Escola de Tradutores de Toledo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 1: Liña 1:
[[Image:KathedraleToledo.jpg|thumb|150 px|Catedral de [[Toledo]]]]
[[Imaxe:KathedraleToledo.jpg|thumb|150 px|Catedral de [[Toledo]]]]
A denominación '''«Escola de tradutores de Toledo»''' emprégase para designar na historiografía, desde o [[século XIX]], os distintos procesos de traslación e interpretación de textos clásicos [[Grego|greco]]-[[latín|latino]]s alexandrinos, que foran vertidos ao [[Lingua árabe|árabe]] ou ao [[hebreo]], á lingua latina servíndose do [[romance]] castelán ou [[lingua castelá|español]] como lingua intermedia, ou directamente ás emerxentes «linguas vulgares», principalmente ao español. A conquista en [[1085]] de [[Toledo]] e a tolerancia que os reis casteláns cristiáns ditaron con mahometanos e xudeus facilitaron este comercio cultural que permitiu o renacemento filosófico, teolóxico e científico primeiro de [[España]] e logo de toda o occidente cristián.
A denominación '''«Escola de tradutores de Toledo»''' emprégase para designar na historiografía, desde o [[século XIX]], os distintos procesos de traslación e interpretación de textos clásicos [[Grego|greco]]-[[latín|latino]]s alexandrinos, que foran vertidos ao [[Lingua árabe|árabe]] ou ao [[hebreo]], á lingua latina servíndose do [[romance]] castelán ou [[lingua castelá|español]] como lingua intermedia, ou directamente ás emerxentes «linguas vulgares», principalmente ao español. A conquista en [[1085]] de [[Toledo]] e a tolerancia que os reis casteláns cristiáns ditaron con mahometanos e xudeus facilitaron este comercio cultural que permitiu o renacemento filosófico, teolóxico e científico primeiro de [[España]] e logo de toda o occidente cristián.



Revisión como estaba o 23 de novembro de 2007 ás 20:11

Catedral de Toledo

A denominación «Escola de tradutores de Toledo» emprégase para designar na historiografía, desde o século XIX, os distintos procesos de traslación e interpretación de textos clásicos greco-latinos alexandrinos, que foran vertidos ao árabe ou ao hebreo, á lingua latina servíndose do romance castelán ou español como lingua intermedia, ou directamente ás emerxentes «linguas vulgares», principalmente ao español. A conquista en 1085 de Toledo e a tolerancia que os reis casteláns cristiáns ditaron con mahometanos e xudeus facilitaron este comercio cultural que permitiu o renacemento filosófico, teolóxico e científico primeiro de España e logo de toda o occidente cristián.

No século XII a «Escola de tradutores de Toledo» verteu principalmente textos filosóficos e teolóxicos (Domingo Gundisalvo interpretaba e escribía en latín os comentario de Aristóteles que o xudeu converso Juan Hispano lle traducía ao español, no que se entendían). Na primeira metade do século XIII esta actividade mantívose. Por exemplo, reinando Fernando III, rei de Castela e de León, compúxose o «Libro dos Doce Sabios» (1237), resumo de sabedoría política e moral clásica pasada por mans «orientais». Na segunda metade do século XIII o Sabio rei-emperador Afonso X (rei de Castela e de León, en cuxa corte se compuxo a primeira «Crónica Xeral de España») institucionalizou en certa maneira en Toledo esta «Escola de tradutores», centrada sobre todo en verter textos astronómicos e médicos.

Por iso é grave anacronismo atribuír só a «Escola de tradutores de Toledo» ao período afonsí: Como se explica a posibilidade dun San Tomás de Aquino sen o labor reallizado polos «tradutores» españois do século XII?

Tamén se incorre en confusión ao querer equiparar traducións realizadas noutros lugares ao núcleo vertebrador triunfante que representa Toledo. Sería ridículo supor que toda a traslación do legado clásico alexandrino pasara por mans «toledás», pois mecanismos similares producíronse noutros sitios, mais disolver o significado e a importancia da tarefa realizada en Toledo só pode entenderse desde unha vontade anacrónica de exaltar certas independencias culturais de moita menor influencia, e en todo caso incomparábeis ao curso triunfante que callou en Toledo, momento importante da consolidación e expansión definitiva da lingua española.

A partir de 1085, ano en que Afonso VI conquistou Toledo, a cidade constituíuse nun importante centro de intercambio cultural. O arcebispo don Raimundo Ximénez de Rada quixo aproveitar a conxuntura que facía convivir en harmonía a cristiáns, musulmáns e xudeus auspiciando diferentes proxectos de tradución cultural demandados en realidade por todas as cortes da Europa cristiá. Por outra parte, coa fundación dos studii de Palencia e de Salamanca por Afonso VIII e Afonso IX, respectivamente, propiciárase xa unha relativa autonomía dos mestres e escolares respecto ás scholae catedralicias e, en consecuencia, foi establecéndose unha mínima diferenciación profana de coñecementos de tipo preuniversitario, que xa en tempo de Fernando III vai acercándose á Corte e espera a protección e apoio decidido dun monarca para se consolidar por enteiro. Afonso X o Sabio impulsou o centro tradutor que existía en Toledo desde a época de Raimundo Ximénez de Rada, que se especializara en obras de astronomía e de leis. Por outra parte, fundará en Sevilla uns Studii ou Escolas xerais de latín e de arábigo que nacen xa cunha vinculación claramente cortesá. Igualmente, fundará en 1269 a Escola de Murcia, dirixida polo matemático Al-Ricotí. É así, pois, que non cabe falar dunha Escola de tradutores propiamente dita, e nin sequera exclusivamente en Toledo, senón de varias e en distintos lugares. A tarefa de todas estas escolas foi continua e nutrida polos proxectos de iniciativa rexia que as mantiveron activas polo menos entre 1250 e a morte do monarca en 1284, aínda que a actividade de tradución non se cinxira exclusivamente a esa paréntese.

Coñecemos algúns nomes de tradutores: o segoviano Domingo Gundisalvo, que traducía ao latín desde a versión en lingua vulgar do xudeu converso sevillano Juan Hispalense, por exemplo. Grazas ás súas traducións de obras de astronomía e astroloxía e doutros opúsculos de Avicena, Algazel, Avicebrón e outros, chegaron a Toledo desde toda Europa sabios desexosos de aprender in situ deses marabillosos libros árabes. Estes empregaban xeralmente como intérprete algún mozárabe ou xudeu que vertía en lingua vulgar ou en latín bárbaro as obras de Avicena ou Averroes. Entre os ingleses que estiveron en Toledo cítanse os nomes de Roberto de Retines, Adelardo de Bath, Alfredo e Daniel de Morlay e Miguel Scoto, a quen serviu de intérprete Andrés o xudeu; italiano foi Xerardo de Cremoa, e alemáns Hermann o Dálmata e Herman o Alemán. Grazas a este grupo de autores os coñecementos árabes e algo da sabedoría grega a través destes penetrou no corazón das universidades estranxeiras de Europa. Como froito secundario desa tarefa, a lingua castelá incorporou un numeroso léxico científico e técnico, frecuentemente arabismos, civilizouse, axilizou a súa sintaxe e fíxose apto para a expresión do pensamento, chegando á norma do chamado "castellano drecho" afonsí.

Bibliografía

  • Fernando Gómez Redondo, Historia de la prosa medieval castellana.Madrid, Cátedra, 1998, 2 vols.
  • Ángel González Palencia, Don Raimundo y los traductores de Toledo, Madrid, 1942.