Igrexa de San Pedro da Mezquita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
{{Templo}}
 
Liña 1: Liña 1:
{{Templo
{{Coordenadas|42|14|12|N|07|52|09|W|display=title}}


[[Ficheiro:Iglesia de San Pedro da Mezquita.jpg|miniatura|250px|dereita|Igrexa de San Pedro da Mezquita.]]
|imaxe=Iglesia de San Pedro da Mezquita.jpg
|pé=Igrexa de San Pedro da Mezquita

|localización=[[A Mezquita, A Merca|A Mezquita]] ([[A Merca]])

}}


A '''igrexa de San Pedro da Mezquita''' é un templo [[Catolicismo|católico]] parroquial. Está situada na [[A Mezquita, A Merca|Mezquita]] ([[A Merca]]), e foi declarada [[Monumento Nacional]] en [[1931]]. É de orixe [[Románico|románica]] (ten unha inscrición de [[1202]], malia que xa aparece citada no ano [[986]]), con elementos de transición ao gótico.
A '''igrexa de San Pedro da Mezquita''' é un templo [[Catolicismo|católico]] parroquial. Está situada na [[A Mezquita, A Merca|Mezquita]] ([[A Merca]]), e foi declarada [[Monumento Nacional]] en [[1931]]. É de orixe [[Románico|románica]] (ten unha inscrición de [[1202]], malia que xa aparece citada no ano [[986]]), con elementos de transición ao gótico.

Revisión actual feita o 21 de xuño de 2022 ás 09:17

Igrexa de San Pedro da Mezquita
Igrexa de San Pedro da Mezquita
PaísEspaña
LocalizaciónA Mezquita (A Merca)
Coordenadas42°14′12″N 7°52′09″O / 42.236672, -7.869143Coordenadas: 42°14′12″N 7°52′09″O / 42.236672, -7.869143
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de San Pedro da Mezquita é un templo católico parroquial. Está situada na Mezquita (A Merca), e foi declarada Monumento Nacional en 1931. É de orixe románica (ten unha inscrición de 1202, malia que xa aparece citada no ano 986), con elementos de transición ao gótico.

Características[editar | editar a fonte]

É de planta lonxitudinal e unha soa nave, con contrafortes e delimitada por unha imposta que percorre todo o edificio, baixo a que se atopa unha sucesión continua de modillóns que representan animais simbólicos (lobo, serpe), figuras antropomorfas e unha roseta. Remata nun piñón sobre o que se dispón un Agnus Dei e unha cruz antefixa co cordeiro mirando cara ao oeste, caso único en Galicia.

Na entrada no ángulo da cornixa e contrafortes hai dúas figuras: San Pedro, patrón, coa chave na man dereita, e a Virxe. Baixo os contrafortes unha loba dá de mamar os seus lobetos e un lobo devora un cordeiro. No segundo corpo da fachada ábrense dúas ventás superpostas; a inferior, entre a portada e o rosetón, é de arco de medio punto axadrezado, e a superior é un simple portelo sobre a cornixa. O rosetón está decorado con motivos florais da corrente santiaguesa. A portada sur, ademais de dúas ventás de arco de medio punto con capiteis, mostra dous leóns que apoian as súas patas dianteiras sobre un cordonciño dun canastiño, baixo o arco de descarga. A ábsida, dividida por altas columnas, con tres ventás e canzorros na cornixa, está cuberto por dous teitos de elementos desiguais que alteran as súas medidas en altura e anchura. A nave comunícase mediante un arco dobremente partido coa ábsida, na que se observan columnas truncadas baixo unha bovediña.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]