Antemio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «nacido»
Ourol (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «rei Arturo»
Liña 20: Liña 20:
Ao respecto dos bárbaros, os vándalos eran o maior problema. Xa a finais do [[467]] se tenta facer unha invasión do reino vándalo en África, pero o mal tempo fai deixalo para mellor ocasión. Porén, no [[468]], realízase unha expedición conxunta de oriente e occidente, formada por 1100 barcos e máis de 100.000 homes, e comandadas por ''Marcelino'' polo oeste e ''Basilisco'' polo Oriente. Esta campaña militar comeza ben, xa que parte de Sicilia é reconquistada, e pola parte de África, conquístase de novo Libia e Trípoli, vaise en dirección a Cartago por terra, enviando a frota cara o seu porto, e Xenserico destrúea enviando barcos incendiados, o que fai recuar o exército e a campaña ao final é un fracaso, ademais de moi custosa. Xenserico tardará en recuperarse dos danos na súa frota.
Ao respecto dos bárbaros, os vándalos eran o maior problema. Xa a finais do [[467]] se tenta facer unha invasión do reino vándalo en África, pero o mal tempo fai deixalo para mellor ocasión. Porén, no [[468]], realízase unha expedición conxunta de oriente e occidente, formada por 1100 barcos e máis de 100.000 homes, e comandadas por ''Marcelino'' polo oeste e ''Basilisco'' polo Oriente. Esta campaña militar comeza ben, xa que parte de Sicilia é reconquistada, e pola parte de África, conquístase de novo Libia e Trípoli, vaise en dirección a Cartago por terra, enviando a frota cara o seu porto, e Xenserico destrúea enviando barcos incendiados, o que fai recuar o exército e a campaña ao final é un fracaso, ademais de moi custosa. Xenserico tardará en recuperarse dos danos na súa frota.


Na Galia, Antemio tenlle que facer fronte ao ambicioso rei visigodo [[Eurico]]. Antemio firmara un tratado de amizade co rei dos bretóns armoricanos [[Riothamus]] (que algúns identifican co [[rei Arturo]] da lenda) no [[469]]. Pero estes atacan os visigodos no seu territorio e toma a cidade de [[Bourges]]. Non obstante, os visigodos opoñen un gran exército, e os romanos non lles poden enviar axuda antes de que o exército estea moi danado, polo que se ten que retirar cara o seu territorio. Dous anos despois, un exército romano chega ao [[río Ródano|Ródano]], aínda que tamén é derrotado por [[Eurico]]. Este é o derradeiro intento romano de reconquistar as Galias, xa que o único territorio que lle quedaba na antiga provincia era os arredores de Marsella. Poucos contactos ten xa coma emperador cos antigos territorios. Dende Hispania, só mantén contactos coa provincia Tarraconense e cos suevos de Galicia, que envían unha embaixada a Roma.
Na Galia, Antemio tenlle que facer fronte ao ambicioso rei visigodo [[Eurico]]. Antemio firmara un tratado de amizade co rei dos bretóns armoricanos [[Riothamus]] (que algúns identifican co [[rei Artur]] da lenda) no [[469]]. Pero estes atacan os visigodos no seu territorio e toma a cidade de [[Bourges]]. Non obstante, os visigodos opoñen un gran exército, e os romanos non lles poden enviar axuda antes de que o exército estea moi danado, polo que se ten que retirar cara o seu territorio. Dous anos despois, un exército romano chega ao [[río Ródano|Ródano]], aínda que tamén é derrotado por [[Eurico]]. Este é o derradeiro intento romano de reconquistar as Galias, xa que o único territorio que lle quedaba na antiga provincia era os arredores de Marsella. Poucos contactos ten xa coma emperador cos antigos territorios. Dende Hispania, só mantén contactos coa provincia Tarraconense e cos suevos de Galicia, que envían unha embaixada a Roma.


== Morte ==
== Morte ==

Revisión como estaba o 21 de abril de 2022 ás 15:42

Antemio
Nacemento420
Lugar de nacementoConstantinopla
Falecemento11 de xullo de 472
Lugar de falecementoRoma
Causadecapitación
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónpolítico e militar
CónxuxeMárcia Eufémia
FillosMarciano, Antêmiolo, Alípia, Procópio Antêmio e Rômulo
Na rede
WikiTree: Procopii-1
editar datos en Wikidata ]

Procopio Antemio ou Prokopios Anthemios (c. 420 – 11 de xullo, 472) foi un emperador romano (12 de abril de 467 – 11 de xullo de 472).

Antemio, nado en Constantinopla, era neto de cónsul, senador e Prefecto dos Pretorianos no Imperio do Leste. O seu pai tamén fora Patricio e Mestre dos Soldados do Imperio, chamado Procopius. Estivo casado con Aelia Marcia Eufenia, única filla do Emperador do Imperio Oriental, Marciano.

A súa xuventude

Coma o seu pai, Antemio adicouse á vida militar. Acada o título de comes militarum e no 453 atópase reforzando as defensas das fronteiras do Rin, que estaban devastadas despois da morte de Atila. Volta a Constantinopla no 454, sendo nomeado Mestre de Soldados e Patricio, e estase a considerar para chegar a ser cónsul. Todos estes honores, axudado ademais polo seu matrimonio, levan a Marciano a consideralo coma un bo herdeiro para o trono do Imperio. A idea era que tras a morte de Avito, no imperio occidental, fose Antemio o elixido; pero no 457, coa morte de Avito, non se pode levar a cabo o plano, xa que Marciano morre e o elixido para o imperio Oriental é León I, que estaba baixo o control do bárbaro Aspar e era un candidato manexable. Mentres tanto, Antemio continúa coma mestre de soldados, defende Ilirycum dun grupo de godos baixo o mando de Valamer e no 466 loita contra os hunos, que cruzaran o Danubio ao mando de Hormidac, e evita a toma da Dalmacia.

Acceso ao poder

Durante anos, os vándalos estiveran atacando as costas de Italia. Pero no 467 aumentan estes ataques cara Grecia e o Peloponeso. Isto fai que o Emperador León I nomee a Antemio como emperador de Occidente aproveitando o longo interregno dende a morte de Libio Severo no 465. Dende aquela data, Ricimer gobernaba o Imperio Romano coma un auténtico emperador.

Antemio vai cara a Roma dende a Dalmacia xunto cun exército e é aclamado coma emperador cerca de Roma en abril do 467. León I afastaba un potencial rival e ademais poñía en Italia un exército co que atacar os vándalos. Ademais, pospuña o nomeamento de Olibrio como emperador occidental, que era o candidato de Xenserico, rei dos vándalos e que tiña dereitos por matrimonio.

A súa política

Antemio atópase con moitos problemas á súa chegada. En realidade, o Imperio de Occidente reducíase a Italia, e as relacións cos pobos bárbaros era do mais importante. A situación económica era moi mala e tiña que ollar e traballar con Ricimer, que estaba afeito a nomear e depoñer emperadores, coma xa fixera con Avito, Maioriano e Libio Severo. Para iso, Antemio fai casar a Ricimero coa súa única irmá, Alipia, para unilo con lazos familiares.

Ao respecto dos bárbaros, os vándalos eran o maior problema. Xa a finais do 467 se tenta facer unha invasión do reino vándalo en África, pero o mal tempo fai deixalo para mellor ocasión. Porén, no 468, realízase unha expedición conxunta de oriente e occidente, formada por 1100 barcos e máis de 100.000 homes, e comandadas por Marcelino polo oeste e Basilisco polo Oriente. Esta campaña militar comeza ben, xa que parte de Sicilia é reconquistada, e pola parte de África, conquístase de novo Libia e Trípoli, vaise en dirección a Cartago por terra, enviando a frota cara o seu porto, e Xenserico destrúea enviando barcos incendiados, o que fai recuar o exército e a campaña ao final é un fracaso, ademais de moi custosa. Xenserico tardará en recuperarse dos danos na súa frota.

Na Galia, Antemio tenlle que facer fronte ao ambicioso rei visigodo Eurico. Antemio firmara un tratado de amizade co rei dos bretóns armoricanos Riothamus (que algúns identifican co rei Artur da lenda) no 469. Pero estes atacan os visigodos no seu territorio e toma a cidade de Bourges. Non obstante, os visigodos opoñen un gran exército, e os romanos non lles poden enviar axuda antes de que o exército estea moi danado, polo que se ten que retirar cara o seu territorio. Dous anos despois, un exército romano chega ao Ródano, aínda que tamén é derrotado por Eurico. Este é o derradeiro intento romano de reconquistar as Galias, xa que o único territorio que lle quedaba na antiga provincia era os arredores de Marsella. Poucos contactos ten xa coma emperador cos antigos territorios. Dende Hispania, só mantén contactos coa provincia Tarraconense e cos suevos de Galicia, que envían unha embaixada a Roma.

Morte

A execución de Romano, un protexido de Ricimer, abre unha fenda nas relacións entre os dous, feito que levará a Roma a unha auténtica guerra civil. As hostilidades entre os dous rachan a principios do 472. León I trata de reconcilialos, e ponse en contacto con Xenserico, quen envía a Anicio Olibrio cara a Constantinopla, onde deixa a súa muller e filla, e marcha a Roma para a negociación. Pero León I envía unhas cartas a Antemio, na que lle recomenda que mate tanto a Ricimer coma a Anicio Olibrio, cartas que lle chegan a mans de Ricimer, xa que ten o porto de Ostia baixo o seu mando. A súa primeira reacción, é nomear a Anicio Olibrio coma emperador e tentar de rematar con Antemio. As hostilidades teñen lugar nas rúas de Roma, e pouco a pouco van caendo en mans de Ricimer, axudado por un maior exército, quedando Antemio pechado no distrito do Tíber e no seu Pazo Imperial. O emperador refúxiase na igrexa de San Pedro Apóstolo, pero o burgundio Gundobado penetra nela e dálle morte o 11 de xullo do 472.

Con el morre a derradeira tentativa de reconquistar certas provincias para o seo do Imperio, aínda que non deixa de formar parte dos emperadores da sombra.

Imperio Romano

Segue a:
Libio Severo
Antemio
Precede a:
Anicio Olibrio
Imperio Romano de Occidente