Macrino: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
Foi o primeiro [[Imperio Romano|emperador]] que chegou a dirixir o imperio sen ser senador. Durante o seu mandato tampouco pisou [[Roma]]. A súa vida en Roma estivo ligada os xuristas e chegou a ser o asesor legal de Plautiano, precepto dos pretorianos. Á morte deste por [[Caracalla]], foi el o elixido para dirixir os [[Garda Pretoriana|pretorianos]]. |
Foi o primeiro [[Imperio Romano|emperador]] que chegou a dirixir o imperio sen ser senador. Durante o seu mandato tampouco pisou [[Roma]]. A súa vida en Roma estivo ligada os xuristas e chegou a ser o asesor legal de Plautiano, precepto dos pretorianos. Á morte deste por [[Caracalla]], foi el o elixido para dirixir os [[Garda Pretoriana|pretorianos]]. |
||
Como tal, participou nas campañas de Caracalla e no ano [[217]] acompañou a este ao [[Oriente]], onde foi asasinado o emperador. Nomeado polas lexións como novo emperador, nomeou ''augustus'' ao seu fillo [[Diadumediano]]. Era consciente do poder que a rexente en ausencia de Caracalla levaba os asuntos do Imperio, a súa nai [[Xulia |
Como tal, participou nas campañas de Caracalla e no ano [[217]] acompañou a este ao [[Oriente]], onde foi asasinado o emperador. Nomeado polas lexións como novo emperador, nomeou ''augustus'' ao seu fillo [[Diadumediano]]. Era consciente do poder que a rexente en ausencia de Caracalla levaba os asuntos do Imperio, a súa nai [[Xulia Domna]], dirixiulle unha carta onde se comprometía a manter os seus privilexios. |
||
O perigo para os Severos era que Macrino conseguira asentar o seu imperio, e como tal, Xulia Donna comeza a intrigar para que nomearan emperador o seu sobriño [[Heliogábalo]]''',''' e de só 14 anos, cousa que consegue no 218, co visto e prace do [[Senado romano|Senado]] e o apoio dunha boa parte das lexións. |
O perigo para os Severos era que Macrino conseguira asentar o seu imperio, e como tal, Xulia Donna comeza a intrigar para que nomearan emperador o seu sobriño [[Heliogábalo]]''',''' e de só 14 anos, cousa que consegue no 218, co visto e prace do [[Senado romano|Senado]] e o apoio dunha boa parte das lexións. |
Revisión como estaba o 31 de marzo de 2022 ás 18:43
Nome orixinal | (la) Marcus Opellius Macrinus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 164 Cherchell (Mauritania Cesariense) |
Morte | 218 (53/54 anos) Capadocia |
Causa da morte | Homicidio e pena de morte |
Emperador romano | |
11 de abril de 217 – 8 de xuño de 218 ← Caracalla – Heliogábalo → | |
Senador romano | |
Prefeito do pretório (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Ocupación | político , avogado |
Período de tempo | High Roman Empire (en) |
Familia | |
Familia | Dinastia Severa (pt) |
Cónxuxe | Nônia Celsa (pt) |
Fillos | Diadumeniano (pt) |
Marcus Opelius Macrinus, nado en Cesarea (Mauritania) no 164 e finado en Partia no 218, foi un emperador romano que gobernou co nome de Caesar Marcus Opelius Severus Macrinus Augustus, adoptando o cognomen dos Severos aínda que non era tal.
Foi o primeiro emperador que chegou a dirixir o imperio sen ser senador. Durante o seu mandato tampouco pisou Roma. A súa vida en Roma estivo ligada os xuristas e chegou a ser o asesor legal de Plautiano, precepto dos pretorianos. Á morte deste por Caracalla, foi el o elixido para dirixir os pretorianos.
Como tal, participou nas campañas de Caracalla e no ano 217 acompañou a este ao Oriente, onde foi asasinado o emperador. Nomeado polas lexións como novo emperador, nomeou augustus ao seu fillo Diadumediano. Era consciente do poder que a rexente en ausencia de Caracalla levaba os asuntos do Imperio, a súa nai Xulia Domna, dirixiulle unha carta onde se comprometía a manter os seus privilexios.
O perigo para os Severos era que Macrino conseguira asentar o seu imperio, e como tal, Xulia Donna comeza a intrigar para que nomearan emperador o seu sobriño Heliogábalo, e de só 14 anos, cousa que consegue no 218, co visto e prace do Senado e o apoio dunha boa parte das lexións.
Mentres tanto en Oriente, a loita contra os partos non ían ben. Despois da batalla de Nisibis, onde non houbo vencedor nin vencido, Macrino firma unha paz vergoñenta para as armas romanas, e ademais se comprometía a pagar unha forte cantidade a Partia. Esa cantidade foi descontada da soldada do exército, co conseguinte malestar dos militares. Pouco a pouco o malestar vaise estendendo, e Macrino pronto se atopa só co apoio da lexión Gallia. Nestas condicións en xuño do 218 prodúcese o encontro entre as tropas de Macrino e Heliogábalo, onde se consumou a abandono de Macrino, xa que os pretorianos o deixan en plena batalla. Logra fuxir, pero é recoñecido ao tratar de coller unha embarcación para cruzar o Bósforo e morto en xullo do 218. O seu fillo Diadumediano tentou de se achegar deica Partia, pero foi detido en Siria, onde morreu pouco despois.
O recoñecemento total de Heliogábalo como emperador volta de novo os Severos ao poder.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macrino |
Outros artigos
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Caracalla |
Macrino | Precede a: Heliogábalo |
Severos |