Godos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
 
Liña 1: Liña 1:
{{sen referencias}}
{{Outros homónimos|para=a parroquia homónima|Godos, Caldas de Reis}}
{{Outros homónimos|para=a parroquia homónima|Godos, Caldas de Reis}}
[[Ficheiro:Fíbulas aquiliformes de Alovera (M.A.N. 1975-49-130-53589) 01b.jpg|miniatura|[[Fíbula|Fíbulas]] aquiliformes de [[Alovera]], no [[Museo Arqueolóxico Nacional de España|Museo Arqueolóxico Nacional]], en [[Madrid]].]]
[[Ficheiro:Fíbulas aquiliformes de Alovera (M.A.N. 1975-49-130-53589) 01b.jpg|miniatura|[[Fíbula|Fíbulas]] aquiliformes de [[Alovera]], no [[Museo Arqueolóxico Nacional de España|Museo Arqueolóxico Nacional]], en [[Madrid]].]]

Revisión actual feita o 29 de abril de 2022 ás 15:02

Fíbulas aquiliformes de Alovera, no Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid.

Os godos foron un pobo xermánico que, procedente da rexión costeira báltica, emigrou ós territorios limítrofes e á provincia romana de Dacia no século III.

Invasións[editar | editar a fonte]

Tralas invasións hunas, os godos dividíronse en ostrogodos, que nos séculos posteriores seguiron invadindo a parte oriental do Imperio Romano e acabaron formando un reino en Italia; e visigodos, que saquearon Roma e tras isto lograron acordaron un foedus (pacto) co Imperio Romano que lles permitiu asentarse en Francia, naquel momento chamada Galia e, posteriormente, no 507, por causa da derrota na batalla de Vouillé contra os Francos, fuxiron a Hispania, onde crearon un reino que se estendía por case toda a Península Ibérica.

As súas invasións, coma a de tantos outros pobos xermánicos, víronse causadas pola presión dos hunos e doutros pobos procedentes de Asia que nesta época invadiron Europa.

Relixión[editar | editar a fonte]

A súa relixión era nun principio pagá, pero axiña se converteron ó cristianismo, e máis concretamente ó arianismo, herexía que posteriormente foi perseguida polo Imperio Romano. Por esta razón, ós romanos, católicos na súa enorme maioría (excepto en Siria e Exipto, onde a confesión máis importante era o monofisismo), os godos non lles tiñan en moita estima.

Antes de ser cristiáns, os godos causaban pánico ós seus inimigos, pois os prisioneiros que conseguían capturar eran sacrificados a diversos deuses, especialmente ó da guerra, Tyz.

Economía[editar | editar a fonte]

O dos godos era un pobo agrícola e gandeiro. Porén, unha vez que se asentaron nos territorios que previamente invadiran e conquistaran, se converteron na clase dominante, na nobreza, deixando a maioría dos traballos ós pobos conquistados. Non se mesturaron momentaneamente con estes pobos, senón que conformaron unha sociedade endogámica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]