Freia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 5: Liña 5:
==Nomes==
==Nomes==
Existen dúas grafías para o nome de esta deusa: '''“Freyja”''' e '''“Freya”''', usadas indistintamente nas diferentes linguas xermánicas e escandinavas. En castelán, porén, a forma normalmente utilizada é a segunda, '''“Freya”'''. En galego, pódese utilizar a forma alternativa '''“Freia”''', que respectando a [[fonética]] orixinal da palabra, adecúase máis a unha [[grafía]] propiamente galega. O seu nome significa ''“A Señora”''.

[[Image:Freyja and cats and angels by Blommer.jpg|thumb|left|Freia]]
[[Imaxe:Freyja and cats and angels by Blommer.jpg|thumb|left|Freia]]
==Historia==
==Historia==
Freia é, como tódolos [[Vanir|Vanes]], unha deusa da fertilidade, e, como seu irmán [[Frey]], deusa do amor. Asimesmo, a máis fermosa de entre as deusas tamén é considerada deusa da sensualidade, a sexualidade e a riqueza, personificando as forzas sagradas da vida. Polas súas características, tamén se lle considera a deusa protectora da primavera e de tódalas criaturas asociadas a ela: as [[flor]]es, as [[andoriña]]s, os cucos, as fadas e elfos, a música, etc.

Revisión como estaba o 23 de novembro de 2007 ás 21:32

Nome propio. Deusa nórdica do amor e da fertilidade.

Nomes

Existen dúas grafías para o nome de esta deusa: “Freyja” e “Freya”, usadas indistintamente nas diferentes linguas xermánicas e escandinavas. En castelán, porén, a forma normalmente utilizada é a segunda, “Freya”. En galego, pódese utilizar a forma alternativa “Freia”, que respectando a fonética orixinal da palabra, adecúase máis a unha grafía propiamente galega. O seu nome significa “A Señora”.

Freia

Historia

Freia é, como tódolos Vanes, unha deusa da fertilidade, e, como seu irmán Frey, deusa do amor. Asimesmo, a máis fermosa de entre as deusas tamén é considerada deusa da sensualidade, a sexualidade e a riqueza, personificando as forzas sagradas da vida. Polas súas características, tamén se lle considera a deusa protectora da primavera e de tódalas criaturas asociadas a ela: as flores, as andoriñas, os cucos, as fadas e elfos, a música, etc.

Tamén é unha gran maga, experta na lectura das runas máxicas, os trances e o lanzamento de conxuros, sabedoría que transmitiu ó resto dos deuses, e en particular, a Odín, a quen se dí que lle ensinou a arte do Seidr. A estreita relación entre Odín e Freia queda máis patente aínda se temos en conta que esta última é tamén considerada líder das Valkyrias, e neste rol, repártese ás medias con Odín os heroes mortos en batalla, sendo polo tanto asociada tamén en certo modo á morte.

Xenealoxía

Filla do deus do vento e dos mares Njord e da xiganta Skadi, é irmá de Frey e a muller do seu amado, pero a miúdo ausente deus viaxeiro Orlorval.

Atributos

Freia, a fermosa deusa, é a miúdo representada cunha longa cabeleira loira, montada no seu carro tirado por dous gatos dos bosques (máis en concreto, gatos da raza chamada “Bosque de Noruega). O seu símbolo é o colar “Brisingamen”, forxado polos ananos con estrelas. Tamén é coñecida por chorar lágrimas de ouro que se transforman en ámbar, pedra que a simboliza e que, ademáis, é denominada tamén “lágrimas de Freia”. Entre as súas posesións destaca, aparte do seu carro, un manto máxico de plumas que a convirte en falcón.