Vikings (serie de televisión): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
número_de_episodios
One2 (conversa | contribucións)
m logo de wikidata
Liña 2: Liña 2:
{{Serie_de_TV
{{Serie_de_TV
| nome = Vikings
| nome = Vikings
| imaxe = Vikings logo.png
| imaxe =
| descrición =
| descrición =
| formato = [[Drama]] histórico
| formato = [[Drama]] histórico

Revisión como estaba o 3 de xullo de 2022 ás 14:26

Vikings
FormatoDrama histórico
Creado porMichael Hirst
Dirixido porJohn Bartley
IntérpretesTravis Fimmel
Clive Standen
Gabriel Byrne
Nathan O'Toole
Katheryn Winnick
Jessalyn Gilsig
George Blagden
Gustaf Skarsgård
Donal Logue
Tema de aperturaIf I Had a Heart
(Fever Ray)
País de orixe CanadáIrlanda Irlanda
Episodios89
Produción
Duración45 min/cap. aprox.
DistribuidorWarner Bros
Emisión orixinal
Canle de orixeThe History Channel
Primeira emisión3 de marzo de 2013
Na rede
http://www.history.com/shows/vikings
IMDB: tt2306299 Allocine: 10214 Rottentomatoes: tv/vikings_2013 Metacritic: tv/vikings TV.com: shows/vikings
Facebook: Vikings Twitter: HistoryVikings Instagram: historyvikings Netlix: 70301870Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vikings é unha serie de televisión coproducida entre o Canadá e Irlanda, ambientada neste último país. Foi creada por Michael Hirst para o canal de televisión The History Channel e estreouse nos Estados Unidos e no Canadá o 3 de marzo de 2013.

Argumento

A serie está baseada nas lendas sobre o rei semilendario viquingo Ragnar Lodbrok recollidas nas Sagas Islandesas. A serie retrata a Lodbrok coma un guerreiro e navegante curioso, tecnoloxicamente innovador, ambicioso e rebelde. A historia comeza coa insubordinación de Ragnar Lodbrok ao xefe do seu clan, Conde Haraldson, para viaxar co seu propio barco ao oeste en lugar do leste como ordenara o Conde que era o dono dos barcos, amosándoo así coma o primeiro viquingo en saquear as Illas Británicas.

Personaxes

Principais

Personaxe Actor Descrición
Ragnar Lodbrok Travis Fimmel Ragnar Lodbrok é un granxeiro ambicioso, casado con Lagertha e pai dun fillo, Bjorn, e unha filla, Gyda. Enfróntase ao Conde Haraldson ante a insistencia deste en saquear os territorios do leste, tan pobres como os escandinavos, en lugar dos do oeste. Co diñeiro dos saqueos paga a construción dun barco para explorar, cun grupo de leais, os territorios do oeste apoiado en innovacións técnicas como o precursor do compás.
Conde Haraldson Gabriel Byrne O Conde Haraldson é o xefe da comunidade á que pertence Ragnar Lodbrok, á que goberna con man de ferro. É un home atormentado polo asasinato dos seus dous fillos varóns, que se conforma na súa vellez cos improdutivos saqueos do oeste. Entende a proposta de Lodbrok coma un desafío á súa posición e o éxito nas súas expedicións coma unha ameaza.
Ladgerda Katheryn Winnick É unha escudeira, unha guerreira, e muller de Ragnar Lodbrok. De forte carácter tanto protexe a casa e a familia na ausencia de Ragnar coma o acompaña nas expedicións.
Floki Gustaf Skarsgård Libremente baseado no deus nórdico Loki, é un construtor de barcos quen deseña e constrúe o barco de Ragnar Lodbrok, acompañándoo tamén na súa travesía.
Athelstan George Blagden É un xove monxe cristián que vive no mosteiro de Lindisfarne, na costa de Northumbria. Os viquingos de Lodbrok arrasan o mosteiro e asasinan a tódolos ocupantes agás a Athelstan, a quen Ragnar tomará coma servo para coñecer a lingua e costumes do reino invadido. Pouco a pouco vai converténdose ás crenzas pagás.
Rollo Clive Standen Irmán de Ragnar, e cunha relación tormentosa con este. Nun principio comezan as travesas nunha posición de igualdade pero o ascenso de Ragnar unha gran envexa no seu irmán e os primeiros problemas. Está baseado no Rollo histórico, Hrolf Ganger, que foi o primeiro Duque de Normandía.

Secundarios

Xa fora da trama

Aínda presentes

Véxase tamén

Ligazóns externas