Moral: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: Revertida
m Desfixéronse as edicións de 2.138.30.35 (conversa); cambiado á última versión feita por Savh
Etiqueta: Reversión
Liña 9: Liña 9:
== Moral como adxectivo ==
== Moral como adxectivo ==


Unha acción é '''moral''' cando pode ser clasificada como boa ou mala, como correcta ou incorrect
Unha acción é '''moral''' cando pode ser clasificada como boa ou mala, como correcta ou incorrecta.
me pones.


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2022 ás 18:23

Para o artigo sobre a aldea, véxase Moral, Noceda, As Nogais

A moral (do latín mos, mores, "costumes") é un conxunto de normas ligadas ao comportamento das persoas en tanto que son membros dunha sociedade, relixión, cultura etc. A moral é unha forma de comportamento humano que comprende un aspecto normativo (unhas regras de acción) e un aspecto fáctico (actos que veñen de axustarse nun sentido ou noutro a devanditas regras).

A moral ten unha dobre vertente, social e individual. É social porque só se dá en comunidade, xa que depende dunhas necesidades sociais e cumpre unha función social. É individual porque as persoas interiorizan as normas recibidas e manteñen un certo grao de adhesión (e rexeitamento) ás normas establecidas e sancionadas pola comunidade.

Un acto moral é a manifestación concreta do comportamento moral dos individuos. Ten carácter consciente e voluntario e supón unha participación libre do individuo na súa realización.

Moral como adxectivo

Unha acción é moral cando pode ser clasificada como boa ou mala, como correcta ou incorrecta.

Véxase tamén

Outros artigos