcorante nutritivo porque cada gramo proporciona catro calorías, ó mesmo que o azucre de mesa e o amidón. Ten as mesmas vantaxes e inconvenientes ca frutosa pero pode causar diarrea cando se consume en exceso. É o edulcorante máis habitual nos chicles "sen azucre". Non deben tomarse máis de 5 chicles ó día. No fígado pode transformarse en glicosa y frutosa. Se se toma unha dose alta (máis de 50 gramos de sorbitol día), pode causar diarrea. O sorbitol encontrase de xeito natural nalgúns alimentos e tamén se produce industrialmente. Tamén se forma no corpo humano e se a súa cantidade é excesiva, pode ser nocivo. A retinopatía e a neuropatía diabética poderían estar relacionadas coa presenza de demasiado sorbitol nas células dos ollos e os nervios.

A inxestión de sorbitol pode provocar dolor abdominal leve e diarrea.

Sorbitol, polialcohol de fórmula empírica C6H8(OH)6 pode obterse por redución do monosacárido máis corrente, a glicosa, con hidróxeno

Atópase en cantidades apreciables nas algas roxas e, xunto coa frutosa, a glicosa e a sacarosa, en froitos como as peras, as mazás, as cereixas e os melocotóns.

É un sólido higroscópico que se utiliza na industria como humectante para manter diversos produtos cun grao de humidade apropiado, utilizase na elaboración de alimentos, fármacos e produtos químicos. Utilízase tamén como acondicionador de papel, téxtiles, colas e cosméticos, tamén como emulsiónante na fabricación de pasteis e doces co obxecto de impedir que se separen a fase acuosa e a fase graxa nestes alimentos. Ó ter maior poder edulcorante que o azucre, obtense o mesmo sabor doce cunha cantidade inferior de sorbitol que a que sería necesaria empregando azucre común. Non obstante, non se debe consumir en exceso.