Cinto de lume do Pacífico: Diferenzas entre revisións
Desfíxose a edición 5965753 de 83.35.104.3 (conversa) Etiqueta: Desfacer |
Desfíxose a edición 5965751 de 83.35.104.3 (conversa) Etiqueta: Desfacer |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
=== Outros artigos === |
=== Outros artigos === |
||
* [[Tectónica de placas |
* [[Tectónica de placas]] |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2022 ás 22:57
Chámase cinto de lume do Pacífico, cinto de fogo do Pacífcio, ou cinto circumpacífico a unha zona do planeta caracterizada por concentrar algunhas das zonas de subdución máis importantes do mundo, o que ocasiona unha intensa actividade sísmica e volcánica.
Atópase nas beiras Océano Pacífico e inclúe países como Chile, Perú, Ecuador, Colombia, Centroamérica (Panamá, Costa Rica, Nicaragua, Honduras, O Salvador e Guatemala) México, os Estados Unidos, Canadá, logo dobra á altura das Illas Aleutianas e baixa polas costas e illas de Rusia, China, Xapón, Taiwán, Filipinas, Indonesia, Australia e Nova Zelandia.
O leito do océano Pacífico fica sobre varias placas tectónicas, as cales están en permanente fricción e acumulan tensión. Cando esa tensión céibase, orixina tremores nos países do cinto. Ademais, a zona concentra actividade volcánica constante. Nesta zona as placas da codia terrestre afúndense a gran velocidade (varios centímetros por ano) e á vez acumulan enormes tensións que deben ceibarse en forma de sismos.