Meridiano de Greenwich: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ar:خط غرينتش
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Liña 25: Liña 25:




[[Category:Xeografía]]
[[Categoría:Xeografía]]
[[Category:Astronomía]]
[[Categoría:Astronomía]]


[[af:Greenwich]]
[[af:Greenwich]]

Revisión como estaba o 23 de novembro de 2007 ás 16:41

O Primeiro Meridiano, Greenwich

O meridiano de Greenwich é o semicírculo imaxinario que une os polos e pasa por Greenwich, máis precisamente polo antigo observatorio astronómico deste suburbio de Londres.

O meridiano de Greenwich serve de meridiano de orixe: é a partir do que se miden as lonxitudes, en graos, é dicir que corresponde á lonxitude cero, polo que tamén se chama meridiano cero e primeiro meridiano.

Adoptouse como referencia nunha conferencia internacional celebrada en 1884 en Washington auspiciada polo presidente dos EE.UU., á que asistiron delegados de 25 países. En dita conferencia adoptáronse os seguintes acordos:

  1. É desexable adoptar un único meridiano de referencia que reemprace os numerosos existentes.
  2. O meridiano que atravesa o Observatorio de Greenwich será o meridiano inicial.
  3. As lonxitudes ó redor do globo ó leste e oeste tomaranse ata os 180º desde o meridiano inicial.
  4. Tódolos países adoptarán o día universal.
  5. O día universal comeza á medianoite, hora solar, en Greenwich e terá una duración de 24 horas.
  6. Os días náuticos e astronómicos comezarán tamén á medianoite.
  7. Promoveranse tódolos estudos técnicos para a regulación e difusión da aplicación do sistema métrico decimal á división do tempo e o espazo.

A segunda resolución aprobouse coa oposición de San Domingo e a abstención de Francia e Brasil.

Un fuso horario esténdese sobre 15 graos de lonxitude (porque 360 graos corresponden a 24 horas e 360/24 = 15)).

A liña oposta ó meridiano de Greenwich, é dicir o semicírculo que o completa (para formar un círculo) corresponde á liña internacional de cambio de data, que atravesa o océano Pacífico. Por razóns prácticas, concretamente para non ter varios fusos horarios nalgúns arquipélagos, adaptouse esta liña á xeografía (xa que non é recta), ó igual que outras que limitan fusos horarios, polo que non coinciden cos meridianos.

Antigamente a maioría das mariñas de Europa continental usaban o meridiano da illa canaria de El Hierro. Así a todo, existiron moitas outras referencias.