Eleccións xerais de España de 2008: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{actualidade}}
{{actualidade}}
==Notas==
<references/>
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*
===Outros artigos===
*
===Ligazóns externas===
*

O domingo [[9 de marzo]] de [[2008]], os españois maiores de idade, serán chamados ás urnas para renovar as Cortes, por décima vez dende a [[Transición]].
O domingo [[9 de marzo]] de [[2008]], os españois maiores de idade, serán chamados ás urnas para renovar as Cortes, por décima vez dende a [[Transición]].



Revisión como estaba o 24 de novembro de 2007 ás 12:01

O domingo 9 de marzo de 2008, os españois maiores de idade, serán chamados ás urnas para renovar as Cortes, por décima vez dende a Transición.

Convocatoria a Eleccións

A data de celebración das eleccións foi avanzada, de forma oficiosa, por diversos medios de comunicación. [7](en castelán)

Precampaña electoral

Partido Socialista Obrero Español

Ficheiro:PsoeZapatero.jpg
José Luis Rodríguez Zapatero.

O PSOE afrontou as eleccións liderado por José Luis Rodríguez Zapatero, que foi proclamado como candidato á Presidencia do Goberno o 25 de novembro de 2007[1] Ningun outro membro do partido anunciou a súa intención de presentarse como candidato.

Outros líderes do PSOE

A Vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, anunciou o 20 de outubro de 2007 nun acto público no Palacio de Congresos de Valencia que se presentaría como cabeza de lista pola circunscripción de Valencia[2] Este anuncio produciuse dous días despois da dimisión do líder do PSOE valenciano Joan Ignasi Pla, tras coñecerse unha suposta implicación nun trato de favor financieiro.[3]

O Vicepresidente segundo do Goberno, Pedro Solbes, que xa sobrepasou a idade de xubliación, mostraba dúbidas sobre si continuaría como deputado no Congreso e como ministro do Goberno no caso de que o PSOE gañase as eleccións. Nunhas declaracións a Radio Nacional de España, Solbes confirmou que Zapatero lle ofrecera seguir como Ministro de Economía, e que aínda non tomara unha decisión ao respecto.[4] Finalmente, o 16 de novembro, Solbes confirmou a Zapatero que estaría disposto a continuar no Goberno, polo menos até mediados da Lexislatura.[5]

O presidente do Congreso, Manuel Marín, anunciou o 15 de novembro de 2007 que deixaría a política ao final da lexislatura para adicarse á loita contra o cambio climático nas universidades.[6] Meses antes filtrarase unha noticia pouco favorable para él: Zapatero propuxera ao ex ministro de Defensa, José Bono, que volvera á política como cabeza de lista pola circunscripción de Toledo, co fin de ocupar a presidencia da Cámara Baixa en substitución de Marín, en caso de que o PSOE ganara os comicios.[7]

Programa electoral

O coordinador do programa electoral do PSOE foi o Ministro de Traballo, Jesús Caldera. O partido iniciou a súa precampaña o 18 de outubro de 2007, e empregou a frase "Con Z de Zapatero" como lema pre-electoral. A presentación desta campaña realizouse mediante un vídeo [8] en el que José Luis Rodríguez Zapatero bromeaba desenfadado sobre a súa forma de falar (substitución da "d" ao final de palabra pola "z") e invitaba aos españois a coñecer os logros do seu Goberno durante a lexislatura.

Para a elaboración do programa electoral, o PSOE contou co asesoramento dun panel de intectuais formado por 14 persoas: o Nobel de Economía Josep Stiglitz; as Nobel da Paz Wangari Maathai e Helen Caldiccot, os expertos en economía Nicholas Stern, Jeremy Rifkin, André Sapir, Torben Iversen e María João Rodrigues; os expertos en ciencias políticas Philip Pettit, Wolfgang Merkel e Guillermo O'Donell; e inteletuais en outros ámbitos, como a sociaóloga Marie Duru-Bellat, o filósofo George Lakoff e a excritora Barbara Probst Solomon[9][10]

Partido Popular

Candidato

Mariano Rajoy.

Mariano Rajoy, que liderou o PP durante toda a lexislatura, foi designado candidato oficial ás eleccións nunha xunta directiva que o seu partido levou a cabo o 10 de setembro de 2007 [11] A proclama da súa candidatura tivo lugar o 27 de outubro en Valencia, nun acto multitudinario no que se viu arroupado por moitos membros relevantes do seu partido.[12] Ningún outro membro do PP anunciou a súa intención de presentarse como candidato.

O feito de que Rajoy aparecese nas enquisas como un líder pouco valorado polos votantes do seu partido (por debaixo de Rodrigo Rato, Jaime Mayor Oreja, Esperanza Aguirre, José María Aznar e Alberto Ruiz-Gallardón, segundo unha sondaxe [13] de Sigma Dos para o diario El mundo feito en setembro de 2007) e por todo o electorado en xeral (el barómetro[14] do CIS de outubro de 2007 dáballe unha nota de 3,75 puntos sobre 10, por debaixo de José Luis Rodríguez Zapatero, Gaspar Llamazares, Josep Antoni Duran i Lleida e Josu Jon Imaz), foi considerado polo PSOE[15] e algúns analistas políticos[16] como un síntoma de falta de liderazgo político.

Mariano Rajoy foi, nas últimas semanas de outubro de 2007, o centro dunha gran polémica tras poñer en dubida a veracidade do cambio climático ca seguinte declaración: «Yo sé poco de este asunto, pero mi primo[17] supoño que saberá. El díxome: "He traído aquí a 10 de los más importantes científicos del mundo y ninguno me ha garantizado el tiempo que hará mañana en Sevilla". ¿Cómo alguien puede decir lo que va a pasar en el mundo dentro de 300 años?».[18] Numerosos representantes políticos e organizacións ecoloxistas non tardaron en mostrar unhe forte rexeita a estas opinións,[19] que foron rectificadas polo propio Rajoy uns días máis tarde.[20]

Sondaxes de voto na precampaña

Sondaxes do CIS

Xullo de 2005 Xaneiro de 2006 Abril de 2006 Xullo de 2006 Outubro de 2006 Xaneiro de 2007 Abril de 2007 Xullo de 2007 Novembro de 2007
PSOE 41,9 % 39,6% 40,3% 40,6% 39,3% 38,8% 39,6% 40,5% 39,7%
PP 36,4% 38,0% 38,2% 36,9% 37,9% 37,6% 36,6% 37% 37,4%
IU 5,1% 4,9% 5,4% 5,0% 5,1% 6,5% 5,5% 6,1% 5,5%
CiU 3,2% 3,6% 2,9% 3,2% 3,1% 3,2% 3,0% 2,9% 3,1%
ERC 2,3% 2,4% 2,0% 2,1% 2,8% 2,0% 2,4% 1,9% 2,1%
PNV 1,8% 1,5% 1,4% 1,4% 1,7% 1,4% 1,6% 1,5% 1,5%
Outros 6,8% 7,5% 7,5% 8,0% 6,8% 7,6% 7,6% 7,7% -

Sondaxes de precampaña nos medios

PSOE PP Esquerda Unida CiU ERC PNV Unión, Progreso y Democracia en branco outros
ABC Outubro 2007[21] 41,2% 39,3% 4,5% 2,5% 2,1% 1,1% 6,1% 1,1%
La Vanguardia Outubro 2007[22] 42,3% 39,6% 5,7% 2,5% 1,6% 1,1% 6,0% 1,1%
Antena 3 TNS Demoscopia Outubro 2007[23] 40,6% 39,5% 5,2% 3,2% 2,3% 1,4% 0,9% 6,0% 1,1%
El Mundo Sigma 2 Novembro 2007 [24] 42,2% 39,1% 4,8% 3,0% 2,2% 1,3% 7,4% 1,1%
CadenaSer Instituto Opina Novembro 2007 [25] 44,5% 38,0% 4,0% 3,0% 1,9% 1,4% 7,2%
Antena 3 TNS Demoscopia Novembro 2007[26] 41,4% 39,0% 5,5% 2,7% 2,3% 1,5% 0,8% 6,0% 1,1%


As eleccións en cifras

Candidatos

Campaña electoral e enquisas

Enquisas

Lemas electorais

Resultados das eleccións

Senado

Notas

  1. Avanzar escribese con «z» de Zapatero (Diario de León) (en castelán)
  2. Fernández De la Vega será cabeza de lista do PSOE por Valencia nas próximas eleccións (en castelán)
  3. Dimite Joan Ignasi Pla como líder dos socialistas valencianos (en castelán)
  4. Solbes confirma que Zapatero ofreceulle seguir como ministro de Economía e que estao pensando (en castelán)
  5. Solbes acepta a oferta de Zapatero de seguir no Executivo (en castelán)
  6. O presidente do Congreso deixa a política e adicarase á loita contra o cambio climático (en castelán)
  7. Zapatero ofrece a Bono liderar a lista socialista por Toledo e presidir o Congreso (en castelán)
  8. Vídeo "Con Z de Zapatero" (Youtube)
  9. O PSOE atrae a tres premios Nobel ao equipo do seu programa electoral (elpais.com) (en castelán)
  10. Os 14 'gurús' do PSOE (elmundo.es) (en castelán)
  11. Rajoy, candidato do PP á Presidencia nas eleccións de marzo (Agence France Press) (en castelán)
  12. Rajoy: "Son o candidato do mellor partido de Europa" (elpais.es) (en castelán)
  13. O 83% dos votantes do PP quere a Rato nas listas de Rajoy e o 71%, a Gallardón (elmundo.es) (en castelán)
  14. O PSOE gañaría as eleccións co 39,7%, pero o PP acorta a distancia a 2,3 puntos (elmundo.es) (en castelán)
  15. Blanco sosten que o PP debatese entre tres líderes e "ninguén da un euro por Rajoy" (elpais.com) (en castelán)
  16. Editorial: Cuestión de liderazgo (elpais.com) (en castelán)
  17. José Javier Brey, un recoñecido científico e catedrático da Universidad de Sevilla. O salto á fama do primo físico de Mariano Rajoy (elpais.com) (en castelán)
  18. Rajoy desprecia o cambio climático e Gore ataca a derecha escéptica (elpais.com) (en castelán)
  19. Choiva de críticas contra Rajoy por minimizar o perigro do cambio climático (elpais.com) (en castelán)
  20. Rajoy: 'Uno habla mucho y a veces se puede equivocar' (elmundo.es) (en castelán)
  21. [1]
  22. [2]
  23. [3]
  24. [4]
  25. [5]
  26. [6]