Macrino: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: sw:Kaisari Macrinus
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 1: Liña 1:
[[Image:Aureus Macrinus-RIC 0079.jpg|thumb|]]
[[Imaxe:Aureus Macrinus-RIC 0079.jpg|thumb|]]


'''Marcus Opelius Macrinus''', nado en [[Cesarea]] ([[Mauritania]]) no [[164]], foi un emperador romano que gobernou co nome de Cesar Marcus Opelius Severus Macrinus Augustus, adoptando o ''cognomen'' dos Severos ainda que non era tal.
'''Marcus Opelius Macrinus''', nado en [[Cesarea]] ([[Mauritania]]) no [[164]], foi un emperador romano que gobernou co nome de Cesar Marcus Opelius Severus Macrinus Augustus, adoptando o ''cognomen'' dos Severos ainda que non era tal.

Revisión como estaba o 24 de novembro de 2007 ás 05:21

Marcus Opelius Macrinus, nado en Cesarea (Mauritania) no 164, foi un emperador romano que gobernou co nome de Cesar Marcus Opelius Severus Macrinus Augustus, adoptando o cognomen dos Severos ainda que non era tal.

Foi o primeiro emperador que chegou a dirixir o imperio sen ser senador. Durante o seu mandato tampouco pisou Roma. A sua vida en Roma estivo ligada os xuristas e chegou a ser o asesor legal de Plautiano, precepto dos pretorianos. Á morte de este por Caracalla, foi el o elexido pra dirixir os pretorianos.

Como tal, participou nas campañas de Caracalla e no ano 217 acompañou a este ao Oriente, onde foi asasinado o emperador. Nomeado polas lexions como novo emperador, nomeou augustus ao seu fillo Diadumediano. Era consciente do poder que a rexente en ausencia de Caracalla levaba os asuntos do Imperio, a sua nai Xulia Donna, dirixiulle unha carta onde se comprometia a manter os seus privilexios.

O perigo para os Severos era que Macrino conseguira asentar o seu imperio, e como tal, Xulia Donna comeza a intrigar para que nomearan emperador o seu sobriño Heliogabalo, e de só 14 anos, cousa que consigue no 218, co visto bo do Senado e o apoio dunha boa parte das lexions.

Mentres tanto en Oriente, a loita contra os partos non ian ben. Despois da batalla de Nisibis, onde non houbo vencedor nin vencido, Macrino firma unha paz vergoñenta para as armas romanas, e ademais se comprometia a pagar unha forte cantidade a Partia. Esa cantidade foi descontada da soldada do exercito, co conseguinte malestar dos militares. Pouco a pouco o malestar vaise estendendo, e Macrino pronto se atopa só co apoio da lexion Gallia. Nestas condicions en xuño do 218 producese o encontro entre as tropas de Macrino e Heliogabalo, onde se consumou a abandono de Macrino, xa que os pretorianos o deixan en plena batalla. Logra fuxir, pero é recoñecido ao tratar de coller unha embarcación para cruzar o Bósforo e morto en xullo do 218. O seu fillo Diadumediano tentaba de se achegar deica Partia, pero foi detido en Siria, onde morreu pouco despois. O recoñecemento total de Heliogabalo como emperador volta de novo os Severos ao poder.

Imperio Romano

Segue a:
Caracalla
Macrino
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Severos