Juan Gris: Diferenzas entre revisións
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:) |
m Cambiando Image -> Imaxe |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
== Biografía == |
== Biografía == |
||
[[ |
[[Imaxe:JuanGris.Portrait of Picasso.jpg|thumb|Retrato de [[Picasso]].]] |
||
Naceu en Madrid o 23 de marzo de 1887, estudando na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Traballou para diversas publicacións como ''Blanco y Negro'' e ''Madrid Cómico''. |
Naceu en Madrid o 23 de marzo de 1887, estudando na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Traballou para diversas publicacións como ''Blanco y Negro'' e ''Madrid Cómico''. |
||
Revisión como estaba o 24 de novembro de 2007 ás 03:30
José Victoriano González-Pérez coñecido artisticamente como Juan Gris (Madrid, 23 de marzo de 1887 - Boulogne-Sur-Seine, 11 de maio de 1927) foi un pintor español que desenvolveu a súa actividade principalmente en París, é considerado como un dos mestres do cubismo.
Biografía
Naceu en Madrid o 23 de marzo de 1887, estudando na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Traballou para diversas publicacións como Blanco y Negro e Madrid Cómico.
No ano 1906 trasladouse para París (Franza), onde coñeceu a Pablo Picasso e a Georges Braque. Os primeiros anos gañou a vida debuxando para as revistas L'Assiette du Beurre (O prato de manteiga) e 'Charavari' (Chocallada).
Durante a Primeira Guerra Mundial (1914 - 1918) aínda en París, realizou a súa primeira exposición individual en 1919.
Durante a década de 1920 a súa saúde empeorou gravemente, falecendo xusto aos cuarenta anos, en Boulogne-Sur-Seine o 11 de maio de 1927.
Obra
As súas primeiras obras cubistas datan de 1912, ano no que expón no Salón dos Independentes de Barcelona a súa "Homaxe a Picasso", asinando un contrato en exclusiva co marchante Henry Kahnweiler, que morre en 1914. No ano seguinte pasou o verán con Picasso en Ceret, período no que comezou a desenvolver a tècnica do papier collé (formas recurtadas en papel e pegadas no lenzo).
Entre 1922 e 1924 realiza escenografías para dous ballets de Sergei Diaghilev, Les tentations de la Bergère (As tentacións da pastora) e La Colombe (A pomba), ao tempo que continuaba a pintar. Logo de 1925 utilizou sobretodo a guache e máis a acuarela, realizando algunhas ilustracións para libros.
As súas teorías pictóricas figuran recollidas en numerosos artigos e conferencias.
Obras destacadas
Parte das súas pinturas cubistas son naturezas mortas, entre as que se inclúen Guitarra e botella (1917, Museo de Arte de Filadelfia), O taboleiro de xadrez (1917, Museo de Arte Moderno de Nova York) e Botella e froiteiro (1919, Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid). Tamén tratou outros temas, como mostra en O fumador (1913, Museu Thyssen-Bornemisza). Un exemplo da seua técnica de papier collé é Gotas e xornal (1914, Museo de Arte do Smith College, Northampton, Massachusetts).
Galería
-
....., 1914, Tate Gallery, London.
-
Guitarra e mandolina, 1919, Galerie Beyeler, Basel
-
Natureza morta con guitarra, libro e xornal, 1919, Kunstmuseum, Basel .