Paio, mártir: Diferenzas entre revisións
m Reemplazos con Replacer: «Islam» |
m Reemplazos con Replacer: «en defensa da» |
||
Liña 30: | Liña 30: | ||
== Veneración == |
== Veneración == |
||
O martirio |
O martirio na defensa da súa fe xustificou a súa pronta canonización. Deseguida pasou a recibir culto. A partir do século XI, no que os reinos cristiáns intervirían na política interior dos reinos musulmáns de [[taifa]]s, moitos santos cristiáns foron trasladados ó norte, e o mesmo ocorreu cos seus restos: primeiro á cidade de [[León, España|León]], e logo ó [[mosteiro]] beneditino de San Pelayo en [[Oviedo]], que leva o seu nome (e que non debe confundirse con [[Paio de Asturias]], primeiro rei de [[Asturias]]). |
||
O seu nome ten ampla difusión en topónimos da [[Galiza]] toda. San Paio Mártir é [[santo patrón]] do [[Seminario Menor de Tui]] e de moitas parroquias galegas. |
O seu nome ten ampla difusión en topónimos da [[Galiza]] toda. San Paio Mártir é [[santo patrón]] do [[Seminario Menor de Tui]] e de moitas parroquias galegas. |
Revisión como estaba o 23 de abril de 2022 ás 20:38
San Paio | |
---|---|
Óleo do martirio de San Paio, 1520. | |
Mártir | |
Biografía | |
Nacemento | 911 en Albeos, Crecente |
Pasamento | 925 en Córdoba |
Proceso de canonización | |
Veneración | |
Venerado/a en | Igrexa católica |
Festividade | 26 de xuño |
Patrón/a de | Seminario Menor de Tui e de moitas parroquias galegas |
San Paio Mártir, nado en Albeos (Crecente, daquela parte do condado de Turonia) no ano 911 e finado en Córdoba o 26 de xuño de 925, foi un rapaz cristián galego martirizado durante o califato de Abderramán III e canonizado posteriormente pola Igrexa católica, como exemplo de virtude da castidade xuvenil fronte á homosexualidade.
O seu día no santoral católico é o 26 de xuño.
Martirio e morte
Foi educado en Tui polo seu tío Hermixio, bispo de Tui. O seu martirio, descrito truculentamente no santoral, foi por despedazamento ou desmembramento mediante tenazas de ferro. Trala batalla de Valdejunquera (920), moitos habitantes cristiáns do Reino de León foron levados prisioneiros a Córdoba. Entre eles estaban Paio e seu tío Hermixio. Este foi liberado coa fin de que xuntara un rescate, mentres que Paio quedaba en calidade de refén.
Segundo a tradición dise que o califa Abderramán III, prendado da súa beleza, requiriulle contactos sexuais, ós que se negou, provocando a súa tortura e morte.
A súa haxiografía relata que durante os catro anos que pasou en Córdoba en calidade de refén sen que o rescate fose pagado polo seu tío bispo, o mozo destacou pola súa intelixencia e a súa fe, facendo proselitismo de Cristo, insistindo en que foi esta actividade a que provocou que fose tentado por Abderramán III para que se convertese ao islam, cousa que rexeitou con vehemencia: Si, o rei, son cristián. Funo e sereino pola graza de Deus. Tódalas túas riquezas non valen nada. Non penses que por cousas tan pasaxeiras vou renegar de Cristo, que é o meu Señor e o teu aínda que non o queiras."[1]
Veneración
O martirio na defensa da súa fe xustificou a súa pronta canonización. Deseguida pasou a recibir culto. A partir do século XI, no que os reinos cristiáns intervirían na política interior dos reinos musulmáns de taifas, moitos santos cristiáns foron trasladados ó norte, e o mesmo ocorreu cos seus restos: primeiro á cidade de León, e logo ó mosteiro beneditino de San Pelayo en Oviedo, que leva o seu nome (e que non debe confundirse con Paio de Asturias, primeiro rei de Asturias).
O seu nome ten ampla difusión en topónimos da Galiza toda. San Paio Mártir é santo patrón do Seminario Menor de Tui e de moitas parroquias galegas.
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paio, mártir |