Tenerife CB: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
| fundado = [[19 de xuño]] de [[1996]]
| fundado = [[19 de xuño]] de [[1996]]
| desaparecido = [[2013]]
| desaparecido = [[2013]]
| cidade = {{ESPb}} [[San Cristóbal de La Laguna|La Laguna]] (1996–2011)<br/>{{ESPb}} [[Santa Cruz de Tenerife|Santa Cruz]] (2011–2012)<br/>{{ESPb}} [[Tegueste]] (2012−2013)<br/>
| cidade = {{ESPb}} [[San Cristóbal de La Laguna|La Laguna]], [[España]]
| pavillón = [[Pabellón Insular Santiago Martín|Santiago Martín]]
| pavillón = [[Pabellón Insular Santiago Martín|Santiago Martín]]
| capacidade = 5&nbsp;100
| capacidade = 5&nbsp;100
Liña 13: Liña 13:
}}
}}
:''Para o actual equipo da Liga ACB, véxase [[CB Canarias]]''.
:''Para o actual equipo da Liga ACB, véxase [[CB Canarias]]''.
O '''Tenerife Club de Baloncesto''' foi un equipo de [[baloncesto]] da cidade de [[Santa Cruz de Tenerife]], nas [[Illas Canarias]] ([[España]]). Xogaba os seus partidos como local no [[Pabellón Santiago Martín]], recinto con capacidade para 5&nbsp;100 espectadores e que se encontra en La Laguna. O club despareceu no ano 2013.
O '''Tenerife Club de Baloncesto''' foi un equipo de [[baloncesto]] das cidades de [[Santa Cruz de Tenerife]] e [[San Cristóbal de La Laguna]], nas [[Illas Canarias]] ([[España]]). Xogaba os seus partidos como local no [[Pabellón Santiago Martín]], recinto con capacidade para 5&nbsp;100 espectadores. O club despareceu no ano 2013.


==Historia==
==Historia==

Revisión como estaba o 2 de xullo de 2022 ás 18:00

Tenerife Baloncesto
Información xeral
Fundación 19 de xuño de 1996
Desaparición 2013
Cores                Azul, laranxa, branco
Presidente José Miguel Martín (último)
Localización
Cidade España La Laguna, España
Pavillón Santiago Martín
Capacidade 5 100
Inauguración 1999
Campionatos
Copa Príncipe 1 (2003)
Para o actual equipo da Liga ACB, véxase CB Canarias.

O Tenerife Club de Baloncesto foi un equipo de baloncesto das cidades de Santa Cruz de Tenerife e San Cristóbal de La Laguna, nas Illas Canarias (España). Xogaba os seus partidos como local no Pabellón Santiago Martín, recinto con capacidade para 5 100 espectadores. O club despareceu no ano 2013.

Historia

O Tenerife Baloncesto fundouse en 1996 pola fusión de varios equipos de Tenerife. Na temporada 1996−97 foi un dos equipo fundadores da Liga LEB, unha nova categoría creada como segunda divisón do baloncesto español. Nesta primeira temporada disputou os seus partidos como local no pavillón Rios Tejera da cidade de San Cristóbal de la Laguna. Na súa segunda tempada o club mudouse ao Pavillón Municipal da capital tinerfeña. Nesta temporada disputou o play-off de ascenso contra, xogando as semifinais ante o Murcia Airtel. Con todo, o equipo tinerfeño perde por 3 xogos a 0. En 1999 o equipo volveu disputar un play-off de ascenso, caendo nesta ocasión fronte ao Gijón Baloncesto. Esta temporada tamén coincidiu co traslado do equipo ao Pabellón Insular Santiago Martín. Na temporada 2002−03 proclamouse campión da Copa do Príncipe, e ao final desa mesma tempada ascendeu á Liga ACB.

Na súa primeira temporada na máxima categoría, o club conseguiu acabar en décimo lugar, con dezaseis vitorias, as mesmas que conseguiu o oitavo clasificado que disputou os play-off. Porén, na seguinte temporada o equipo descende á Liga LEB após ocupar o último lugar con tan só oito vitorias. Nas seguintes cinco temporadas o club xoga na Liga LEB. Nos dous primeiros anos o club ocupa postos baixos na táboa clasficatoria, mais na na temporada 2007−08 quedouse a un partido de volver á ACB despois de perder o último partido da final a 4 disputada en Cáceres contra o Bruesa GBC. Na seguinte tempada tamén loitou polo ascenso, caendo en semifinais contra o Melilla Baloncesto. Na tempada 2009-10 o equipo finalizou a liga na metade da táboa. En xuño de 2010 o club renuncia a súa praza na Liga LEB para unificarse co Club Cantera Base 1939 Canarias, acordando que fose este o que ocupase a peaza na LEB Ouro e que o Tenerife servise como equipo filial e de canteira. A temporada 2012−13 fue la última en la historia del club debido a problemas económicos.

Patrocinios

Alén de Tenerife Baloncesto, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia por motivos de patrocinio:

  • Tenerife Canarias (1996–1999)
  • Tenerife Atún (1999–2000)
  • Unelco Tenerife (2002–2005)
  • Tenerife Rural (2005–2010)

Xogadores

Destacados

Adestradores

Os seguintes son os adestradores do Tenerife desde a temporada 2000−01.

Palmarés

Copa Príncipe

  • Campión (1): 2003
  • Subcampión (2): 2000, 2002

Historial

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1996–97 2 LEB 13º 10–20
1997–98 2 LEB 15–19
1998–99 2 LEB 18–12 Copa Príncipe SF
1999–00 2 LEB 24–16 Copa Príncipe
2000–01 2 LEB 11º 12–18
2001–02 2 LEB 25–15 Copa Príncipe
2002–03 2 LEB 30–9 Copa Príncipe 4 FIBA Champions' Cup FG 12–4
2003–04 1 ACB 10º 16–18
2004–05 1 ACB 17º 8–26
2005–06 2 LEB 13º 15–19
2006–07 2 LEB 14º 14–20
2007–08 2 LEB Ouro 22–17
2008–09 2 LEB Ouro 23–14
2009–10 2 LEB Ouro 11º 16–18
2010–11 4 EBA 23–9
2011–12 3 LEB Prata 12º 7–17
2012–13 5 1ª División 14–2

Véxase tamén

Ligazóns externas