Orbán, Vilamarín: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18: Liña 18:


=== Lendas ===
=== Lendas ===
Conta a lenda que en Orbán vivían dúas [[mouro (mitoloxía)|mouras]], fermosísimas e lixeiramente vestidas, que provocaban a luxuria dos paisanos. Dunha volta, un home mercou unha xugada de bois a un labrego na feira de [[Carballedo]] <ref>Concello de Lugo lindante con Vilamarín, en Ourense.</ref>, pero pediulle que tivera man dela mentres arranxaba uns asuntos na feira. Ó rematar o día, volve o home, toma a xugada e acordan facer xuntos o camiño de volta.
Conta a lenda que no lugar de [[Marcelle, Orbán, Vilamarín|Marcelle]], desta parroquia de Orbán, vivían dúas [[mouro (mitoloxía)|mouras]], fermosísimas e lixeiramente vestidas, que provocaban a luxuria dos paisanos. Dunha volta, un home mercou unha xugada de bois a un labrego na feira de [[Carballedo]] <ref>Concello de Lugo lindante con Vilamarín, en Ourense.</ref>, pero pediulle que tivera man dela mentres arranxaba uns asuntos na feira. Ó rematar o día, volve o home, toma a xugada e acordan facer xuntos o camiño de volta.


Ó chegar xunto ó castro do Piñeiro, o home dá co pé no chan e ábrese a terra. Entran os dous, coa xugada, e camiñan un treito, ata que lle di ó labrego que se agoche un momento. Entón achéganse as dúas mozas, armadas con cadanseu coitelo, e matan un dos bois. Pero unha das mozas di que ''lle cheira a cristianillo vivo'', ó que o pai quita importancia asegurando que ''é pan cocido''. Ó mencer, libera ó feirante sen facerlle ningún mal.
Ó chegar xunto ó castro do Piñeiro, o home dá co pé no chan e ábrese a terra. Entran os dous, coa xugada, e camiñan un treito, ata que lle di ó labrego que se agoche un momento. Entón achéganse as dúas mozas, armadas con cadanseu coitelo, e matan un dos bois. Pero unha das mozas di que ''lle cheira a cristianillo vivo'', ó que o pai quita importancia asegurando que ''é pan cocido''. Ó mencer, libera ó feirante sen facerlle ningún mal.

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2022 ás 23:23

Coordenadas: 42°29′12.4″N 7°51′42.7″O / 42.486778, -7.861861

Orbán
ConcelloVilamarín[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°29′11″N 7°51′41″O / 42.486427777778, -7.8615222222222Coordenadas: 42°29′11″N 7°51′41″O / 42.486427777778, -7.8615222222222{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Poboación149 hab. (2017)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Orbán é unha parroquia do concello de Vilamarín, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 200 habitantes (96 homes e 104 mulleres), a mesma cantidade ca en 2006.

Patrimonio

O pazo de Orbán presenta as armas dos Taboada. Gozou do privilexio de coto redondo con xurisdición civil e criminal e a cadea simbólica que denota o dereito de asilo. O pazo foi recuperado tras anos de acelerada degradación.

Lendas

Conta a lenda que no lugar de Marcelle, desta parroquia de Orbán, vivían dúas mouras, fermosísimas e lixeiramente vestidas, que provocaban a luxuria dos paisanos. Dunha volta, un home mercou unha xugada de bois a un labrego na feira de Carballedo [2], pero pediulle que tivera man dela mentres arranxaba uns asuntos na feira. Ó rematar o día, volve o home, toma a xugada e acordan facer xuntos o camiño de volta.

Ó chegar xunto ó castro do Piñeiro, o home dá co pé no chan e ábrese a terra. Entran os dous, coa xugada, e camiñan un treito, ata que lle di ó labrego que se agoche un momento. Entón achéganse as dúas mozas, armadas con cadanseu coitelo, e matan un dos bois. Pero unha das mozas di que lle cheira a cristianillo vivo, ó que o pai quita importancia asegurando que é pan cocido. Ó mencer, libera ó feirante sen facerlle ningún mal.

Noutra versión da lenda, o labrego é escondido nunha habitación con moito luxo, e cando a filla di que lle cheira a cristianillo vivo, o pai retruca que quen cheira é ela, por ter andado entre cristiáns.

Tamén se di que as dúas mozas estaban lavando un cesto no río e se achegaron dous mozos, atraídos pola súa beleza. Logo foron andando os catro, rindo e falando, ata que ó chegar ó castro, elas desapareceron sen saber como.

Lugares e parroquias

Lugares de Orbán

Lugares da parroquia de Orbán no concello ourensán de Vilamarín

Marcelle | Montós | A Outraldea | O Palacio | A Penela | O Pereiro | A Raña | Toldavia | Vilar | Xagrade


Parroquias de Vilamarín

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilamarín

Boimorto (Santa Baia) | León (Santa Baia) | Orbán (Santa María) | Reádegos (San Vicente) | O Río (San Salvador) | Sobreira (San Xoán) | Tamallancos (Santa María) | Vilamarín (Santiago) | Viña (San Román)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, Galaxia, Vigo 2011, 289-290.

Outros artigos