Historia do Exipto otomán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 32: Liña 32:


==A ocupación francesa==
==A ocupación francesa==
[[Image:Francois-Louis-Joseph Watteau 001.jpg|right|thumb|275px|''Batalla das Pirámides'', [[Francois-Louis-Joseph Watteau]], 1798-1799]]
[[Imaxe:Francois-Louis-Joseph Watteau 001.jpg|right|thumb|275px|''Batalla das Pirámides'', [[Francois-Louis-Joseph Watteau]], 1798-1799]]
O propósito aparente da expedición francesa a Exipto era o de restaurar a autoridade da Sublime Porta e suprimir os mamelucos. Na proclamación impresa ao pouco de ocupar [[Alexandría]], Napoleón declaraba reverenciar ao profeta [[Mahoma]] e ao [[Corán]] máis do que os propios mamelucos; afirmaba tamén que todos os homes son todos iguais coa soa diferenza das súas excelencias intelectuais e morais, que non abundaban entre os mamelucos. Prometía que no futuro todos os cargos en Exipto estarían abertos a todas as clases de habitantes, que a xestión dos asuntos públicos se deixaría na man de homes de talento, virtude e educación e que, como proba de que os franceses eran sinceros musulmáns, estes un día derrocarían o papa de Roma.
O propósito aparente da expedición francesa a Exipto era o de restaurar a autoridade da Sublime Porta e suprimir os mamelucos. Na proclamación impresa ao pouco de ocupar [[Alexandría]], Napoleón declaraba reverenciar ao profeta [[Mahoma]] e ao [[Corán]] máis do que os propios mamelucos; afirmaba tamén que todos os homes son todos iguais coa soa diferenza das súas excelencias intelectuais e morais, que non abundaban entre os mamelucos. Prometía que no futuro todos os cargos en Exipto estarían abertos a todas as clases de habitantes, que a xestión dos asuntos públicos se deixaría na man de homes de talento, virtude e educación e que, como proba de que os franceses eran sinceros musulmáns, estes un día derrocarían o papa de Roma.



Revisión como estaba o 24 de novembro de 2007 ás 01:46

Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Historia do Exipto Antigo
O Exipto grecorromano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo

Exipto foi conquistado polo Imperio Otomano no 1517. Resultou sempre unha provincia difícil de controlar e estivo baixo o control dos semi-autónomos mamelucos até ser conquistada polos franceses en 1798. Unha vez expulsados, foi gobernado polo albanés Muhammad Alí de Exipto e os seus sucesores, que apartaron a Exipto ainda máis do control otomano. Esta situación durou até 1882, cando o Reino Unido invadiu Exipto e o convertiu nunha colonia.

Primeiro período turco

Após a conquista de Exipto, o sulmán otomano Selim I abandonou o país deixando ao seu virrei Khair Bey cunha garda de 5000 xenízaros, mais sen realizar alteracións na administración do país. Exipto víase como un estado vasalo, non como unha provincia, do imperio.

A historia dos comezos do Exipto otomano é a dunha competición polo poder entre os mamelucos e os representantes do sultán otomano. Os mamelucos continuaron posuindo a maior parte das terras como un feudo, o que lles permitiu retornar a ocupar posicións de grande influencia. Os emires mamelucos ficaron como cabezas das doce sanxacs nas que se dividiu Exipto, e baixo o seguinte sultán, Suleimán I, creáronse dúas cámaras, chamadas o Diván Maior e o Menor, nas que estaban representados o exército e as autoridades relixiosas, para axudar ao paxá nas súas deliberacións. Aos seis reximentos creados por Selim para a protección do Exipto Suleimán acrescentou outro, o dos circasianos.

En 1527 os otomanos realizaron o seu primeiro cadastro debido a que os rexistros anteriores pereceran baixo o lume, ainda que non se utilizou até 1605. As terras exipcias dividíronse en catro clases: os dominios do sultán, os feudos, as terras para o mantenimento do exército e as relixiosas.

Foi práctica habitual da Sublime Porta mudar de gobernador de Exipto en intervalos breves, aós un ano ou mesmo varios meses. O terceiro gobernador, Abmad Pasha, ao ter coñecemento de que se expediran ordes para a súa execución desde Constantinopla, proclamouse independente e chegou mesmo a acuñar moedas. Dous dos emires que enviara a prisión lograron escapar, atacáronno no seu baño e asasináronno.

Os continuos cambios de goberno parecen ter motivado que se perdese o control do exército xa a comezos do período de ocupación otomana e a principios do século XVII os motíns eran frecuentes: en 1604 o gobernador Ibrahim Pasha foi asasinado polos soldados e a súa cabeza foi colocada na Bab Zuwflla. Estes motíns motivábanse frecuentemente polas tentativas dos sucesivos paxás de pórlle fin á extorsión chamada tulbah, un pagamento forzado que as tropas esixían para pagar débedas fictícias.

En 1609 estalou algo parecido a unha guerra civil entre o exército e o paxá, quen tiña ao seu lado a algúns reximentos leais e aos beduínos. Os soldados chegaron mesmo a escoller un sultán e a repartírense provisoriamente as rexión do Cairo. Foron derrotados polo gobernador Mahommed Pasha, quen, o 5 de febreiro de 1610 entrou no Cairo en triunfo, executou aos líderes da revolta e desterrou a moitos outros para o Iemen. Para algúns historiadores isto foi como unha segunda conquista de Exipto polos otomanos. Con efeito, Mahommed Pasha puxo en práctica unha reforma financeira que reaxustou as cargas impositivas sobre as diferentes comunidades.

Cos problemas que aflixían a metrópole, os gobernadores designados a partir de entón foron tratados polos exipcios con cada vez menor respecto. En 1623 a Porta destituíu ao gobernador Mustafa Pasha e designou a Ali Pasha no seu sitio. Como este non aceptase entregarlles certas cantidades acostumadas aos dignatarios e encarcerase ao líder da delegación que llo pedía, a guarnición de Alexandría rescatou a este e forzou a Ali Pasha a embarcarse. Pouco despóis Constantinopla confirmaba no seu cargo a Mustafa Pasha.

Da mesma maneira, en 1631 o exército depuxo ao gobernador como mostra da súa indignación pola execución de Kits Bey, un oficial que debería ter comandado unha forza exipcia destinada a Persia. Esixíuselle ao pasha que entregase aos verdugos para vengarse neles ou que demitise. Como non quixese facer o primeiro forzóuselle ao segundo e Constantinopla aprobou os feitos. Non só o gobernador non recebía o apoio de Constantinopla senón que cada novo gobernador tomou o costume de imporlle unha multa ao seu predecesor, alegando débedas co tesouro - e non se lles permitía abandonar Exipto antes de saldálas. Ademais destas extorsións ocasionadas por esta práctica, o país sofriu fames e epidemias durante estes séculos: unha en 1619 matou a 635000 persoas e outra en 1643 desolou 230 aldeas.

Período turco final

No século XVIII o paxá cedeu en importancia aos beys mamelucos e dous cargos, o de Sheik al-Balad e o de Emir al-~ajj, ocupados por eles, representaban o goberno real da comunidade. Non se sabe moi ben como se chegou a esta situación dado que faltan boas crónicas do período turco. En 1707 o Sheik al-Balad, Ogsim Iywaz, estaba á cabeza dunha das dúas faccións mamelucas, os Casimitas e os Ficaritas, cando estas se enfrentaron e el foi morto. O seu posto pasou para o seu fillo Ismael, que o ocupou durante dezaséis anos (mentres os paxás mudaban constantemente) e conseguiu reconciliar as dúas faccións. En 1724 foi asasinado polas maquinacións do paxá e Shirkas Bey, da facción oposta, ocupou o seu lugar. Este foi deposto e tivo que fuxir ao Alto Exipto, pero voltou cun exército. Os dous morreron (o primeiro afogado e o segundo asasinado) e o seu lugar ocupouno Othman Bey. Este tivo que fuxir de Exipto polas intrigas de dous aventureiros, Ibrahim e Rilwgn Bey.

Estes dous iniciaron un masacre de beys e demáis opositores e procederon a gobernar Exipto alternando os dous postos cada ano. Un dos paxás tentou eliminalos mediante un golpe de estado, pero os seus seguidores liberáronnos e obrigaron ao paxá a fuxir. Outro paxá posterior logrou matar a varios beys, pero tivo tamén que fuxir. Ibraihim foi asasinado por un bey en 1755 e o seu posto ocupouno Ali Bey; Rilway tamén foi asasinado pouco despóis.

Ali Bey dispúxose a vengar a morte do seu mestre. Durante oito anos procurou apoios entre os mamelucos e outros, provocando as sospeitas do Sheik al-Balad, Khalil Bey, quen o atacou forzándoo a fuxir para o Alto Exipto. Ali Bey voltou e en 1750 derrocou a Khalil Bey, pero os seus actos de venganza provocaron unha reacción e tivo que fuxir, ainda que voltase máis tarde e ocupase o posto de Sheik al-Balad co beneplácito da Porta. Ali Bey aspiraba a constituir unha monarquía independente e a oportunidade presentóuselle cando desde Constantinopla se lle pediu que enviase un exército para participar na guerra contra Rusia; como temesen que realmente o estivese reclutando para si propio, enviaron ordes de asasinalo pero Ali Bey interceptounas e proclamouse independente.

Ali Bey consolidou os seus dominios reprimindo ás tribos nómadas, reformando as finanzas e mellorando a administración da xustiza. Enviou exércitos á Península Arábica e nomeou a un curmán como Alguacil da Meca, quen proclamou a Ali Sultán do Exipto e Khan dos Dous Mares. Ali Bey acuñou moedas e ordenou que o seu nome se incluíse nas oracións públicas.

O seu fillastro Abul-Dhabhab, que comandaba un exército en Siria, pasouse ao bando otomano e fixo fuxir a Ali Bey a Acre en 1772. Este tentou infrutuosamente recuperar Exipto. Coa súa morte, Exipto pasou de novo a depender da Porta. Anos máis tarde, Ibrhim e Murad ocuparon os dous postos supremos separándose de Constantinopla até 1786, cando tiveron que fuxir para o Alto Nilo, forzados pola chegada dunha forza turca. Unha praga asolou Cairo e, vendo a necesidade de gobernantes competentes, Ibrhim e Murad foron repostos nos seus cargos. Neles permanecían en 1798, cando Napoleón entrou en Exipto.

A ocupación francesa

Batalla das Pirámides, Francois-Louis-Joseph Watteau, 1798-1799

O propósito aparente da expedición francesa a Exipto era o de restaurar a autoridade da Sublime Porta e suprimir os mamelucos. Na proclamación impresa ao pouco de ocupar Alexandría, Napoleón declaraba reverenciar ao profeta Mahoma e ao Corán máis do que os propios mamelucos; afirmaba tamén que todos os homes son todos iguais coa soa diferenza das súas excelencias intelectuais e morais, que non abundaban entre os mamelucos. Prometía que no futuro todos os cargos en Exipto estarían abertos a todas as clases de habitantes, que a xestión dos asuntos públicos se deixaría na man de homes de talento, virtude e educación e que, como proba de que os franceses eran sinceros musulmáns, estes un día derrocarían o papa de Roma.

As forzas ocupantes esixiron lealtade tanto ao sultán como aos franceses. Estableceron un consello no Cairo do que facían parte xeques, mamelucos e franceses e posteriormente delegados de Alexandría e outras cidades. Este consello limitouse a confirmar os decretos do comandante francés.

A destrución da flota francesa na Batalla do Nilo e o fracaso no intento de arrestar a Murad Bey no Alto Exipto destruíron a fe na súa invencibilidade que tiñan os exipcios. Como consecuencia de certas innovacións mal recibidas, as relacións entre conquistadores e conquistados empiorou até que, con motivo da introdución dun imposto sobre bens inmóbeis, estalou unha insurección no Cairo en 1798 centrada na Universidade de Azhar. Asasinouse ao xeneral francés Dupuy, tenente-gobernador do Cairo. O alzamento foi suprimido mais os cairotas sentíronse moi ofendidos de ver que a cabalaría francesa ocupaba a mezquita de Azhar.

O consello deliberativo foi substituído polos dous diváns que crearan os turcos. Napoleón venceu outra vez ás forzas de Murd Bey e Ibraihim Bey e tornou a Francia deixando ao xeneral Kléber como gobernador de Exipto. A Porta, coa axuda de tropas inglesas comandadas por Sidney Smith, tentou recobrar Exipto e forzou unha convención en [[1800] segundo a cal os franceses debían abandonalo. Kléber foi asasinado por un fanático e substituído polo Barón de Menou, que profesara o Islám e tentara reconciliarse coa poboación musulmana exlcuíndo aos cristiáns do diván, substituindo os coptos e impoñéndolle un imposto aos franceses. En 1801 os ingleses desembarcaron e xunto cos turcos lograron expulsaron aos franceses.

Do período de ocupación francesa a obra máis duradoira foi a Descrición do Exipto, compilada polos estudosos que acompañaron á expedición.

Regreso ao control otomano

Ao pouco de teren os franceses abandonado Exipto, o país viuse envolto en máis problemas como consecuencia dos intentos por parte dos turcos de destruir o poder dos mamelucos. Desafiando as promesas feitas aos británcios, instruíuse ao paxá Husain, o almirante turco, para que se desfixese dos principais beys, o que levou aos turcos a enfrentarse con aqueles.

Mahommed Khosrev foi o primeiro gobernador turco de Exipto após a expusión dos franceses e esta vez os mamelucos non recuperaron o su poder. Foi preciso tamén combatilos e seguíu unha guerra civil entre os mamelucos, os turcos e os albaneses.